O Centro Reina Sofía de Fad Juventud publicou o estudo Salud y bienestar juveniles en España: un análisis longitudinal 2017-2021, co que se trata de coñecer como a poboación nova española de 15 a 29 anos entende e valora as súas propias circunstancias. Investígase o impacto das condicións contextuais (traballo, economía, emancipación etc.)/ etc.), a dimensión dos problemas físicos e psicolóxicos experimentados e os riscos e limitacións ao benestar.
O estudo revela que a saúde da mocidade española non pasa por bo momento, e que o desánimo ante un futuro incerto rende: só o 23% dos mozos pensa que a situación vai a mellor
Máis información:
https://www.centroreinasofia.org/publicacion/barometro_salud_bienestar/
Recorda que o servizo Quérote+da Xunta de Galicia ofrece asesoramento gratuíto á xuventude nas áreas máis vinculadas ao entendemento social e o crecemento persoal
A XI edición de Nós tamén creamos!, o certame de curtametraxes de animación en galego xa ten palmarés.
Este ano presentáronse 31 filmes de 24 escolas distintas de Infantil e Primaria rodados pola cativada de 3 a 9 anos e os seus mestres.
As curtas premiadas poderán visualizarse na web da CRTVG: https://www.crtvg.es/tvg/a-carta/programa/nos-tamen-creamos-2023
Velaquí unha iniciativa impulsada desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC). Trátase de proxeccións de filmes en galego en formato de cinema de verán (en exterior, con gran pantalla). Os 18 concellos da Rede de Dinamización Lingüística onde se desenvolve a iniciativa proxectarán algún dos seguintes filmes:
Cuñados
Comedia sobre as peripecias delitivas de tres cuñados unidos polo azar e embarcados nun plan disparatado para salvar o que máis queren: a familia.
Malencolía
Sira e Pepe deciden regresar a Galicia tras moitos anos emigrados en Berlín. Atopan por Internet unha casiña na aldea abandonada de Lupián, provincia de Ourense, e deciden deixalo todo para iniciaren unha nova vida alí. Chegados á aldea, descobren con sorpresa que a única casa con vida está habitada por unha peculiar veciña chamada Isolina.Zarauza mestura o terror e a tradición cultural galega nun filme que contén comedia, costumismo, surrealismo, medo e mala uva.
A Galiña Turuleca
Filme de animación hispano-arxentina de 2019 dirixido por Eduardo Gondell e Víctor Monigote.
Unha galiña incapaz de poñer ovos ve como cambia a súa vida cando a venden a unha vella que descobre que a galiña sabe cantar.
A illa das mentiras
Durante a madrugada do 2 de xaneiro de 1921 o vapor Santa Isabel, que se dirixía a Buenos Aires, afunde fronte á costa da Illa de Sálvora na ría de Arousa. Tres mozas arriscan a súa vida para salvaren os sobreviventes. Remando só de oído pola espesa néboa e a noite pechada logran salvar 48 persoas.
Un xornalista arxentino chega á illa para cubrir a noticia e investigar o caso. Co transfondo das loitas sociais, aos poucos o xornalista descobre que nada é o que parece e que hai numerosas incógnitas por resolver.
Maimiño
Filme de animación 3D galego-cubano escrito e dirixido por Ernesto Padrón, baseado nunha historia de José Martí.
Maimiño é un labrego que quere sacar a súa familia da pobreza e, debido a unha praga de insectos e ao encontro cun Espello Máxico, embárcase nunha aventura que o leva a descubrir quen é a muller dos seus soños.
Engurras
Longametraxe de animación galega baseada no álbum de banda deseñada Arrugas, de Paco Roca.
Emilio e Miguel son dous anciáns recluídos nun xeriátrico que se fan amigos. Emilio, que padece un principio de alzheimer, conta inmediatamente coa axuda de Miguel e outros compañeiros que tratarán de evitar que vaia a parar ao andar dos eivados. O seu disparatado plan tingue de humor e de tenrura o monótono día a día na residencia.
Eroski-paraíso
Baseado na obra homónima da compañía de teatro Chévere, conta distintas historias reais ocorridas na sala de festas "Paraíso", que funcionou en Muros ata 1990 e que logo foi convertida nun supermercado.
Jacinto
Filme ambientado en Galicia en que se mesturan o “terror rural” e o sentido do humor. A película, estreada en Sitges, conseguiu, entre outros, o emocionante premio a Mellor Interpretación Masculina Protagonista, outorgado de forma póstuma a Pedro Brandariz, falecido en febreiro de 2022.
O que arde
Ninguén agarda a Amador cando sae da cadea tras cumprir condena por provocar un incendio. Regresa á súa casa, unha aldea perdida das montañas lucenses, onde volverá convivir coa súa nai Benedicta, a súa cadela Luna e as súas tres vacas. As súas vidas transcorren ao ritmo sosegado da natureza, ata que todo cambia cando un lume violento arrasa a zona.
