Se cumpres 18 anos durante 2023 xa podes solicitar o bono cultural mozo.
Quen o podrá utilizar?
Poderán utilizar o Bono Cultural Mozo as persoas que reúnan os requisitos seguintes:
- Cumprir 18 anos durante o ano 2023.
- Posuír a nacionalidade española ou residencia legal en España.
A axuda de 400 € do programa Bono Cultural Mozo abonarase en tarxetas prepago personalizadas, para a adquisición dos produtos, servizos e actividades culturais das seguintes categorías:
- Un máximo de 200 € para destinalo a artes en vivo, patrimonio cultural e artes audiovisuais (inclúe entradas e abonos para artes escénicas, música en directo, cinema, museos, bens integrantes do patrimonio histórico español, bibliotecas, exposicións, festivais e espectáculos taurinos)
- Un máximo de 100 € para produtos culturais en soporte físico (inclúe libros, revistas, prensa e publicacións periódicas, videoxogos, partituras musicais, discos de vinilo, CD, DVD e Blu-ray)
- Un máximo de 100 € para consumo dixital ou en liña (inclúe subscricións e alugueiros a plataformas musicais, de lectura ou audiolectura, ou audiovisuais, compra de audiolibros, libros dixitais, cancións ou álbums dixitais a través de plataformas, subscrición para descarga de arquivos multimedia, subscricións dixitais a videoxogos, prensa, revistas e a outras publicacións periódicas).
O Bono Cultural Mozo pódese solicitar ata ás 23:59 horas do 30 de setembro de 2023
A Deputación de Ourense anuncia a programación e prazas das súas Escolas de Gaita, de Danza e de Artes e Oficios para o curso 2023/2024.
A Escola Provincial de Gaitas de Ourense:
A actividade docente iniciarase o 1 de outubro e rematará o 30 de xuño.
Impartirase hora e media semanal por materia, á parte do mesmo tempo de ensaio semanal e actuacións coas distintas agrupacións da Escola.
Cada disciplina contará con profesor/a específico/a.
A actividade docente realizarase na Escola Provincial de Gaitas situada no Campus Universitario de Ourense.
O prazo de matrícula será do 4 de setembro ao 31 de outubro, ambas as datas incluídas.
CCP Xaquín Lorenzo-Escola de Danza:
1. Obradoiro de baile tradicional.
2. Obradoiro de canto tradicional e pandeireta.
3. Obradoiro de gaita para grupos de acompañamento de baile tradicional.
4. Obradoiro de tecido artesán en teares tradicionais.
5. Obradoiro de xogos populares.
Matrícula desde o día 15 de setembro ata o día 31 de outubro.
Escola Provincial de Artes e Oficios:
- Debuxo e iniciación á pintura
- Perfeccionamento en pintura
- Talla e escultura en madeira
- Modelado-escultura en barro
- Olería
O calendario do curso será dende o día 2 de outubro de 2023 ao día 30 de xuño de 2024.
O prazo de matrícula será do 1 ao 30 de setembro de 2023, ambos incluídos
https://realbandadegaitas.com/escola
http://www.ccpxaquinlorenzo.es/index.php
https://www.centroculturaldeourense.com/servizos/escola-de-artes-oficios
Proxector é unha iniciativa web para achegarnos á divulgación e ao coñecemento investigador ao tempo que se dinamiza o uso do galego nestes ámbitos, incopora un novo especial sobre sustentabilidade e novos xeitos de producir. Un planeta sen plástico é o título da nova entrega de Proxector.
Nela, reúnense unha ducia de recursos audiovisuais nos que se analizan as consecuencias que os residuos plásticos teñen para o ecosistema e se propoñen algunhas solucións para revertelas..
