Conéctate

 

Enrédaste na rede?

 

Sabes que é a identidade dixital?
É posible moverse pola rede con seguridade?
Poden subir fotos miñas sen o meu consentimento?

A día de hoxe usamos a tecnoloxía para case todas as actividades do día a día: para facer un traballo, escoitar música, ver unha serie, quedar coas amizades, xogar...
Ofrécennos moitas posibilidades e moitas vantaxes: permítennos comunicarnos, relacionarnos, acceder a información, mocear, , ... e todo reducindo tempos e distancias. Podemos sacar proveito destas tecnoloxías, sempre coidando de facelo de forma que favorezan unha convivencia respectuosa.
Por outro lado, ás veces non temos a percepción de que certas situacións que se dan coa tecnoloxía teñen riscos. É preciso reflexionar sobre os usos que facemos destes recursos, nas implicacións que pode ter compartir certas imaxes ou vídeos, nas consecuencias que pode ter tomar como certa toda a información que atopamos en internet,...


Nos Quérote+ fomentamos o emprego saudable das redes sociais:
 -Gústanos "crear, compartir e conectar".
 -Gústanos aproveitar ao máximo as posibilidades que ofrece internet.
 -Gústanos explorar as posibilidades que os dispositivos e tecnoloxías ofrecen para o día a día.


Conectas connosco?​​

 

Queres saber máis?

 

Para quen?icono


Para mozos e mozas.

Algunhas intervencións irán dirixidas a nais e pais, profesorado, axentes sociais  e outras persoas que desenvolvan actividades nesta área dirixida á mocidade.

Para que?icono


Dende o 'Quérote Máis' propoñemos traballar neste eido co obxectivo de fomentar hábitos de uso responsable nas novas tecnoloxías (TIC’s)

Obxectivos específicos:

•    Contribuír ao coñecemento de todas as posibilidades que ofrece Internet.
•    Fomentar a reflexión sobre o papel que teñen as TIC´s no día a día da mocidade.
•    Sensibilizar na xestión axeitada da privacidade dos datos que se expoñen publicamente.
•    Dotar de información necesaria aos usuarios e usuarias para evitar situacións de abuso derivadas do uso das TIC´s.
•    Achegar ferramentas a pais e nais e profesorado que sirvan de apoio na educación do uso responsable das TIC´s
•    Dar a coñecer á poboación entidades que ofrecen recursos relacionados co uso responsable das TIC´s.

Como?


Para acadar os obxectivos marcados, 'Quérote Máis' vai poñer en marcha unha serie de accións específicas que figurarán neste apartado. Entre elas as actividades previstas serán:

 

Consultasicono


Coñecín a unha persoa por Internet, paréceme moi simpática, propúxome que nos coñeceramos, que podo facer?

Internet permítenos coñecer a persoas que poden estar na outra punta do planeta ou aquí ao lado, que poden ter intereses en común con nós ou que nos chamen a atención.
Pero recorda que en internet, cada persoa amosa aos demais o que lle parece. Calquera  pode inventarse algo ou non, facerse pasar por algo que non é ou amosarse tal e como é. Así que antes de dar o paso de quedar con alguén, pensa se ti queres coñecer a esa persoa, que expectativas tes e cales cres que poden ser as da outra persoa.
Algunhas das recomendacións que se dan cando quedamos con alguén descoñecido son: quedar nun sitio no que haxa máis xente, ir acompañad@, non dar datos que logo poidan comprometernos e ter en conta que podemos irnos no momento que consideremos. Por exemplo pensa que se lle dás o teléfono e logo non queres volver a saber nada desa persoa, terá o teu número e poderá empregalo como queira.
Para coñecerse, as persoas precisan tempo. Ás veces queremos adicar máis tempo a coñecer a alguén e outras veces chega un punto no que decidimos que esa persoa xa non nos interesa. Somos nós quenes decidimos.

 

Lin en Internet que o teléfono móbil pode provocar esterilidade, é iso certo?

Internet permítenos ter acceso a moitos datos, pero non todos os podemos tomar como certos xa que calquera persoa pode crear información.

Coñecer a fonte da información pode ser complicado, e polo tanto, saber si esa información é real tamén. Sendo así, podemos contrastar os datos e buscar fontes que teñan unha maior fiabilidade. Por exemplo: a información que atopamos nun servicio profesional pode ser máis fiable que a opinión dun internauta.

 

Ligazónsicono


 

Documentaciónicono


Referentes estratéxicos

Normativa

Estudos

Boas prácticas

Recursos

Os Perigos de Internet

Campaña Crea, Conecta e Comparte

   Crea

   Conecta

   Comparte

Máis campañas:

   "No es un juego" FAD

   "No seas Bicho"

   "Phonbies"