Calendario
15/07/2023. Negreira. Praza do Concello. A Galiña Turuleca, ás 22:30 h
24/07/2023. Laxe. O que arde. Praza dos Voluntarios, ás 22:30 h
30/07/2023. Mondoñedo. A Galiña Turuleca. Praza da Catedral, ás 22:00 h
05/08/2023. Forcarei. Eroski Paraíso. Explanada do Auditorio, ás 22:00 h
06/08/2023. Lobios. Valentina. Praza Roxa, ás 22:00 h
08/08/2023. A Laracha. Cuñados. Campo da Festa de Caión, ás 22:00 h
09/08/2023. Sober. O que arde. Praza do Concello, ás 22:00 h
10/08/2023. Ares. Cuñados. Praza da Constitución, ás 22:00 h
12/08/2023. Barro. O que arde. Pazo da Crega, ás 22:00 h
13/08/2023. Maside. Maimiño. Praza Maior, ás 22:00 h
16/08/2023. Xove. O que arde. Praza do Centro Cívico, ás 22:00 h
17/08/2023. Allariz. Valentina. Piscinas Municipais, ás 22:00 h
24/08/2023. O Rosal. Cuñados. Praza das Novas, ás 22:00 h
26/08/2023. Viana do Bolo. O que arde. Praza Maior do Concello, ás 22:00 h
08/09/2023. Silleda. Valentina. Praza de San Juan Salgueiro, ás 22:00 h
22/09/2023. Outeiro de Rei. A Galiña Turuleca. Praza da Vila, ás 22:00 h
Os Premios Nacionais de Mocidade 2023, creados polo INJUVE coa finalidade de estimular e recoñecer a traxectoria e o esforzo de mozos e mozas que poñen de manifesto o seu compromiso en distintos ámbitos da sociedade, foron resoltos nas súas diferentes categorías.
Compromiso Social: Esther Pina Ortín.
Cultura: Mario García Obrero.
Medio Ambiente: Lucía Casal Vázquez.
Deporte: Carlos Sanz del Castillo.
Ciencia e Tecnoloxía: Inés Mármol Peguero.
Dereitos Humanos: Núria Vilà Coma.
Así mismo concedese mención honorífica a:
Ionut Antonio Acín Hernández.
María Isabel Puerto Fernández.
Antoni Segui Villalonga.
Guillermo Gracia Núñez.
Miquel Sendra Ortola.
https://www.injuve.es/conocenos/noticia/premios-nacionales-de-juventud-2023
Aberto o prazo de inscrición para participar no "Youth Policy Lab", que terá lugar o 1 de novembro de 2023 en Roma, no marco da novena edición dos MED Dialogues.
A edición deste ano do Foro de Mocidade, baixo o título “NAVIGATING THE CLIMATE CRISE: MEDITERRANEAN YOUTH IN ACTION”, reunirá a mozos expertos e estudantes para dialogar sobre a crise climática na área do Mediterráneo.
A inscrición está aberta ata o 1 de setembro para mozos e mozas de entre 21 e 35 anos que veñan de África do Norte, Oriente Medio ou Europa. Os requisitos de participación pódense consultar na páxina oficial do “Youth Policy Lab”.
"O circo do silencio" é un escape room de temática lingüística dirixido á mocidade. Trátase dunha sala de fuxida ambientada nunha carpa circense. Está pensada para equipos de catro xogadores que deberán resolver unha serie de enigmas para completaren a misión final.
A actividade parte da historia dun circo máxico que perdeu todas as palabras que lle permitían falar cos animais e crear espectáculos incribles. Os participantes interpretarán un grupo de detectives contratados para investigaren este roubo. Así, terán que atopar pistas, resolver enigmas, descifrar códigos e xogar coa lingua para recuperar as palabras e devolverllas ao circo.
Esta actividade pasará por 10 concellos durante este verán. A primeira xornada será o 20 de xullo na Praza do Concello de Xinzo de Limia, onde se poderá participar cada 45 minutos entre as 11,00 e as 21,00 horas. O mesmo funcionamento seguirá nos restantes 9 concellos membros da Rede de Dinamización Lingüística polos que pasará: Ponteareas (Praza Maior) o 21 de xullo, Foz (Paseo Marítimo) o 25 de xullo, A Estrada (Alameda) o 26 de xullo, Oleiros (Praza Ester Pita en Santa Cruz) o 28 de xullo, Arzúa (Praza de Galiza) o 30 de xullo, O Grove (Praza do Corgo) o 31 de xullo, Ordes (Alameda) o 3 de agosto, Caldas de Reis (Carballeira Caldas de Reis) o 4 de agosto e Verín (Alameda) o 15 de agosto.
Máis información no Portal da Lingua Galega.
A Comisión Europea está a realizar a consulta de avaliación intermedia sobre a Estratexia Europea de Xuventude 2019-2027.
Neste enlace podes acceder a ela, tanto se es unha persoa moza como se es un traballador/a do eido xuvenil. Estará dispoñible ata o 2 de agosto.
