Outros cursos (139)

O CPIE (Centre Permanent d'Initiatives pour l'Environnement) nunha organización que reúne a voluntarios/as e empregados/as comprometidos coa ecocidadanía, a biodiversidade, organizando cursos para pensar no cambio climático e tratando de cambiar de acordo ás consecuencias do quecemento global. Traballan con nenos en escolas, actividades extraescolares, familias, autoridades locais, empresas, comunidades locais, etc. O voluntariado formará parte do equipo e traballará en:

- organizar eventos principais para falar sobre o cambio climático (mercados, talleres sobre transición, etc.)
- crear ferramentas de uso para diferentes públicos de diferentes maneiras (escola ao aire libre, como adaptarse ao cambio climático, biodiversidade, campamento de voluntarios/as, etc.)
- axudar a organizar un campamento de mozos e mozas en xullo de 2023 co equipo do CPIE

O CPIE a nivel europeo e internacional, está interesado ​​en aprender sobre outros países e as solucións que desenvolven o tema do cambio climático e é unha boa maneira para que o voluntariado achegue unha mirada europea sobre este tema.

ALOXAMENTO, MANUTENCIÓN E TRANSPORTE
Compañeiro de piso no centro da cidade de Le Blanc, Francia, con outros dous voluntarios. Proporcionarase Internet no apartamento. Recibirán 360€ para lecer e comida.

DATAS DA ACTIVIDADE
Un total de 34 semanas desde o 03/01/2023 ata o 31/08/2023

DATA LÍMITE PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 30/11/2022

Máis información e inscripcións: https://youth.europa.eu/solidarity/placement/32486_es

 

A Rede Española de Desenvolvemento Rural, REDR, impulsa o emprendemento xuvenil e a Axenda 2030 no medio rural co lanzamento dun novo programa formativo gratuito en liña certificado por Nacións Unidas.

O programa está enfocado principalmente a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, pero calquera persoa pode participar, tanto se tes unha idea previa de negocio coma se unicamente te sentes atraído/a por a idea de emprendemento e queres valorar a posibilidade de dar o paso.

Contarás coa posibilidade de recibir un asesoramento personalizado por parte dos Grupos de Acción Local. Descobre aquí os máis de 30 GAL que poderán asesorarche para materializar a túa idea: https://bit.ly/3BUaLx7

Consta de 4 semanas de duración, é gratuíto e conta coa certificación de Nacións Unidas.

 Xa están abertas as inscricións, podes rexistrarte aquí!

 

Máis información | tel.: 911 289 748 | enderezo electrónico: redr@redr.es

Rede Española de Desenvolvemento Rural R/ Duque de Medinaceli, 12 1º esquerda 28014- Madrid

Cruz Vermella, dentro do seu Plan de Emprego, ofrece este curso gratuito, presencial, de axudante de cociña e preparador de comida rápida con prácticas en locais de comida rápida.

INSCRICIÓNS
Prazo aberto ata o 07 de outubro de 2022

REQUISITOS
Persoas desempregadas, maiores de 18 anos.

 

Páxina web | tel.: 981 221 000 | e-correo: empleocoruna@cruzroja.es

A Federación Galega de Comercio (FGC), en colaboración coa Xunta de Galicia, pon en marcha tres cursos de sensibilización en Prevención de Riscos Laborais dirixidos a persoas traballadoras e autónomas do sector comercio de Galicia, e persoas desempregadas de Galicia.

O obxectivo deste proxecto é levar a cabo accións de formación, sensibilización, asesoramento e fomento da prevención de riscos laborais en Galicia.

Formación 100% gratuíta:

  • Prevención de riscos psicosociais no sector comercio.
  • Hábitos saudables no comercio de proximidade.
  • Estrés laboral no sector comercio: riscos, danos na saúde e medidas preventivas.

A solicitude de praza pódese realizar desde a seguinte web: https://www.cursosfemxa.es/fgc-prl

 

Contacto: 619 926 324 | 900 100 957 | www.cursosfexma.es

A Escola de Tempo Libre Aldebarán organiza un curso de Iniciación á Lingua de Signos Española na Coruña.

Datas: Do 10 de outubro ata o 19 de decembro de 2022

Horario: Luns de 09:00 a 12:00 horas.

Lugar: R/ Ramón María Aller Nº10- A Coruña

Prezo: 45€ mensuais

 

Contacto: 981270168 - 604078172 | escuelaldebaran@yahoo.es

A Cámara de Comercio da Coruña convoca a XII Feira de Emprego, que se enmarca no Programa Integral de Cualificación e Emprego (PICE), co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas.

