Cantas veces escoitaches “tes que gustarte”? Resulta sempre doado?
A clave para gustarnos está na autoestima, sóache? A autoestima é o aprecio que sentimos cara nós mesmas e nós mesmos, como nos valoramos, como nos queremos. Aquí entra en xogo o valor que lle damos á nosa personalidade, ao noso físico, á nosa estética, á maneira que temos de expresarnos, de relacionarnos, o que nos gusta e o que non e os nosos valores.
A idea que imos formando sobre nós mesmas e nós mesmos está influenciada polo que nos din persoas relevantes, (amizades, familia, parella) pola contorna social, (a TV, Internet, as redes sociais), polas modas... e todo aquilo co que nos relacionamos ao longo da nosa vida. Imitar e compararnos é case inevitable, verdade?
É moita a presión que recibimos sobre como TEMOS QUE SER, como “ten ou debe” ser o noso corpo, a nosa estética, a nosa personalidade, como debemos comportarnos e como debemos actuar. Un mundo de xente igual..., non sería moi aburrido?
Todas as persoas somos únicas, diversas, e sobre todo irrepetibles. Aí, na diversidade, é onde está a diversión, non crees?
É fácil darse conta de que eses “modos de ser” deixan fora a maioría dos corpos, das persoas, e non sempre son saudables nin posibles. Non te deixes enganar! Unha boa clave pode ser manter unha actitude crítica con toda esa presión que nos rodea e facernos conscientes de que modelos e referencias escollemos para compararnos e identificarnos.
Lembra que a autoestima é cambiante, non se mantén estable ao longo do tempo, e hai un montón de cousas que podemos facer para aceptarnos e valorarnos máis e mellor. Sabes como?
Valórate, o noso corpo e mente axúdannos a gozar do mundo.
Acéptate, es unha persoa única e irrepetible, chea de potencialidades!
Gústate, e gustarás máis!
Síntete ben, relacionaraste mellor!
Se necesitas máis claves para fomentar unha autoestima mais saudable, podemos asesorarte! Dende Quérote+ podemos acompañarte neste proceso, sabemos que ás veces non é doado e necesitamos pedir apoio.
Queres saber máis?
Para quen?
Para mozos e mozas.
Algunhas intervencións irán dirixidas a nais e pais, profesorado, axentes sociais e outras persoas que desenvolvan actividades nesta área dirixida á mocidade.
Para que?
Dende o 'Quérote Máis' propoñemos traballar neste eido co obxectivo de que a mocidade sinta o seu corpo e a súa imaxe de forma satisfactoria e positiva, respetando todas as peculiaridades e capacidades que conforman a diversidade humana.
Obxectivos específicos:
• Tomar conciencia da propia imaxe e favorecer a súa aceptación.
• Poñer en valor a diversidade corporal.
• Valorar positivamente o propio corpo e recoñecer todas as posibilidades que ofrece.
• Promover o fomento da autoestima máis aló do físico e a imaxe.
• Desenvolver o sentido crítico ante os valores estéticos imperantes.
• Colaborar no aumento da propia aceptación e a aceptación das demais persoas.
• Poñer en valor o criterio persoal para o aumento da autoestima.
• Tomar conciencia dos hábitos non saudables empregados ante diferentes situacións (calmar a ansiedade, compensar a frustración, refuxio, desafogo).
• Reforzar as habilidades para aprender a distinguir o que gusta e o que non en relación coas demais persoas.
Como?
Para acadar os obxectivos marcados, 'Quérote Máis' vai poñer en marcha unha serie de accións específicas que figurarán neste apartado. Entre elas as actividades previstas serán:
- Elaboración de materiais divulgativos.
- Impartición de obradoiros para mozos e mozas.
- Elaboración de estudos e informes.
Consultas
Como sentirme ben co que vexo no espello?
Cada persoa ten as súas propias habilidades, calidades e gustos.
Todos temos motivos para considerarnos atractivos, e non teñen que gardar relación cos kilos, cos pelos, coa roupa, cos músculos ou co bronceado. Podemos coidarnos e gustarnos de moitas formas, facendo deporte, comendo de forma saudable, divertíndonos, defendendo os nosos gustos, protexendo os nosos intereses, etc. Existen infinidade de cousas que nos poden facer sentir ben.
Ter unha imaxe corporal positiva significa sentirnos satisfeitos co noso aspecto, apreciar as capacidades do noso corpo e recoñecer o que non nos gusta para melloralo.
Estame saíndo moito pelo, terei que depilarme?
Depilarse é unha cuestión estética e cada persoa ten os seus propios gustos, que poden cambiar coas modas e varias dunhas sociedades a outras. Por iso, non todas as persoas deciden depilarse e non a todos lles gusta ou importa que outra persoa estea depilada.
Semella obligatorio pasar por unha especie de “rituais” sen cuestionalos (depilarse, afeitarse, broncearse, tatuarse, maquillarse, etc), accións que se relacionan co feito de “estar guapos e guapas". O importante é que sexa unha elección persoal e non algo imposto nin pola sociedade nin por ninguén.
Ligazóns
ABAC: Asociación de Bulimia y Anorexia de A Coruña
ABAGAL: Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia
ABAP: Asociación de bulimia y anorexia de Pontevedra
ACAB: Asociación contra a anorexia e a bulimia
ACAB: Asociación de trastornos de la conducta alimentaria de La Rioja
Campañas
Campaña "Gústasme porque es tí":
- A beleza é un estado de ánimo
- Amarse a sí mesmo é o comezo dunha aventura que dura toda a vida
- Non sabía que poñerme é púxenme feliz
- Se tí mesmo, os demáis xa están escollidos
Documentación
- Anorexia e bulimia. Cando comer se converte nun problema acode ao teu centro de saúde (cartaz)