Encontros Internacionais de Mocidade de Cabueñes. A cidade de Xixón acolleu desde 1983 a mozas, técnicos/as de mocidade e representantes políticos para debater e reflexionar sobre temas de interese para a mocidade
A quen se dirixe?
- Mozos e mozas de 18 a 30 anos.
- Profesionais de mocidade maiores de 18 anos: informadores/as xuvenís, técnicos/as de mocidade e outros profesionais que traballan con mozos, tanto na administración pública como en asociacións, fundacións...
Onde?
En Xixón. Nos seus inicios desenvolvíanse na Universidade Laboral, que está situada na parroquia de Cabueñes, e por iso é polo que se dese ese nome aos Encontros. Desde hai varios anos trasladáronse ao centro de Xixón, á Escola de Comercio e o Centro de Cultura Antigo Instituto.
Cando?
Do 12 ao 15 de outubro: terás o xoves 12 para viaxar ata Xixón e terminarase o domingo 15 ao mediodía.
Existen dúas modalidades:
- Foro de profesionais de Mocidade.
Dirixido sobre todo a informadores xuvenís e técnicos/as de mocidade, pero tamén a outros profesionais que interveñen con mozos, ben sexa na administración ou en entidades privadas.
Neste grupo de traballo abordarase a crise actual das políticas de mocidade, dos servizos e programas, e da propia participación xuvenil nestes espazos, tanto públicos como privados desde o tecido asociativo. Pártese dunha situación na que cada vez custa máis que a xente nova participe e implíquese en procesos, programas, servizos e actividades, dun escaso coñecemento do labor das e os profesionais de mocidade, que provoca a reflexión que guiará este foro: que se está facendo?; están a facerse os proxectos que a xente nova necesita?; como estamos a facer as cousas, que metodoloxías utilízanse?; como o comunicamos ás persoas mozas? ; utilizamos as súas linguaxes, partimos das súas necesidades e centros de interese?.
- Laboratorios Xuvenís.
En 2023, como novidade, o programa desenvólvese nun formato único, onde todos os participantes asistirán a tres Laboratorios Xuvenís cuxa temática común será a participación xuvenil, sobre a que se reflexionará desde diferentes perspectivas. Todas as persoas rexistradas participarán nos tres Laboratorios Xuvenís, que se dividirán en grupos que traballarán de maneira simultánea polos que van rotando ao longo das diferentes sesións.
Podeste inscribir ata o 19 de setembro 2023
https://www.gijon.es/es/eventos/Encuentros-Internacionales-de-Juventud-de-Cabue%C3%B1es
O Instituto da Mocidade de España, Injuve, coa colaboración da Rede de Servizos de Información Xuvenil (RedSIJ), presenta este catálogo en liña de accións, proxectos e programas destinados ás persoas mozas no ámbito local e rexional.
Esta publicación en liña, é o resultado da convocatoria de Experiencias Locais de Mocidade que o Injuve, puxo en marcha este ano para recoñecer o labor das administracións locais e entidades do sector público no seu traballo con mozos.
As experiencias que se recollen aquí foron realizadas nos últimos anos ou se están levando a cabo polos distintos servizos de mocidade do noso país.
O noso obxectivo é facilitar o coñecemento de boas prácticas, compartir as metodoloxías empregadas nelas, e poñer en valor aspectos de innovación, co ánimo de que poidan ser reproducidas noutros ámbitos territoriais.
Catálogo de experiencias locais RedSIJ de traballo coa mocidade
A Xunta de Galicia convoca axudas a persoas menores de 35 anos para a adquisición de vivendas protexidas
Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas maiores de idade que reúnan os seguintes requisitos:
a) Posuíren a nacionalidade española ou, no caso de seren estranxeiras, teren a residencia legal en España.
b) Seren adquirentes ou adxudicatarias, en primeira transmisión, dunha vivenda de protección autonómica de réxime xeral ou especial de nova construción ou procedente da rehabilitación, cualificada definitivamente na data de publicación desta resolución.
c) Teren subscrito con posterioridade ao 30 de setembro de 2022 un contrato privado de compravenda da vivenda, visado pola área provincial do IGVS onde estea situada a vivenda ou, de ser o caso, unha escritura pública de compravenda que conteña as cláusulas obrigatorias derivadas da cualificación definitiva da vivenda.
A contía da axuda para a adquisición de vivenda será a seguinte:
a) No caso de vivendas situadas en municipios de prezo máximo superior, ata 20.000 euros por vivenda, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 35 anos, e ata 16.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas maiores de 35 anos.
b) No caso de vivendas situadas nos restantes municipios de Galicia, ata 16.000 euros, no suposto de vivendas adquiridas por persoas menores de 35 anos, e ata 12.000 euros, no caso de vivendas adquiridas por persoas maiores de 35 anos.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 2 de outubro de 2023 e as solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento VI420C
Máis información no DOG do 5 de xullo de 2023 e en https://igvs.xunta.gal/portada