As persoas que asistan a esta Feira descubrirán as demandas actuais do mercado laboral a través de seminarios centrados nas novas tendencias profesionais, recibir asesoramento e orientación laboral e manter unha breve entrevista coas empresas convidadas nesta edición (programa completo).

Cando

A XII Feira de Emprego celébrase o día 04 de outubro de 2022 a partir das 09:30 horas.

Requisitos

Mozos e mozas menores de 30 anos inscritos en Garantía Xuvenil.

Inscrición previa en www.camaracoruna.com

Lugar

Recinto Feiral de PALEXCO (Peirao de Transatlánticos, 15003 - A Coruña).

 

Páxina web | Tel.: 981 216 072 | correo-e: ccin@camaracoruna.com

 

Muller dixital convoca entoda Galicia cursos presenciais de formación en competencias dixitais dirixidos a mulleres.

Competencias dixitais básicas
Competencias dixitais avanzadas
Iniciación en competencias dixitais para o emprendemento

Con esta formación poderás adquirir as competencias dixitais básicas que te permitan aproveitar as posibilidades que ten o acceso á información, o procesamento e uso para a comunicación, a creación de contidos, a seguridade e a resolución de problemas básicos.

https://mullerdixital.gal/ 

A Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, o Concello de Santiago e a Fundación INCYDE organizan un programa de AUTOEMPREGO E CREACIÓN DE EMPRESAS.

Trátase dun programa en liña por Zoom e totalmente gratuíto.

Este curso comeza o día 3 de outubro e impártese os días luns, mércores e xoves de 16:00 a 19:00 horas. Só 10 horas á semana. cunha hora de titoría individual á semana segundo a dispoñibilidade dos/as alumnos/as.

Requisitos

  • Ser menor de 30 anos, non estar traballando nin ser BENEFICIARIO/A de.
  • Estar inscrito/a en garantía xuvenil.

O prazo de inscrición xa está aberto, pódeste inscribir neste formulario de inscrición.

 Tamén se iniciarán novos cursos do 19 de setembro e do 26 de setembro, cunha temática baseada no desenvolvemento de aplicacións para android/IOS con UNITY social media (formulario de inscrición) e marketing dixital (formulario de inscrición).

 

Máis informacion

Tel.: 663064806

Páxina web

O Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago e o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, dependente do Consello da Cultura, comezaron setembro e a nova tempada escolar con máis contidos en Proxector, iniciativa web habilitada coa finalidade de achegarnos á divulgación e ao coñecemento investigador, ao tempo que se dinamiza o uso do galego nestes ámbitos. Os novos contidos incorporados teñen que ver co tema docente.

Trátase do especial A educación: cambiar o presente para mellorar o futuro. Inclúe 12 pezas audiovisuais seleccionadas de entre o fondo de Proxector para difundir análises, demandas, experiencias e propostas de cara a apoderar a educación como motor que transforme o tempo que nos agarda.

En formato presentación, tamén podemos ver estes contidos nos espazos do Servizo de Normalización Lingüística da USC.

http://consellodacultura.gal/especiais/proxector/especial.php?t=10396

Buscas traballo? Queres montar o teu propio negocio?

A Rede Española de Entidades polo emprego Rede Araña convoca o programa "YoEmprendo Galicia" dirixido a mozos e mozas que queiran iniciar o seu propio "Itinerario de Emprendemento". É un programa de emprego e autoemprego para mocidade menores de 30 anos das provincias de Ourense e Pontevedra.

O obxectivo é axudarlles a conseguir a súa inserción laboral a través da mellora das súas competencias persoais e profesionais. Para conseguir este obxectivo, ofrecen asistencia personalizada e formación individualizada para cada unha da persoas participantes.

O Programa YoEmprendo, pon á súa disposición un gran equipo de persoas titoras e mentoras para lograr o gran desafío de conseguir a súa plena integración no mercado laboral e/ou crear a súa empresa ou poñer en marcha a súa idea de negocio.

Requisitos
- Ser menor de 30 anos.
- Estar rexistrado en Garantía Xuvenil ou estar en situación de desemprego.
- Residir nas provincias de Ourense ou Pontevedra.

Para inscribirse ou solicitar máis información do proxecto: teléfono 988 391 515

Correo electrónico: yoemprendogalicia@empleoenred.org

https://www.yoemprendogalicia.com/