A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado publica no DOG do 10 de outubro de 2022 a resolución de concesión de subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega do Programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido ás persoas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Fondo Social Europeo, programa operativo de emprego xuvenil.
Operación cofinanciada nun 80% polo Fondo Social Europeo no marco do POEX.
O FSE inviste no teu futuro.
Importe das axudas:
400 € para o carné B, 650 e para o Carné C e 1.300 € para o carné D (novidade nesta convocatoria)
Requisitos (no día de presentación da solicitude):
-Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D
- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
- Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Ter o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de decembro de 2021 e a data de presentación da solicitude.
Prazo e forma de presentación:
As solicitudes poden presentarse ata o 28 de outubro de 2022, obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365 ou DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Documentación que debe presentarse coa solicitude:
-Autorización temporal para conducir no caso de ter aprobado o/s carné/s pero que o documento aínda non fose expedido.
-Certificado/s de empadroamento histórico no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.
-Anexo II (certificado da autoescola ou centro de formación que reflicta a data da matriculación).
-Anexo III (cuestionarios relativos os indicadores de produtividade e de resultado inmediato).
Máis información no DOG do 28 de setembro de 2022
O Instituto de la Juventud (INJUVE) e o Consejo de la Juventud de España (CJE) colaboran no Programa de Diálogo con la Juventud.
Trátase de artellar as Embaixadas para o Diálogo coa Xuventude: grupos de mozos e mozas que buscan establecer procesos de diálogo entre a xente nova e os responsables administrativos con peso na toma de decisións en materia xuvenil. Para isto colaboran o NWG (Grupo Nacional de Traballo), os Consellos de xuventude locais e autonómicos, as Direccións Xerais de Xuventude e outras entidades.
Actualmente está a convocatoria aberta ata o 26 de setembro e as embaixadas formadas manteranse ata xullo de 2023. Para se inscribir basta con encher o formulario que segue: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSe9h-8OFbprrqJz3w36fpX8r5OBjFGGzJSLhUGPORS81Mst2g/viewform
Máis información en http://dialogojuventud.cje.org/
Donde podes usar o teu carné xove? que establecementos hai no teu concello?
Agora tes unha páxina web donde podes consultar todos os descontos que tes co teu carné xove, que coberturas ten o seguro de viaxe do teu carné e incluso descargar un carné xove virtual no teu teléfono móbil.
Lembra que podes visitar o museo dixital do programa Xuventude Crea
A través da web www.museoxuventudecrea.gal pódese acceder ás obras premiadas, desde 2018, nas distintas categorías deste certame de creación xuvenil, que recoñece a creatividade, a orixinalidade e o enxeño dos mozos galegos nun amplo abano de disciplinas.
Este novo espazo difunde os traballos premiados ao longo do programa en todas as súas especialidades, 14 actualmente: arte urbana, artes plásticas, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.
O obxectivo principal desta nova web é incrementar as oportunidades destes mozos e mozas para continuar a súa carreira artística de cara a abrirlles novas portas en salas de concertos, museos, teatros ou auditorios, por exemplo. De feito, esta non é a única estratexia de difusión do talento da mocidade realizada pola Administración autonómica, que tamén ten en marcha unha exposición itinerante cos mellores traballos presentados a este programa para promover por toda Galicia o talento xuvenil.
A Consellería de Política Social e Xuventude, en colaboración coas universidades de Santiago de Compostela, Vigo e A Coruña, favorece a difusión da información xuvenil entre o alumnado universitario a través do programa Correspondentes universitarios/as.
Este programa pretende difundir os programas, accións e iniciativas que a Xunta de Galicia e as universidades ofrecen á mocidade galega, así como outra información de interese, entre o alumnado das tres universidades. Serán os propios estudantes, como correspondentes universitarios/as, os encargados/as de transmitila, o cal favorece a súa participación activa tanto na elaboración como na difusión da información entre iguais.
Funcións das e dos correspondentes universitarias/os:
- Difundir entre o alumnado información sobre os programas e iniciativas para a xuventude que promova a Xunta de Galicia, as universidades e aqueles outros de interese que os mozos e mozas poidan coñecer a través dos medios ao seu alcance como redes sociais, medios de comunicación, páxinas web, etc.
- Xestionar regularmente un taboleiro ou sistema de divulgación da información no centro que lle asigne a Universidade que corresponda.
