A Deputación de Ourense anuncia a programación e prazas das súas Escolas de Gaita, de Danza e de Artes e Oficios para o curso 2023/2024.
A Escola Provincial de Gaitas de Ourense:
A actividade docente iniciarase o 1 de outubro e rematará o 30 de xuño.
Impartirase hora e media semanal por materia, á parte do mesmo tempo de ensaio semanal e actuacións coas distintas agrupacións da Escola.
Cada disciplina contará con profesor/a específico/a.
A actividade docente realizarase na Escola Provincial de Gaitas situada no Campus Universitario de Ourense.
O prazo de matrícula será do 4 de setembro ao 31 de outubro, ambas as datas incluídas.
CCP Xaquín Lorenzo-Escola de Danza:
1. Obradoiro de baile tradicional.
2. Obradoiro de canto tradicional e pandeireta.
3. Obradoiro de gaita para grupos de acompañamento de baile tradicional.
4. Obradoiro de tecido artesán en teares tradicionais.
5. Obradoiro de xogos populares.
Matrícula desde o día 15 de setembro ata o día 31 de outubro.
Escola Provincial de Artes e Oficios:
- Debuxo e iniciación á pintura
- Perfeccionamento en pintura
- Talla e escultura en madeira
- Modelado-escultura en barro
- Olería
O calendario do curso será dende o día 2 de outubro de 2023 ao día 30 de xuño de 2024.
O prazo de matrícula será do 1 ao 30 de setembro de 2023, ambos incluídos
https://realbandadegaitas.com/escola
http://www.ccpxaquinlorenzo.es/index.php
https://www.centroculturaldeourense.com/servizos/escola-de-artes-oficios
Proxector é unha iniciativa web para achegarnos á divulgación e ao coñecemento investigador ao tempo que se dinamiza o uso do galego nestes ámbitos, incopora un novo especial sobre sustentabilidade e novos xeitos de producir. Un planeta sen plástico é o título da nova entrega de Proxector.
Nela, reúnense unha ducia de recursos audiovisuais nos que se analizan as consecuencias que os residuos plásticos teñen para o ecosistema e se propoñen algunhas solucións para revertelas..
Os informes da ONU alertan de que cada ano se producen no mundo máis de 400 millóns de toneladas de plástico dun só uso, dos cales entre 19 e 23 millóns rematan en lagos, ríos e mares e arredor de 11 millóns nos océanos. Porén, estas cifras “poderían triplicarse de aquí a 2040”, subliña a nova entrega de Proxector, que pon tamén o foco nos microplásticos. “Estímase que as persoas inxerimos máis de 50.000 partículas de plástico cada ano, e mesmo moitas máis se se teñen en conta as partículas inhaladas”,
http://consellodacultura.gal/especiais/proxector/especial.php?t=10434
A Xunta de Galicia convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2023/24
Requisitos:
Alumnado que no curso académico 2023/24 inicie ou continúe estudos postobrigatorios non universitarios en centros docentes públicos ou privados concertados, situados nos termos municipais da Coruña, Culleredo, Ourense e Vigo.
A persoa solicitante deberá estar matriculada nunha concreta modalidade dun nivel educativo ou nunha familia profesional ou especialidade dun ciclo formativo, que:
a) Non se imparta en ningún centro sostido con fondos públicos da localidade de residencia habitual da unidade familiar á cal pertenza.
b) E tampouco se imparta nunha localidade que, pola súa proximidade á de residencia habitual ou polos medios de comunicación dispoñibles, permita o desprazamento diario con facilidade.
Excepcionalmente, poderán ser eximidos deste requisito os solicitantes nos cales concorran circunstancias persoais ou familiares moi graves debidamente xustificadas.
As prazas poden ser gratutitas ou bonificadas:
A praza de residencia será gratuíta: Cando a renda da unidade familiar sexa igual ou inferior ao limiar 2* fixado polo Ministerio de Educación para o curso 2022/23 (BOE do 23 de febreiro de 2022).
