Se queres ampliar a túa formación, habilidades comunicativas e mobilidade, os proxectos Erasmus+ Xuventude e Corpo Europeo de Solidariedade (CES) son boas opcións. Son varias as entidades galegas que cada ano promoven iniciativas, e conseguen financiamento europeo, no marco destes dous programas. Estas entidades poden ser as beneficiarias principais dos proxectos, e por tanto desenvolver estes en Galicia e no resto de España, ou ben formar parte doutros que se levan a cabo noutros países como entidades socias.
De cara a achegar toda esta información de relevancia á mocidade galega, neste espazo web daremos conta dos últimos proxectos aprobados a entidades galegas (ben como beneficiarias principais ou socias) nas diferentes convocatorias de Erasmus+ Xuventude e CES, así como doutros programas europeos que poidan resultar de interese. Trátase dunha táboa en constante cambio, que se irá mudando na medida que se dispoñan de novos datos.
Táboa de información sobre proxectos Erasmus+ Xuventude e CES con solicitude de participación activa
Tipo de programa | Entidade (concello) | Título e breve descrición do proxecto | Nacional (in-country) ou internacional | Poden participar mozos/as galegos? | Lugar de realización da actividade | Datas de inicio e fin da actividade | Número de prazas ofertadas | Enlace do formulario de participación |
Erasmus+ (Youth Exchange) | Valdeorras Vive (O Barco de Valdeorras) |
Mindful Steps: an expedition through the Winter Way. Intercambio xuvenil no Bierzo e Valdeorras, onde se xuntan participantes de catro países para camiñar e descubrir xuntos o Camiño de Inverno, a ruta do Camiño de Santiago que atravesa a comarca, unha ruta na que se vai abordar a temática da saúde mental, os beneficios da peregrinación e a relación dos mozos coa natureza. | Nacional, organizado por Valdeorras Vive xunto a catro asociacións europeas. | Si. | Itinerante: O Bierzo e Valdeorras | 15 ao 23 de xuño de 2024 | 4 | https://forms.gle/fM17W1ot6YMQrbwJ8 |
Erasmus+ (Training Course) | Valdeorras Vive (O Barco de Valdeorras) |
Terra Viva: inspiring entrepeneurship among rural youth. Curso de formación Erasmus+ que ten lugar en Peñalba de Santiago (O Bierzo), onde se reunen traballadores xuvenís e educadores de catro países para traballar na creación de proxectos de éxito en espazos rurais, con ferramentas educativas e exemplos prácticos para promover o emprendemento entre a mocidade. | Nacional, organizado por Valdeorras Vive xunto a diferentes asociacións europeas. | Si. | Peñalba de Santiago. (O Bierzo. León) |
5 ao 12 de maio de 2024 | 2 | https://forms.gle/JSoevV2ZhymowGz68 |
Erasmus+ (Training Course) | Valdeorras Vive (O Barco de Valdeorras) |
"Mind Matters": curso de formación en Enying (Hungría) sobre saúde mental, explorando temas como os trastornos máis habituais, o estigma e como apoiar aos mozos en situacións de risco. Un proxecto en colaboración con Európa Ifjúsága Egyesület. | Internacional, organizado por Európa Ifjúsága Egyesület xunto a Valdeorras Vive coma asociación socia. | Si. | Hungría | 16 ao 24 de marzo de 2024 | 2 | https://forms.gle/Kd5aLcMuJeXfj83fA |
Erasmus+ (Youth Exchange) | Asociación Arousa Moza (Vilagarcía de Arousa) |
A actividade pretende fortalecer os lazos entre os mozos participantes e involucralos activamente cun proxecto de maior escala "European Youth Village program". A asociación que desenvolve o proxecto é ADA. |
Internacional. | Si. | Brasov, (Rumanía) | 29 de febreiro ao 8 de marzo de 2024 | https://forms.gle/6BKxUYPX74W3iy6Z9 | |
CES | Lug Open Factory Lugo |
Proxecto de voluntariado de 14 días de duración que busca traballar con mozos e mozas do rural | Intenacional, LOF recibirá mozos e mozas do resto de Europa | Si. | Lugo | Xuño de 2024 | 3 | Escribe a: Benvida@lugopenfactory.com |