- Asistir ás reunións de coordinación que se convoquen, así como aos cursos de formación organizados pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación ou Voluntariado (en adiante DXXPV) ou as universidades, destinados ás e aos correspondentes universitarios/as.
- Organizar unha xornada de información xuvenil nalgún emprazamento do seu campus universitario, baixo o acompañamento e supervisión da DXXPV.
- Aquelas outras que supoñan a mellora na achega de información á mocidade.
Beneficios das e dos correspondentes universitarias/os:
- Recibir información xuvenil de interese para a comunidade universitaria.
- Recibir gratuitamente formación en materia de información xuvenil.
- Recibir gratuitamente o carné de alberguista, se lles interesa.
- Recoñecerlles o tempo dedicado como persoas voluntarias, así como a experiencia e competencias adquiridas, a través dun certificado de educación non formal en materia de xuventude.
- A USC expedirá unha certificación ao seu alumnado que acredite a participación en Correspondentes Universitarios para a solicitude de ata un máximo de 3 créditos, coa correspondencia de 1 ECTS por cada 25 horas, unha vez completado o protocolo por ela fixado.
- A UDC expedirá unha certificación aos seus estudantes que acredite a participación en Correspondentes Universitarios para a solicitude de ata un máximo de 3 créditos, coa correspondencia de 1 ECTS por cada 10 horas, por participación en actividades universitarias.
- A Universidade de Vigo convalidará ao seu alumnado o tempo de participación no programa por ata un máximo de 6 créditos, coa correspondencia de 1 ECTS por cada 30 horas, a partir do certificado expedido pola DXXPV.
Requisitos/obrigas das persoas solicitantes:
- Manter a condición de estudante dalgunha das titulacións das universidades de Santiago de Compostela, Vigo ou A Coruña durante todo o curso 2022/2023.
- Ter un máximo de 30 anos no momento da solicitude.
- Describir a motivación/razón pola que se inscriben no programa.
- Asistir, como mínimo, ao 80% das reunións de coordinación e seguimento convocadas pola DXXPV para poderen acreditar a súa participación como correspondentes no final do curso. Só se permitirán excepcións por causas médicas ou académicas debidamente xustificadas. A DXXPV emitirá un certificado oficial de asistencia a reunións ou actividades vinculadas ao programa para a súa xustificación ante unha posible ausencia académica.
- Organizar unha xornada de información xuvenil nalgún emprazamento do seu campus, baixo o acompañamento e supervisión da DXXPV. Unha data orientativa é a do 17 de abril, Día Europeo da Información Xuvenil.
- Cumprir os requisitos específicos que estableza cada Universidade para estes efectos. No caso da USC, para o recoñecemento do traballo dos Correspondentes Universitarios esíxese que estean inscritos no Rexistro de Persoal Voluntario desta institución. Para a solicitude de créditos, ata un máximo de 3 ECTS por ano académico, o alumnado participante deberá ter realizada a formación segundo o protocolo que se recolle no Acordo do Consello de Goberno da USC para o recoñecemento de créditos nos estudos de grao ao abeiro do artigo 12.8 do RD1393/2007 do 5 de xullo de 2016 xunto coa formación básica en materia de información xuvenil proporcionada polos técnicos da DXXPV.
A solicitude de participación farase a través do seguinte FORMULARIO
O prazo para solicitar a participación no programa estará aberto ata o 17 de outubro de 2022.
Anímate a participar!!
A Consellería de Política Social e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca un curso máis o programa Correspondentes Xuvenís coa pretensión de contar cunha antena informativa en cada centro educativo.
O equipo de Correspondentes Xuvenís será alumnado que se responsabilice de recoller a información que se lles envíe desde a Dirección Xeral de Xuventude, Espazo Xove ou OMIX do seu concello e de difundila entre o resto do alumnado do centro, contando co apoio do persoal do Servizo de Información Xuvenil e co profesorado participante no programa.
Os/as correspondentes terán as seguintes funcións:
- Difundir a información que reciban a través dos medios ao seu alcance: redes sociais, grupos de wahtsapp, web do IES, taboleiro informativo...
- Remitir a Xuventude información do seu centro ou do seu concello que poida ser de interese para correspondentes doutros puntos de Galicia.