Os informes da ONU alertan de que cada ano se producen no mundo máis de 400 millóns de toneladas de plástico dun só uso, dos cales entre 19 e 23 millóns rematan en lagos, ríos e mares e arredor de 11 millóns nos océanos. Porén, estas cifras “poderían triplicarse de aquí a 2040”, subliña a nova entrega de Proxector, que pon tamén o foco nos microplásticos. “Estímase que as persoas inxerimos máis de 50.000 partículas de plástico cada ano, e mesmo moitas máis se se teñen en conta as partículas inhaladas”,
http://consellodacultura.gal/especiais/proxector/especial.php?t=10434
O VI Congreso XoveTIC organizado polo CITIC (Centro de Investigación TIC) da Universidade da Coruña celebrarase os días 5 e 6 de outubro de 2023 no propio CITIC e na Facultade de Informática da UDC, co obxectivo de dar visibilidade ao talento tecnolóxico das novas xeracións de investigadoras e investigadores,.
Ata o 23 de xuño está aberto o prazo de recepción de abstracts.
As contribucións presentadas ao congreso poderán ser orixinais ou traballos adaptados xa presentados noutros foros, e todos os traballos que se acepten serán publicados nun libro de actas.
Entre todas as comunicacións orais presentadas, concederanse premios en metálico aos traballos mellor valorados por parte do comité científico, atendendo á súa calidade, excelencia e orixinalidade.
Máis información en https://xovetic.citic.udc.es/
Realmente case todos os nosos medos teñen unha crenza detrás que os orixina, o temor persistente e intenso, ás situacións sociais nas que alguén se pode sentir analizado polos demais.
O trastorno de ansiedade social previamente agrupouse dentro das demais Fobias específicas (medo a voar, ás alturas, ao sangue, agullas…) pero en 1980 foi recoñecido como un diagnóstico independente.
O artigo publicado en Chil Mind Institute “Consellos para menejar a ansiedade social”, tratan algunhas estratexias para combater ese temor a quedar en ridículo e entorpecer a túa vida.
Entre outros moitos artigos, recollemos dous publicados polo Centro de Saúde Mental mente A mente de Psiquiatría e Psicoloxía “Que é a fobia social e as súas causas” e “Ansiedade: causas, tipos e tratamento”
Outra poderosa emoción que afecta e limita é a vergoña, cando aparece de maneira persistente e excesiva pode desencadear dificultadas emocionais e psicolóxicas. Sobre este punto o Centro Clínico de Atención Psicolóxica “Área Humana” publica o artigo “Comprendendo a vergoña”.
Recorda que o servizo Quérote+da Xunta de Galicia ofrece asesoramento gratuíto á xuventude nas áreas máis vinculadas ao entendemento social e o crecemento persoal
A Universidade de Santiago de Compostela convoca prazas de aloxamento nas súas Residencias. O número total de prazas oferta a Universidade é de 910.
O SUR proporciona aloxamento ó estudiantado e demais membros da comunidade universitaria. Para apoiar isto a Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua, no primeiro trimestre de cada curso académico, convoca e adxudica bolsas de colaboración (biblioteca, informática, socioculturais, deportivas, etc.), ás que poden acceder residentes e colexiais.
Requisitos: estudantado de readmisión e de nova admisión de grao, de 1º, 2º Ciclo, de másteres universitarios oficiais, de programas de doutoramento, de cursos de posgrao propios, e investigadores en formación.
O prazo de solicitude permanecerá aberto ata as 14.00 horas do 27 de xuño de 2023.
Residencias do Campus de Santiago de Compostela:
Colexio Maior Fonseca. Tfno.: 881 814 376
Colexio Maior Rodríguez Cadarso. Tfno.: 881 814 354
Colexio Maior San Clemente. Tfno.: 881 814 312
Residencia Universitaria Burgo das Nacións. Tfno.: 881 811 952
Residencia Universitaria Monte da Condesa. Tfno.: 881 813 531
Residencias do Campus de Lugo:
Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay. Tfno: 982 824 300/301/302
Máis información en https://www.usc.gal/gl/servizos/area/residencias
Arelas, Asociación de familias de menores Trans, está a trabalalr no programa Apodéra-T, servizo de apoderamento e acompañamento sociolaboral dirixido a mulleres trans de 16-30 anos, residentes en Galicia.
