Novas e actividades (1310)

 
Esta iniciativa autonómica ofrece o aloxamento en réxime de pensión completa dende o día 24 de decembro ata o día 7 de xaneiro, e no caso de quedar prazas sen adxudicar, valorarase dar media quenda ( do 24 de decembro ao 30 de decembro de 2023, ou do 31 de decembro ao 7 de xaneiro de 2024 se asi se solicita).
 
A convocatoria de 2023 conta con 270 prazas en repartidas entre as dúas residencias de tempo libre coas que conta a Consellería de Política Social e Xuventude.
 
-A residencia de Panxón, situada no concello de Nigrán, na provincia de Pontevedra, con 140 prazas para os solicitantes de A Coruña e Ourense
 
-E residencia do Carballiño, situada na provincia de Ourense, 130 prazas para os solicitantes de Pontevedra e Lugo
 
O programa de actividades é variado e está adaptado aos gustos e aos recursos tanto patrimoniais como culturais da zona. Inclúe propostas como actuacións musicais, sesións de cine, bailes, obradoiros, campionatos de cartas, excursións, sesións de risoterapia e de ximnasia entre outras moitas.
 
As persoas beneficiarias deben cumprir os seguintes requisitos: 
-ter 60 anos cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes, 
-estar empadroado nalgún concello galego, 
-vivir só no seu domicilio e ter que pasar só/a as datas do Nadal, 
-valerse por si mesmo e non padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio, nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia durante o transcurso da estadía.
 
O programa inclúe os seguintes servizos:
-Estancia na residencia durante 15 dias (14 noites)
-Aloxamento en habitacións compartidas e manutención en réxime de pensión completa.
-Desprazamento en autobús desde os lugares que se establezan nas localidades que corresponda (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo ou Ourense) ata a residencia de tempo libre que se lle adxudique e viceversa.
-Actividades de animación sociocultural.
 
O prazo de presentación de solicitudes remata o dia 15 de decembro .
 
A solicitude deberá ir acompañada da declaración responsable e do informe social.
 
Máis información:
 
Bo nadal!!!
 
 

A Universidade de Santiago de Compostela organiza a xornada Comunidades Enerxéticas na Xestión Pública

Data do evento: 30 de novembro do 2023 - Horario: 09.00 h - 13.30 h
Lugar: Salón de Graos en Facultade de Ciencias Políticas e da Administración (Campus Vida, Avenida do Doutor Ángel Jorge Echeverri, s/n, 15782 Santiago de Compostela, A Coruña)

Para calquera cuestión e/o dúbida, podes poñerte en contacto co teléfono 615 801 010 ou no correo electrónico: administracion@invirte.es

Máis información

A Convención dos dereitos do neno foi proclamada e adoptada pola Asemblea Xeral da ONU o 20 de novembro de 1989. Nela establécense os dereitos inalienables de todos os nenos e as nenas, pero tamén as obrigacións dos Estados, os poderes públicos, os pais, as nais e a sociedade no seu conxunto, incluídos os propios nenos e nenas, para garantir o respecto deses dereitos e o seu goce por todos os nenos sen distinción de ningún tipo.

España ratificou a Convención un ano despois da súa aprobación. De acordo coa Constitución española, a Convención é parte integrante do ordenamento xurídico, de aplicación directa en España e o estándar mínimo que debe respectarse á hora de lexislar e desenvolver políticas públicas que afecten á infancia.

Os catro principios sobre os que se establece a Convención son a non discriminación, a primacía do interese superior do menor, a garantía da supervivencia e o pleno desenvolvemento, e a participación infantil.

O Segundo articulo da Convención da ONU sobre os Dereitos do Neno garante aos nenos o dereito de non ser discriminados, Isto inclúe o dereito de non ser discriminado pola súa orientación sexual ou preferencia de xénero

https://www.humanium.org/es/enfoques-tematicos/discriminacion/derechos-nino-lgbtq/

O Terceiro protocolo foi aprobado en 2014 e é o que permite aos propios nenos ou adultos no seu nome, presentar queixas individuais ante o Comité dos dereitos do neno.

https://www.savethechildren.es/trabajo-ong/derechos-de-la-infancia/protocolo-de-la-convencion

Máis información:

https://childmind.org/es/articulo/como-apoyar-a-los-ninos-lgbtq/

https://www.healthychildren.org/Spanish/ages-stages/teen/dating-sex/Paginas/Four-Stages-of-Coming-Out.aspx

 

 

 

Recorda que o servizo Quérote+da Xunta de Galicia ofrece asesoramento gratuíto á xuventude nas áreas máis vinculadas ao entendemento social e o crecemento persoal

A Deputación da Coruña impulsou unha nova edición da súa campaña De Fronte, coincidindo unha vez máis co 25 de novembro (Día para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres).