Beneficios para os/as correspondentes:
- Poderán participar nos Encontros de Correspondentes Xuvenís que se organicen ao longo do curso.
- Recoñeceráselles a súa particapción cun Certificado de experiencias: Educación non formal en materia de Xuventude.
- Contarán con asesoramento para a posta en marcha do programa no seu centro educativo.
Beneficios para o profesorado colaborador:
O profesorado que participe a través do Plan Proxecta recibirá unha certificación da Consellería de Educación.
O programa Correspondentes Xuvenís pode solicitarse de dúas formas:
1. A través do Plan Proxecta da Consellería de Educación, ata o 26 de setembro de 2022.
2. Directamente coa Dirección Xeral de Xuventude, a través do Centro Coordinador de información xuvenil, ata o 30 de outubro de 2022. FORMULARIO DE SOLICITUDE
O formulario deberase enviar a informacion.xuventude@xunta.gal
Máis información no teléfono 881 997 606 e 881 997 602 e en http://www.edu.xunta.gal/portal/node/9626
Orde, do 10 de agosto de 2022, pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións individuais destinadas ao programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa dirixido a persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil con cargo ao Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil, e se procede á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento BS324A).
Esta orde, dotada con 550.000 euros e cofinanciada polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 80%, ten por obxecto establecer o procedemento de concesión de subvencións individuais para o programa de mobilidade transnacional xuvenil Galeuropa, para a realización de prácticas formativas non laborais por persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (en adiante SNGX) en entidades ou empresas públicas ou privadas en países europeos, co fin de mellorar as súas habilidades e competencias, enriquecer o currículum vitae e outorgar máis ferramentas de cara á futura inserción laboral.
O procedemento de concesión das subvencións será en réxime de concorrencia competitiva e conforme aos principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.
A finalidade do programa é fomentar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas inscritas no SNGX, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a súa incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que contribúen a aumentar a empregabilidade das persoas mozas.
As subvencións establecidas nesta orde regularanse a través do procedemento BS324A: subvencións individuais de mobilidade para a mocidade galega.
Poderán solicitar as axudas as persoas mozas que cumpran os seguintes requisitos na data de presentación da solicitude:
a) Ter feitos os 18 anos e non superar a idade máxima que estableza a normativa vixente do SNGX, de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia.
b) Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
c) Estar inscritas no SNGX e figurar como beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia na data de presentación da solicitude.
Prazo de presentación
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Deste xeito, o prazo rematará o 30 de setembro (incluído).
Lugar e forma de presentación
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Documentación a presentar
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Curriculum vitae modelo europeo en calquera dos idiomas oficiais de Galicia.
b) Anexo III, cos datos da empresa/entidade pública ou privada onde se realizarán as prácticas formativas non laborais.
No caso de non presentar este anexo coa solicitude, deberá ser remitido no prazo establecido no artigo 18.1.
c) Se procede, acreditación de violencia de xénero, por calquera dos medios recoñecidos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
d) Se procede, acreditación da situación de discapacidade cando non fose expedido na Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Se procede, informe acreditativo da situación de risco de exclusión social emitido polo Sistema galego dos servizos sociais.
f) O/os certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima exixida no artigo 4, no caso de que a última variación do padrón sexa inferior a un ano.
Se tes dúbidas sobre este programa podes contactarnos a través das seguintes vías:
- Teléfonos: 881-999567; 981-545822; 981-545937
- Correo electrónico: galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.gal
- Oficina de asesoramento virtual para a xuventude
Ademais, podemos poñerte en contacto con persoas mozas participantes en pasadas edicións de Galeuropa para que poidas consultar dúbidas prácticas, intercambiar contactos de interese ou coñecer posibles oportunidades nos diferentes países. Para iso, contacta con nós a través das vías anteriormente descritas e solicita contactar cos EMBAIXADORES GALEUROPA.
O período de realización de prácticas formativas non laborais nas empresas ou entidades de países europeos será como mínimo de 2 meses, agás causa xustificada motivada por escrito. Os meses non naturais (cando non comezan no primeiro día do mes) contaranse desde o día de inicio das prácticas do mes en curso ata o mesmo día do mes seguinte.
As prácticas poderán comezar a partir do día seguinte á notificación da resolución sempre que as persoas beneficiarias presenten o anexo II de aceptación da subvención e entreguen o anexo III de aceptación da empresa de prácticas.