Bonificadas: cando a renda da unidade familiar sexa superior ao limiar 2, a persoa adxudicataria deberá aboar anualmente as seguintes cantidades:
a) Ata un 10 %: 661,04 €.
b) Máis do 10 % e ata un 20 %: 1.013,66 €.
c) Máis do 20 % e ata un 30 %: 1.627,19 €.
d) Máis do 30 %: 2.414,31 €.
Prazos:
1. Para o alumnado matriculado en bacharelato, ata o 12 de xullo de 2023 (este incluído).
2. Para o alumnado matriculado en ciclos formativos, ata o 1 de agosto de 2023 (este incluído).
As solicitudes están dispoñibles en http://sede.xunta.es co procedemento ED306A
Máis información no DOG do 6 de xuño de 2023 e nos CRD:
http://centros.edu.xunta.es/credocoruna/
https://www.edu.xunta.gal/centros/credovigo/
https://www.edu.xunta.gal/centros/credoourense/
Consulta as prazas de persoas colaboradoras bolseiras nos CRD
* O limiar 2 de renda familiar:
Familias dun membro: 13.236
Familias de dous membros: 22.594
Familias de tres membros: 30.668
Familias de catro membros: 36.421
Familias de cinco membros: 40.708
Familias de seis membros: 43.945
Familias de sete membros: 47.146
Familias de oito membros: 50.333
O VI Congreso XoveTIC organizado polo CITIC (Centro de Investigación TIC) da Universidade da Coruña celebrarase os días 5 e 6 de outubro de 2023 no propio CITIC e na Facultade de Informática da UDC, co obxectivo de dar visibilidade ao talento tecnolóxico das novas xeracións de investigadoras e investigadores,.
Ata o 23 de xuño está aberto o prazo de recepción de abstracts.
As contribucións presentadas ao congreso poderán ser orixinais ou traballos adaptados xa presentados noutros foros, e todos os traballos que se acepten serán publicados nun libro de actas.
Entre todas as comunicacións orais presentadas, concederanse premios en metálico aos traballos mellor valorados por parte do comité científico, atendendo á súa calidade, excelencia e orixinalidade.
Máis información en https://xovetic.citic.udc.es/
A OMIX de Ribadavia ten vacantes para un Youth Exchange que terá lugar no sur de Portugal!!!
Lugar: Ferreira do Alentejo (Portugal)
1º. Visita de Preparación previa (APV) para unha/un das/os participantes seleccionados (líder do proxecto): do 30 de xuño ao 2 de xullo 2023..
2º. Intercambio Xuvenil: do 24 de xullo ao 4 de agosto de 2023.
Buscan a 6 participantes: 5 mozos/as (18-25 anos) + 1 líder do grupo (sen límite de idade).
A persoa líder do grupo será a mesma persoa que irá ao APV e ao Intercambio Xuvenil. O líder do proxecto será parte do grupo que participará no intercambio e apoiará as 5 persoas participantes en todos os pasos do proxecto (preparación, proxecto e seguimento do proxecto)
Obxectivos:
- Ofrecer á mocidade a oportunidade de compartir experiencias sobre a situación de Europa e analizar os Obxectivos da Mocidade desde o punto de vista de diferentes países europeos.
- Proporcionar ferramentas e métodos de expresión e comunicación como vídeo, audio, deseño, debuxo, danza, teatro e outros, para empoderar a mocidade.
- Mellorar as habilidades e coñecementos da xuventude no campo da comunicación e expresión, e como usalos como unha ferramenta para promover a cultura.
- Intercambio de coñecementos sobre “Como entender os Obxectivos Europeos de Solidariedade”.
Mais información e inscricións no e-mail omix.ribadavia@gmail.com
www.omixribadavia.wordpress.com
A Xunta porá en marcha o programa Xuventude Mentoring na empresa con estadías formativas de tres meses para mozos de 18 a 30 anos.
