Outros cursos (203)

A Fundación Galicia Europa xunto coa Eurocidade Chaves-Verín, AECT e a Associação de Desenvolvimento da Região do Alto Tâmega, organiza unha acción formativa no ámbito do marketing dixital para redes sociais, para mozos e mozas de entre 18 e 30 anos. Esta actividade desenvolverase no ámbito do proxecto Erasmus+ Xuventude embaixadora dixital para pemes. O Proxecto Dyas Xuventude embaixadora dixital para Pemes (Digital Youth Ambassadors for SMEs-DYAS) é un proxecto aprobado e financiado pola Axencia Nacional Portuguesa Erasmus+ JA. Erasmus+ (2021-2027). É o programa da Comisión Europea nos ámbitos de Educación, Formación, Xuventude e Deportes, que promove a inclusión social, as transicións verdes e dixitais e a participación dos mozos na vida democrática. Os principais obxectivos do proxecto son aumentar as oportunidades laborais e as capacidades persoais dos mozos do rural, en canto á dixitalización, uso de ferramentas e plataformas dixitais; mellorar a eficiencia empresarial e a competitividade das pequenas empresas, pola súa evolución en termos de dixitalización e competencias nos mercados dixitais e promover o intercambio de coñecementos e experiencias entre mozos e empresas, así como promover a creación de novos negocios por parte de Young. A súa finalidade é abordar a transformación dixital e formar a mozos, pemes e institucións implicadas. Os resultados esperados son a mellora da formación e das capacidades profesionais; mellor coñecemento das ferramentas dixitais, integración nas súas comunidades locais e mellora das capacidades das pemes.

Os participantes poderán adquirir coñecementos en áreas como a comunicación dixital e o marketing dixital, as redes sociais como ferramentas de comunicación e marketing, creación de contidos e segmentación de público, campañas de promoción en redes sociais, influencer marketing para empresas locais, entre outros.

A acción formativa, presencial e online, dividirase en dúas partes; unha teórica e outra práctica. Ao longo do mes de novembro, os mozos aprenderán a utilizar as redes sociais de forma profesional, adquirindo coñecementos prácticos e funcionais relacionados co marketing dixital. A parte teórica da formación terá unha duración de 104 horas. Nos meses de xaneiro e febreiro de 2024 poranse en práctica os coñecementos adquiridos nas pemes do territorio da Eurocidade para establecer un diálogo interxeracional e interdisciplinar. A xestión da parte práctica será en formato híbrido e axustarase ás posibilidades organizativas dos participantes.

A inscrición para esta formación gratuíta está aberta ata o 19 de outubro. O programa, así como a inscrición, pódese consultar nesta ligazón.

Máis información
https://eurocidadechavesverin.eu/ 
https://ec.europa.eu 
https://fundaciongaliciaeuropa.eu/ 
info@eurocidadechavesverin.eu 
988416017

Curso CNTG (Centro de Novas Tecnoloxías Galicia)
 
- Nome do curso: "Introdución ás bases de datos relacionais - 1ª edición"
- Data inicio curso: 23-10-2023
- Duración: 90 horas
- Metodoloxía: Teleformación
- Matrícula: gratuíta
 
Inscrición:
 
Darse de alta como persoa usuaria do CNTG, no caso de que non estiveran previamente: https://cntg.xunta.gal/openamcntgpro/UI/Login?locale=gl&goto=https://cntg.xunta.gal/web/cntg 
Unha vez dadas de alta como persoas usuarias, enviar correo electrónico a estudos.cnt@xunta.gal indicando o seu nome, apelidos completos, DNI, teléfono e correo electrónico de contacto e o seu interese en ocupar unha praza vacante se quedasen libres.
 
 
 
Modalidade :Curso presencial
 
Homologación
Curso homologado pola Xunta de Galicia, Consellería de Economía, Emprego e Industria e válido en todo o territorio Nacional.
 
Requisitos de acceso
Graduado en Educación secundaria obrigatoria (ESO)(LOXSE e LOE).
2º de BUP ou cun máximo de dúas materias pendentes entre os dous cursos.
Ciclo Formativo de grao medio.
FP 1
Proba de acceso a ciclos formativos de grao medio ou de grao superior.
Proba de acceso para maiores de 25 anos.
Probas de competencias clave nivel 2.
Certificado de nivel 1 da mesma familia e área profesional.
 
Datas: Outubro-Marzo
 
Máis información:
Colaxe
Calle Villamparo, 47
15117 Laxe (A Coruña)
Teléfono:
981 72 83 10
Móvil:
679 76 14 66
E-mail:
cae@colaxe.es

A Escola Galega de Administración Pública (EGAP), convoca en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia xornadas de formación práctica dixital (E-martes) que abordará o seguinte contido:
- Notificacións electrónicas. Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal.
- Notificacións por comparecencia.
- Identificación dixital (certificados dixitais e Chave).
- Sede electrónica.