As horas formativas terán unha duración mínima de 100 horas mensuais e un mínimo de catro días semanais de prácticas.
Data límite para rematar as prácticas formativas
Deberán finalizar, como data límite, o 22 de decembro de 2022. Prazo ampliado no DOG do 29 de setembro.
As contías das subvencións contemplan dous tipos de custos, que son os seguintes:
a) Gastos de mobilidade das persoas mozas participantes desde o día de inicio ata o día de remate das prácticas. Inclúe: o aloxamento e a manutención, os gastos de desprazamento e transporte
local no país de destino, o seguro de accidentes e responsabilidade civil, así como o seguro médico.
Este custos varían en función do lugar de realización das prácticas:
Paises | Custo mes/participante | Custo día/participante* | Países | Custo mes/participante | Custo día/participante* | |
Alemaña | 1.226€ | 40,31€ | Irlanda | 1.464€ | 48,13€ | |
Austria | 1.278€ | 42,02€ | Italia | 1.350€ | 44,38€ | |
Bélxica | 1.200€ | 39,45€ | Letonia | 920€ | 30,25€ | |
Bulgaria | 1.002€ | 32,94€ | Lituania | 906€ | 29,79€ | |
Chipre | 1.096€ | 36,03€ | Luxemburgo | 1.200€ | 39,45€ | |
Croacia | 1.041€ | 34,98€ | Malta | 1.088€ | 35,77€ | |
Dinamarca | 1.654€ | 54,38€ | P. Baixos | 1.322€ | 43,46€ | |
Eslovaquia | 1.058€ | 34,78€ | Polonia | 1.320€ | 43,40€ | |
Eslovenia | 1.042€ | 34,26€ | Portugal | 1.102€ | 36,23€ | |
Estonia | 954€ | 31,36€ | Azores e Madeira | 1.670€ | 54,90€ | |
Finlandia | 1.400€ | 46,03€ | R. Checa | 1.024€ | 33,67€ | |
Francia | 1.418€ | 46,62€ | R. Unido | 1.672€ | 54,97€ | |
Grecia |
1.120€ | 36,82€ | Romanía | 1.008€ | 33,14€ | |
Hungría | 914€ | 30,05€ | Suecia | 1.378€ | 45,30€ |
(*)Os custos por día só se aplicarán nos casos excepcionais nos que a duración das prácticas non comprenda meses completos, ou no caso no que haxa que aplicar descontos.
b) Apoio lingüístico: custo unitario de 150 euros por persoa moza solicitante.
Comprende os custos relacionados co apoio ás persoas mozas beneficiarias (antes da súa partida ou durante a súa estadía), co fin de mellorar o seu coñecemento da lingua que utilizarán para a realización da estadía formativa.
O apoio lingüístico refírese a unha formación en lingua estranxeira que require dun mínimo de 10 horas acreditadas por profesionais, con indicación do nivel ao que correspondan os contidos impartidos respecto do Marco Común Europeo de referencia das linguas, en adiante MCERL. O dito apoio require petición expresa por parte da persoa moza solicitante marcando o cadro correspondente do anexo I.
Cómpre lembrar que, para os efectos da subvención, non son subvencionables os días de viaxe (ida e volta) da persoa moza participante.
Poderá solicitarse un anticipo do 80% do importe da contía da subvención concedida, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á actividade subvencionada. O anticipo solicitarase unha vez que se sexa beneficiario coa presentación do anexo II de aceptación da axuda marcando o recadro previsto no mesmo.
A resolución definitiva coa relación de persoas mozas beneficiarias, excluídas, desestimadas, lista de agarda e renuncias será notificada mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e será obxecto de publicidade, con carácter complementario, na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado (http://xuventude.xunta.es).
Tras a notificación da resolución porase a disposición das persoas mozas beneficiarias, a través da aplicación informática Participa 1420, un cuestionario en formato electrónico para cubrir os datos relativos aos indicadores de produtividade que require o Fondo Social Europeo establecido no anexo I do Regulamento (UE) 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013.