CES | Fundación Condado de Taboada | Proxecto de equipos de voluntariado de 1 mes de duración co fin de preprarar e implementar o "Festival da Solidariedade de Cambados" | Catro organizaciòns internacionais e o Concello de Cambados participan como entidade de apoio para o envío de mozos/as ao proxecto. | Si. | Cambados, (Pontevedra) | 1 ao 30 de outubro de 2024 | 9 | Escribe a: social@fundaciontaboada.org |
INTERREG ATLANTIC AREA | VIDA LACTEA Lugo |
Proxecto de incubación transnacional de ideas e proxectos para a mocidade atlántica no ámbito da Economía Azul | Transnacional | Sí | Lugo, Santiago, Nantes, Saint-Nazaire, Dublin, Donegal, Santo Tirso, Arcos de Valdevez, Açores e Madeira | 1 de marzo de 2024 | 15 por ano ata 2026 | Escribe al: info@vidalactea.com |
Este seminario "Explorando diferentes modelos de participación democrática: fomentando a participación xuvenil a través da Tarxeta Europea da Xuventud" organízase para apoiar o recoñecemento de diversas formas de participación nas comunidades e as sociedades democráticas e para explorar as diferentes formas nas que a Tarxeta Europea da Xuventude pode ser unha ferramenta para o compromiso da xuventude. O seminario ten como obxectivos:
a) Ofrecer o espazo para o debate e o recoñecemento da variedade de formas nas que a mocidade fan escoitar a súa voz, incluso a través de medios dixitaies;
b) Explorar as formas nas que esta tarxeta europea pode ser unha ferramenta para chegar aos mozos e mozas desconectados e alentalos a participar activamente a todos os niveis.
O seminario reunirá a axentes de políticas no campo da xuventude, traballadores xuvenís, activistas xuvenís e mocidade organizada ou non organizada, así como de diversas estructuras de representación.
A convocatoria está aberta ata o día 18 de agosto de 2019.
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca axudas ás entidades locais de Galicia, para apromoción da información xuvenil e para a realización de actividades dirixidas á xuventude, no ámbito da educación non formal e da participación para o ano 2016.
Entidades locais beneficiarias:
1. Poderán solicitar estas axudas os concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades de Galicia.
2. Así mesmo, aqueles concellos que pertenzan a unha mesma zona sen constituír mancomunidade para estes efectos e acorden desenvolver programas conxuntos de actuación.
3. Ningún concello ou entidade local dos sinalados nos puntos anteriores poderá:
a) Presentar a solicitude de subvención se o fixo unha entidade local na cal estean integrados ou da cal dependan.
b) Figurar en máis dunha solicitude colectiva.
c) Figurar nunha solicitude colectiva e subscribir outra individual.
Finalidade da subvención:
1. Potenciar a información xuvenil a través dos servizos municipais de información xuvenil integrados na Rede galega de información xuvenil.
2. Fomentar as actividades de educación non formal dirixidas á mocidade e a participación xuvenil no ámbito local.
Período subvencionable e contía das axudas:
O período subvencionable abranguerá desde o 1 de xaneiro ata o 15 de outubro de 2016.
A contía máxima que se concederá será de 3.000 €, que poderá chegar ata 8.000 € para o suposto de agrupación de 2 entidades locais e de 15.000 €, se son 3 ou máis as entidades locais agrupadas.
Serán obxecto de axuda:
a) Os custos derivados do funcionamento normal dun servizo de información xuvenil, así como as actividades de dinamización da información que se leven a cabo desde este.
b) As actividades formativas e educativas, as relacionadas co espírito creativo e emprendedor da mocidade, os programas de información e asesoramento e, en xeral, os que faciliten a participación xuvenil en actividades de educación non formal e os relacionados co asociacionismo e liderado xuvenil, todos eles destinados á mocidade de idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de xuño de 2016.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es/co procedementoTR305E
Máis información no DOG do 3 de maio de 2016.