Desenvolvemento:
Lugar: Escola Galega de Administración Pública (EGAP), rúa Madrid, 2-4, Santiago de Compostela.
Data: o martes 10 de outubro de 2023.
Horario: de mañá e tarde.
Duración: 7 horas lectivas.
Número de prazas: 50.

A inscrición nesta actividade formativa realizarase por vía telemática accedendo ao enderezo https://egap.xunta.gal/matricula.

O prazo para a inscrición nesta actividade estará habilitado ata as 23.59 horas do día 5 de outubro de 2023..

Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 546 239 e 981 546 241.

Máis información no DOG do 29 de setembro de 2023 e en https://egap.xunta.gal

A Asociación Mujeres Opañel organizan unha formación online en violencia sexuala en horario de 9 a 14 h durante os meses de outubro e novembro de 2023.
 
Os temas que se abordarán son:
 
-Contextualización sobre a violencia sexual.
-Facilitación dunha Guía para intervir con mulleres vítimas de violencia sexual.
-Mapa con recursos específicos para mulleres vítimas de violencia sexual catalogados por Comunidades Autónomas.
-Marco teórico xurídico para entender a Lei Orgánica de Garantía Integral da Liberdade Sexual en España.
-Aproximación ao concepto do consentimento: que é e que non é.
-Pautas de actuación e de boas prácticas para intervir con mulleres vítimas de violencia sexual
 
Se estades interesadas/os, podédesvos inscribir en: https://forms.gle/LT4UxTuh5D6D6G7e9 
 
Se estades interesadas/os podédesvos descargar unha guía de maneira gratuíta na súa páxina web: https://igualdadconsentida.es/ 
Para calquera dúbida podedes contactar a través do correo: igualdadconsentida@gmail.com
"Fomento do Cooperativismo en Sectores Estratéxicos"
 
Programa da Unión de Cooperativas EspazoCoop, cuxa liña de traballo é impulsar, acompañar e apoiar a creación de novas empresas cooperativas en sectores e actividades económicas estratéxicas en Galicia e para novas necesidades comunitarias.
 
A Unión de Cooperativas EspazoCoop celebrará o día 3 de outubro de 2023 un dos Encontros previstos que se enfocará no Sector Novo Rural e será en formato virtual.
 
Encontros Sectoriais Estratéxicos
Novo Rural
Martes 3 de Outubro de 2023 | De 10 a 12 h. | Online
 
Máis información

O Concello de Santiago de Compostela fai unha selección do alumnado traballador/a para o programa de emprego, para persoas mozas incluídas no ficheiro do SNGX, “APPVENTURERS”.

As especialidades a impartir son as seguintes:
Desenvolvemento de aplicacións con tecnoloxía web (IFCD0210)
Desenvolvemento de produtos audiovisuais multimedia interactivos (IMSV0209), 16 alumnos/as

https://axencialocaldecolocacion.org/uploads/bases_seleccion_alumnado_traballador_e_persoal_docente_appventurers_(2).pdf 

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) presenta a súa oferta de formación e de seminarios par o curso 2023/24.
As accións formativas centraranse en eidos como a ciberseguridade, as solucións na nube, a ciencia de datos ou a intelixencia artificial.

https://cntg.xunta.gal/web/cntg/programacion-activa 

Se es unha persoa moza rexistrada en Garantía xuvenil, aquí atoparás información para formarte e acceder aos novos empregos que está a demandar a nosa sociedade en transición a unha economía verde e sostible, a través dunha ampla oferta de cursos en formato en liña, presencial e mixto. Comeza a formarte en competencias e habilidades verdes, economía circular, enerxías renovables, eficiencia enerxética, etc.

A información sobre os cursos aparece desagregada por comunidades autónomas e, dentro de cada comunidade, polas provincias nas que se imparte esta formación.

É necesario que os interesados estean inscritos en Garantía Xuvenil.

O período de inscrición estará aberto ata o 31 de decembro de 2023.

Máis información https://www.sepe.es

 

A Fundación Telefónica organiza estes primeiros cursos en liña e gratuítos enfocados a estes tres sectores. Os tres cursos contarán con entre 170 e 300 horas de formación que buscarán brindar ferramentas dixitais a algúns dos sectores nos que aínda son pouco implementadas. Todos eles apuntan a impulsar a dixitalización destes sectores e capacitar aos seus traballadores nas competencias dixitais máis demandadas, nunha sociedade que tende cada vez máis á reinvención de todas as industrias produtivas.

Estes cursos van destinados a mozos interesados no mundo dixital.

Máis información https://www.fundaciontelefonica.com/