Este programa conta coa financiación da Consellería de Promoción do Emprego a Igualdade e polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027 da Unión Europea.
O obxecto destas axudas son o desenvolvemento de programas de recursos integrais de atención especializada, dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e que teñen como finalidade, fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír á redución da dobre discriminación en que se atopan as mulleres trans, para dotalas dunha maior autonomía e independencia co fin de mellorar a súa situación persoal, social e laboral, polo que deberán incluír unha atención personalizada e especializada para a integración social e laboral
Dende o Programa de apoderamento e acompañamento sociolaboral de mulleres trans, Apodéra-T, axúdase a estas mulleres na procura da mellora das condicións de vida, fomentando a autoestima e a confianza necesaria para lograr maiores niveis de autonomía, proporcionando unha formación transversal que as dote de competencias básicas, sociais e laborais que faciliten a súa inserción sociolaboral.
Participan profesionais de distintas disciplinas, legal, social, psicolóxico e sexolóxico, con información, asesoramento, obradoiros, creación de redes de apoio e acompañamento.
Para poder formar parte do programa podes contactar con Arelas a través do seu correo: arelasasociacion@gmail.com
Tamén por WhatsApp ou teléfono de 09:00-13:00 Hs e de 17:00-20:00 no 686 160 465.
O Centro Reina Sofía sobre Adolescencia e Mocidade da Fundación FAD Mocidade, para dar continuidade á liña do Informe A Caixa da masculinidade, realizou en 2022 o estudo Culpables ata que se demostre o contrario. Percepcións e discursos de adolescentes españois sobre masculinidade e violencia de xénero, participaron neste estudo mozas e mozos de 14 a 16 anos. Esta investigación persegue profundar cualitativamente no coñecemento sobre os discursos de homes e mulleres adolescentes, que minimizan, invisibilizan ou negan a existencia de desigualdades de xénero ou da violencia de xénero e sobre os home que senten vítimas das políticas destinadas a fomentar a igualdade de xénero.
A Xunta colabora co Consello da Avogacía Galega na posta en marcha de accións dirixidas á atención xurídica a persoas menores de idade vítimas de violencia e á formación de avogados e avogadas neste ámbito. Deste xeito, os menores que sofren estas situacións disporán sempre dun profesional especializado que lles preste unha atención integral e un acompañamento legal gratuíto ante os órganos policiais e xurisdicionais durante as primeiras dilixencias.
A Fundación ANAR, presentou o seu Informe Anual 2022, do Teléfono/Chat ANAR.
Ao longo de 2022 ANAR recibiu 217.693 peticións de axuda
A maioría dos problemas referidos polos usuarios/as das Liñas de Axuda ANAR tiveron unha urxencia, gravidade e frecuencia alta.
Por primeira vez desde que se puxo en marcha o Teléfono ANAR de Axuda a Nenos, Nenas e Adolescentes en 1994, o bloque dos problemas de saúde mental supera ao da violencia, representando case a metade das consultas realizadas por menores de idade (45,1%); e a conduta suicida convértese no principal motivo de chamada por parte destes/as, cun 17,5% do total das súas peticións de axuda.
Notas resumo:
Os medios de comunicación teñen un papel crecente na socialización das persoas, e por iso poden xogar un rol activo na prevención do suicidio. A forma de comunicar sobre o suicidio pode axudar a previlo ou, pola contra, pode conlevar un maior risco de provocar efecto contaxio.
O Ministerio de Sanidade publicou no 2020 o manual Recomendaciones para el tratamiento del suicidio por los medios de comunicación
https://www.sanidad.gob.es/profesionales/excelencia/docs/MANUAL_APOYO_MMCC_SUICIDIO_04.pdf.
Desde a páxina web da Fundación Española para la prevención de suicidios, pódese descargar a Guía breve de recomendacións de información sobre suicidio para medios de comunicación
https://www.fsme.es/guia-mmcc-1/
Recorda que o servizo Quérote+da Xunta de Galicia ofrece asesoramento gratuíto á xuventude nas áreas máis vinculadas ao entendemento social e o crecemento persoal