Deste xeito amplíase o programa de mentorización e asesoramento Xuventude Mentoring para seguir impulsando a inserción laboral da mocidade
O Goberno galego destina 1,3 millóns de euros a esta nova iniciativa
O Consello da Xunta dá o visto bo ao programa Xuventude Mentoring na Empresa que achega estadías formativas de tres meses a mozos de 18 a 30 anos para favorecer a súa inserción laboral. Esta iniciativa procura ser unha ampliación do programa Xuventude Mentoring, que vai na súa terceira edición e se centra na titorización e na mentorización de mozos e mozas.
A Xunta de Galicia vai destinar 1,3 millóns de euros ao novo Xuventude Mentoring na Empresa para que a mocidade teña unha nova ferramenta que lle permita o seu acceso ao mercado laboral.
Serán Concellos ou entidades sen ánimo de lucro as que poidan presentar proxectos a este novo programa. Eles acollerán aos participantes, un mínimo de 10 persoas e un máximo de 25 por proxecto, e acordarán coas empresas as estadías formativas destes mozos. O Goberno galego concederalle un máximo de 120.000 euros para poñer en marcha o seu proxecto formativo.
Na achega inclúese unha bolsa de formación por mozo participante dun mínimo de 630 euros ao mes, que se podería incrementar en 100 euros por custos de desprazamento e outros 100 para os mozos cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. Ademais, os participantes contarán cun plan formativo en habilidades e competencias para o emprego, cun mínimo de 20 horas lectivas.
Estímase que se poidan beneficiar do Xuventude Mentoring na Empresa arredor dunha decena de proxectos e uns 250 mozos galegos de entre 18 e 30 anos que estean anotados no Sistema nacional de Garantía Xuvenil.
O Goberno de España activou descontos de ata o 90% para facilitar á mocidade de entre 18 e 30 anos viaxar en transporte público este verán, tanto por España como por Europa.
As rebaixas aplicaranse nos billetes sinxelos e de ida e volta dos trens e dos autobuses de titularidade estatal e dos pases Interrail que teñan data para viaxar entre o 15 de xuño e o 15 de setembro de 2023.
Como funciona?
Para beneficiarte debes rexistrarte, polo menos, 24 horas antes de realizar a primeira compra para comprobar que se cumpren os requisitos de elixibilidade.
Tras o rexistro, obterás un código que se debe proporcionar á empresa operadora á hora de adquirir o billete para o desconto.
As empresas poñerán en marcha a venda dos billetes con descontos a medida que vaian adaptando os seus sistemas. Máis información nas páxinas web e canles habituais dos operadores.
Requisitos
Nacer entre o 1 de xaneiro de 1993 e o 31 de decembro de 2005. Se cumpres os 18 anos despois de verán tamén podes beneficiarte dos descontos.
Ter nacionalidade española.
Nacionalidade dalgún país da UE con residencia legal en España
Descontos
- Servizos ferroviarios de media distancia convencional e ancho métrico: rebaixa do 90% do prezo dos billetes sinxelos e de ida e volta.
- Avant: desconto do 50% nos billetes sinxelos e de ida e volta.
- Servizos comerciais ou alta velocidade de todos os operadores ferroviarios: rebaixa do 50% do prezo do billete, cun máximo de 30 euros por billete.
- Servizos de autobús regular de competencia estatal: desconto do 90% do prezo do billete sinxelo e o de ida e volta.
- Desconto do 50% do Global Flexible de Interrail de 10 días en 2 meses, cando se comercialice a través de Renfe.
Realmente case todos os nosos medos teñen unha crenza detrás que os orixina, o temor persistente e intenso, ás situacións sociais nas que alguén se pode sentir analizado polos demais.
O trastorno de ansiedade social previamente agrupouse dentro das demais Fobias específicas (medo a voar, ás alturas, ao sangue, agullas…) pero en 1980 foi recoñecido como un diagnóstico independente.
