Móvete

Móveste segur@?


¿Que riscos corremos cando nos movemos?, ¿podemos facer algo por mellorar a nosa seguridade?

Sexamos conductores/as ou peóns, temos interiorizados e asumidos unha serie de códigos, símbolos e conductas vinculadas á circulación e ao tráfico. Formamos parte do sistema viario, de feito as persoas somos a parte máis importante para que a estructura viaria poida funcionar dun xeito harmónico, seguro e respectuoso.

A observación  directa é a principal canle comunicativa e informativa entre as persoas e o tráfico. Dende que establecemos o primeiro contacto coa rede viaria (xeralmente cando somos cativos), vivimos rodeados dunha grande cantidade de estímulos que chegan a nós convertidos en mensaxes, por exemplo: asociar a velocidade á valentía, a marca do coche ao prestixo social, pensar que se somos peatóns temos tódolos dereitos, pensar que estamos seguros conduciendo bébedos, etc.

Ás veces actuamos por inercia, é decir, ao ver unha conducta repetitiva durante moito tempo, asumímola e incluso a chegamos a lexitimar baixo a xustificación de que “faino todo o mundo, toda a vida se fixo así, ou a omnipotencia do ser humano sobre o tráfico  (o reiterado “eu controlo” –xeralmente asociado a situacións de risco como o aclcol ou a velocidade), etc,...”.

Neste senso é preciso aunar forzas entre as distintas  estructuras que conforman o entramado social, para contribuir a un presente e futuro máis cívico, seguro e responsable, libre de accidentes de tráfico.

 

Queres saber máis?


 

Para quen?icono


Para mozos e mozas.

Algunhas intervención irán dirixidas a nais e pais, profesorado, axentes sociais  e outras persoas que desenvolvan actividades nesta área dirixida á mocidade.

Para que?icono


Dende o 'Quérote Máis' propoñemos traballar neste eido co obxectivo de reducir os factores de risco que inciden na inseguridade viaria, promovendo actitudes e comportamentos responsables.

Obxectivos específicos:
•    Concienciar aos mozos e mozas sobre a importancia da Educación Vial.
•    Contribuír a adopción dunha actitude crítica e de responsabilidade sobre a circulación e as mensaxes sociais que fomentan conductas de risco.
•    Desenvolver habilidades para a toma de decisións responsables na combinación do tempo de lecer e a circulación.
•    Fomentar a figura do conductor alternativo e auspiciar unha visión positiva do mesmo.
•    Dar a coñecer os sistemas de seguridade activos e pasivos na circulación.

Como?icono


Para a consecución dos diferentes obxectivos, o 'Quérote Máis' vai poñer en marcha unha serie de accións específicas que figurarán neste apartado. Entre elas as actividades previstas serán:

 

Consultasicono


Escoitei falar dunha campaña que se chama 'Condutor alternativo', ¿que é iso?

É unha campaña -posta en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado- que ten como obxectivo a sensibilización da mocidade baixo a máxima “un 0% de alcol ao volante e a aposta polo condutor/a alternativo/a”.
Búscase evitar asi os accidentes que, principalmente durante as fins de semana, se producen pola combinación alcol e condución e que causan un número elevado de feridos e mortos nas carreteras galegas.
Poténciase que, dentro grupo de amigos que saen de marcha unha noite, un deles/as non consuma alcohol para que sexa a persoa que despois poida levar o coche sen perigo.

 

Á miña parella gústalle ir moi rápido na moto, porque pensa que iso me gusta, pero a verdad é que me da algo de medo, non sei como dicirllo, ¿poderiades darme algún consello?

O exceso de velocidade é un dos factores de risco máis asociados aos accidentes de tráfico. Se ademais falamos de motos, temos que ter en conta que estes poden conlevar consecuencias físicas máis graves.
Manter unha velocidade moderada será sempre un factor protector fronte aos accidentes de tráfico e unha responsabilidade cara os demais.
Ás veces asociamos algunhas condutas arriscadas a factores de atracción, prestixio, diversión,... e non temos en conta que ao mellor non resultan tan atractivas como pensamos ou que incluso poden ter consecuencias moi graves.
Polo tanto, poderías facerlle saber a túa parella que a ti a velocidade non che gusta nin che parece algo atractivo, explicarlle que o único obxectivo para poder salvar vidas é a responsabilidade que temos todos/as na vía, vaiamos en moto, coche, ou ben coma peóns.

 

Ligazónsicono


 

Documentaciónicono


Publicacións propias
Estudos e informes
Lexislación