Nesta edición a entidade provincial pon o foco nas violencias machistas en contextos de lecer, na festa e no ocio nocturno, tendo como público obxectivo principal a mocidade. A axenda inclúe por unha banda un acto institucional (o día 24 de novembro no Pazo Provincial da Coruña con Caamaño & Ameixeiras, ás 10:45h) e pola outra unha xira de obradoiros de divulgación en clave tecnolóxica.

A xira chegará aos concellos de Cabana (9 de novembro), Boiro (11), Cedeira (13), Outes (14), A Pobra do Caramiñal (15), A Coruña (16), Zas (17), Ribeira (21), Arzúa (22), Corcubión (23) e Valdoviño (27).

O obxectivo destes talleres itinerantes é abordar co alumnado conceptos chave arredor das violencias machistas en contextos de lecer e ocio nocturno. Destes obradoiros sairán varias micro pezas dixitais en formato stop motion que a Deputación achegará na Rede.

Estas actividades creativas e divulgativas están formuladas en positivo e buscan “cuestionar mensaxes e hábitos que alimentan que as violencias sexuais sigan a reproducirse, obradoiros nos que repensar o uso e gozo do lecer, da festa ou do consumo responsábel para construírmos relacións igualitarias, en liberdade e con respecto”.
Crearanse breves vídeos divulgativos con testemuños de situacións reais de agresións sexuais no contexto de ocio nocturno ou festa.
A programación da campaña complétase coas actividades, guías e outros recursos dispoñíbeis para a súa consulta.

https://defronte.gal/actividades/?utm_source=Banner&utm_campaign=CabeceraPortada&utm_medium=Web 

Os membros do Panel Xuvenil de EYCA, Ally Zlatar (Escocia) e Hailey Ciantar (Malta), coa axuda de Young Scott, uníronse para presentar unha innovadora exposición artística en liña.

Trátase dunha plataforma única onde artistas de entre 13 e 30 anos de comunidades rurais presentan o seu traballo sobre temas como identidade, pertenza e benestar en áreas non urbanas.

O Panel Xuvenil de EYCA, un grupo de mozos e mozas de toda Europa, desempeña un papel fundamental na configuración dos servizos e proxectos da Asociación Europea do Carné Xove (EYCA).

Esta exposición estará dispoñible indefinidamente por motivos de accesibilidade e lonxevidade. Mostra os talentos creativos de máis de 10 artistas novos de diversas orixes, incluídos creadores rurais escoceses e malteses. Ademais da exposición en liña, "Rural Revolt" ofrece un catálogo de exposición revelador que afonda nas obras e narrativas dos artistas.

Explora a exposición aquí

Máis información en https://starvingartist.cargo.site/rural-revolt-1

 

O “Barómetro Xuvenil 2023. Saúde e Benestar” da Fundación Mutua Madrileña e Fad Mocidade realizouse entrevistando a máis de 1.500 mozos españois de entre 15 e 29 anos.

Este informe estruturouse en catro grandes áreas de análises

  • Os problemas e preocupacións actuais, a percepción sobre a súa propia situación e a súa previsión de futuro en relación aos mesmos.

  • Os seus estados de saúde, tanto física como psicolóxica, e os determinantes da mesma.

  • As súas valoracións acerca da satisfacción vital, niveis de #estrés e felicidade.

  • As súas actitudes cara ao risco e comportamentos potencialmente arriscados.

Un 59,3% da poboación nova manifesta ter algún problema no último ano mentres que, en 2017, cando se fixo o primeiro barómetro, a porcentaxe era do 28,4%.

A carencia material, entendida como aquelas necesidades que quedan por cubrir na unidade familiar, é unha das variables máis determinantes na declaración dun peor estado de saúde mental.

Máis información:

https://www.centroreinasofia.org/publicacion/barometro-salud-2023/

 

 

 

Recorda que o servizo Quérote+da Xunta de Galicia ofrece asesoramento gratuíto á xuventude nas áreas máis vinculadas ao entendemento social e o crecemento persoal

 

Realizado polo Centro de Estudos e Investigación ANAR, este é un estudo levado a cabo en España que recolle toda forma de violencia cara ás mulleres, incluíndo aos/as menores de idade na contorna. banar

Os datos analizados abarcan o período de outubro do 2018 a outubro de 2022, no que ANAR atendeu a 20.515 nenas/os e adolescentes vítimas de violencia contra as mulleres a través do Teléfono/Chat ANAR, para o que deu resposta a 382.219 peticións de axuda.
A cifra de menores de idade atendidas/os por esta causa presentou un incremento do 39,7% durante o período do estudo, pasando de 4.784 en 2018 a 6.686 en 2022.