O artigo publicado en Chil Mind Institute “Consellos para menejar a ansiedade social”, tratan algunhas estratexias para combater ese temor a quedar en ridículo e entorpecer a túa vida.
Entre outros moitos artigos, recollemos dous publicados polo Centro de Saúde Mental mente A mente de Psiquiatría e Psicoloxía “Que é a fobia social e as súas causas” e “Ansiedade: causas, tipos e tratamento”
Outra poderosa emoción que afecta e limita é a vergoña, cando aparece de maneira persistente e excesiva pode desencadear dificultadas emocionais e psicolóxicas. Sobre este punto o Centro Clínico de Atención Psicolóxica “Área Humana” publica o artigo “Comprendendo a vergoña”.
Recorda que o servizo Quérote+da Xunta de Galicia ofrece asesoramento gratuíto á xuventude nas áreas máis vinculadas ao entendemento social e o crecemento persoal
A Universidade de Santiago de Compostela convoca prazas de aloxamento nas súas Residencias. O número total de prazas oferta a Universidade é de 910.
O SUR proporciona aloxamento ó estudiantado e demais membros da comunidade universitaria. Para apoiar isto a Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua, no primeiro trimestre de cada curso académico, convoca e adxudica bolsas de colaboración (biblioteca, informática, socioculturais, deportivas, etc.), ás que poden acceder residentes e colexiais.
Requisitos: estudantado de readmisión e de nova admisión de grao, de 1º, 2º Ciclo, de másteres universitarios oficiais, de programas de doutoramento, de cursos de posgrao propios, e investigadores en formación.
O prazo de solicitude permanecerá aberto ata as 14.00 horas do 27 de xuño de 2023.
Residencias do Campus de Santiago de Compostela:
Colexio Maior Fonseca. Tfno.: 881 814 376
Colexio Maior Rodríguez Cadarso. Tfno.: 881 814 354
Colexio Maior San Clemente. Tfno.: 881 814 312
Residencia Universitaria Burgo das Nacións. Tfno.: 881 811 952
Residencia Universitaria Monte da Condesa. Tfno.: 881 813 531
Residencias do Campus de Lugo:
Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay. Tfno: 982 824 300/301/302
Máis información en https://www.usc.gal/gl/servizos/area/residencias
Para acceder a estas ensinanzas será requisito imprescindible ter 16 anos no ano natural en que se comecen os estudos.
Poderán acceder, así mesmo, aquelas persoas que fixesen 14 anos, ou que os fagan antes do 31 de decembro de 2023, para seguir as ensinanzas dun idioma distinto do cursado na ESO como primeira lingua estranxeira.
O alumnado que desexe matricularse en español como lingua estranxeira deberá acreditar a súa condición de cidadán/á dun país en que a lingua española non sexa lingua oficial, aínda que teña tamén a nacionalidade española.
Poderase acceder directamente a un curso distinto de 1º de nivel básico a través das seguintes vías:
- Os certificados dos niveis básico A1, básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1 darán acceso, respectivamente, ás ensinanzas dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2.
- Para aquelas persoas que dispoñan de coñecementos previos do idioma en que queiran matricularse, as probas de clasificación permitirán a incorporación ao curso que corresponda, segundo o resultado obtido, dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2, avanzado C1 e avanzado C2.
As preinscricións realizaranse desde o 26 de xuño ao 9 de xullo en https://www.eoidigital.com/preinsxunta
Acceso por probas de clasificación.
As probas de clasificación teñen por obxecto facilitarlle ao alumnado que dispoña de coñecementos previos dun idioma, e non poida acreditalos, a incorporación a calquera curso e nivel desa lingua.
Terán dereito a realizar as probas de clasificación para cada idioma aquelas persoas que desexen acceder por primeira vez ás ensinanzas de idiomas na modalidade presencial.
Máis información no DOG do 31 de maio de 2023