O estudo analiza catro tipos de violencia: violencia de xénero, violencia doméstica, violencia sexual e outro tipo de violencia física ou psicolóxica. No caso de violencia de xénero, distínguense dous subgrupos: por unha banda, violencia de xénero na contorna, situacións nas que o/a menor de idade atópase na contorna das mulleres vítimas de violencia de xénero e son tamén vítimas desa violencia; e, doutra banda, violencia de xénero adolescente, na que a vítima directa é unha muller menor de idade

 

O estudo pode descargarse na web do Centro de Estudos e Investigación ANAR, previo rexistro

O Consello da Cultura Galega (CCG) presentou un proxecto audiovisual para público internacional: Crossing borders. bgalician2

Son tres pezas audiovisuais subtituladas en inglés que, da man de creadores como Mercedes Peón, Baiuca (Alejandro Guillán) e Uxía Senlle, entre outros, mais os expertos Óscar Losada e Marina Fernández, “percorren a evolución, as especificidades e as claves do éxito da música de raíz (TRAD)"

 

Tres audiovisuais, tres fronteiras

O formato consiste en tres vídeos curtos filmados en 4k que se achegan á música de raíz galega desde tres ideas. A primeira, Fronteiras de público, profunda nos novos públicos e conta coa presenza de Bieito Romero, Óscar Losada e Tanxugueiras.
A segunda das ideas está encamiñada a explorar as Fronteiras de estilo, isto é, a hibridación e a confluencia de estilos diferentes. Participan Baiuca, Mercedes Peón, Marina Fernández Vigo e Óscar Losada. A última idea son as Fronteiras culturais, coa presenza de Abe Rábade, Uxía e Marina Fernández Vigo.

Todos estes materiais audiovisuais compleméntanse con reportaxes elaboradas por culturagalega.gal. Pódese acceder a este proxecto desde http://consellodacultura.gal/paxina.php?id=10079

Eurodesk publica o informe YIminds “Información xuvenil e a saúde mental da mocidade”
Coordinado por ERYICA, este proxecto ten como obxectivo desenvolver a capacidade do sector da información xuvenil no campo da saúde mental.

Tristeza, depresión, desesperanza, ansiedade, presión académica e impotencia son os síntomas máis citados polos enquisados de YIminds, seguidos de dificultades para durmir, abuso de substancias e pensamentos suicida.

https://eurodesk.eu/wp-content/uploads/2023/10/YIminds-survey-report-FINAL.pdf

A Fundación Catedral de Santiago presentou un programa educativo dirixido ao alumnado galego, de todas as idades, que ten como obxectivo principal dar a coñecer e afondar na historia da catedral compostelá e nas súas coleccións artísticas, e que inclúe diferentes visitas didácticas de carácter temático. Un dos recursos claves do programa será a web do Museo Catedral, que acubillará boa parte dos recursos do programa.   bplaycatedral

O programa constará de visitas adaptadas a diferentes idades, nas que o alumnado percorrerá os espazos cos que conta o Museo Catedral coma o edificio claustral, o Pazo de Xelmírez ou o Pórtico da Gloria, entre outros. Todas elas integrarán diferentes dinámicas educativas e abranguerán a diversidade do alumnado.

“A temática das visitas será diversa”, explicou a fundación na presentación, engadindo que haberá marxe “para as emocións, da man das cores e da música no Pórtico da Gloria; e tamén para o xogo, da man da iconografía na colección artística do museo e de personaxes como Dona Urraca e Diego Xelmírez”. Tamén haberá espazo para o alumnado da ESO e Bacharelato, levándoos a aqueles lugares que atopan nos libros de historia e reflexionando arredor da presenza das mulleres nos museos e na arte.

Esta proposta sumarase aos programas de visitas xa desenvolvidos polo Museo Catedral e será completamente gratuíta para os centros escolares previa reserva. O profesorado contará cun repositorio en liña, ao que poderán acceder a través da páxina web do Museo Catedral, no que atoparán materiais dispoñíbeis para descarga cos que os centros poderán traballar previa e posteriormente nas aulas, así como documentos informativos para a formación do profesorado e o enderezo electrónico de contacto.

https://www.museocatedraldesantiago.es/es/museo-de-la-catedral-de-santiago/ 

Percorrido virtual pola Catedral:  https://www.turismo.gal/fotos/IMAGENES/FLASH/ARQUITECTURARELIGIOSANP/Catedral_de_Santiago_2021/index.html