A resolución comprenderá o acto de outorgamento da subvención que será efectiva desde o día seguinte ao da súa notificación. Malia isto, a efectividade da resolución estará condicionada a que a persoa beneficiaria a acepte expresamente e concrete a entidade ou empresa de realización da práctica (se non o fixo antes), mediante a entrega da seguinte documentación, no prazo de 10 días hábiles contados desde a recepción da notificación:
a) Anexo II cuberto aceptando ou renunciando á subvención no que se incluirá:
1o. En caso de aceptar a subvención, o número de conta bancaria co código IBAN da que sexa titular a persoa beneficiaria.
2o. Se é o caso, a solicitude do anticipo previsto no artigo 21, marcando o recadro previsto para o efecto.
b) Sempre que non o presentaran xa con anterioridade, anexo III ou compromiso da empresa ou entidade de prácticas, asinado por unha persoa responsable da dita empresa ou entidade prevista para
a realización destas.
O país de destino que se elixa na solicitude só poderá ser modificado logo de solicitude por escrito motivado, por outro que teña asignadas contías iguais ou inferiores. Excepcionalmente, poderá realizarse o cambio para outro país que teña asignada unha contía superior sempre e cando se reduza a duración da mobilidade (respectando o período medio de 2 meses) de tal maneira que o cambio non supoña un incremento da axuda concedida.
Segundo a orde de convocatoria, a xustificación da subvención presentarase con data límite do 30 de decembro de 2022.
Deberá achegarse a seguinte documentación:
a) Declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas competentes ou das entidades vinculadas ou dependentes (anexo VI)
b) Certificado emitido pola empresa ou entidade de prácticas no cal constará a efectiva realización das prácticas formativas non laborais da persoa beneficiaria, así como o período en que se desenvolveron, o número de horas formativas mensuais e as actividades levadas a cabo. Deberá estar debidamente asinado pola/s persoa/s da empresa ou entidade que exerceu a titoría das prácticas e mais a persoa que as realizou (anexo IV).
c) Proba documental de asistencia diaria ás prácticas, asinada pola/s persoa/s da empresa ou entidade que exerceu a titoría das prácticas e a persoa beneficiaria (anexo IV-bis).
d) Memoria de actividades, na que conste unha breve análise dos resultados obtidos respecto dos obxectivos perseguidos, resumo da experiencia na estadía formativa, destacando os aspectos socioculturais e lingüísticos, as destrezas e habilidades adquiridas, os atrancos atopados, o proveito obtido para a vida laboral e persoal e outras cuestións que se consideren de interese. Do mesmo xeito, de ser o caso, unha indicación das modificacións producidas nas estadías, se as houber, en canto á duración da mobilidade e posibles cambios de empresas ou entidades de prácticas, así como as causas que as motivaron (anexo V)
e) Se é o caso, a documentación que acredite o motivo xustificado que causou o abandono ou interrupción das prácticas ou a non realización do período mínimo establecido nesta convocatoria.
f) Se é o caso, documentación que acredite a lingua na cal se recibiu o apoio lingüístico, con indicación do nivel ao que correspondan os contidos impartidos respecto do MCERL. Deberá acreditar un mínimo de 10 horas, mediante documento asinado pola persoa profesional que impartiu o curso e pola persoa beneficiaria deste.
g) Unha reportaxe fotográfica que evidencie o lugar de realización das prácticas. Cada foto debe ir acompañada dunha breve memoria descritiva.
Unha vez recibida e comprobada a documentación xustificativa poderase proceder ao pagamento da subvención concedida. No caso de que o gasto xustificado sexa inferior ao orzamento da subvención e no caso de incumprimento de obrigas, a contía da subvención será minorada de maneira proporcional.
Se a persoa solicitou o pagamento anticipado do 80% da subvención concedida, o pago do 20% restante do importe concedido realizarase tras a presentación da xustificación final da subvención.
DOG do 29 de setembro no que se publica unha modificación das datas para a realización das práticas.
OUTRA INFORMACIÓN DE INTERESE (PDF)
Velaquí unha relación de entidades, organizacións e asociacións de ámbito xuvenil en varios países especializadas en proxectos europeos Erasmus+ Xuventude ou Cuerpo Europeo de Solidariedade, que poden ser de utilidade para as persoas participantes en Galeuropa co fin de planificar a súa estadía.
O curso de Vela adaptada é unha actuación da Xunta de Galicia co financiamento do Ministerio de Igualdade, en desenvolvemento do Plan Corresponsables. Esta acción formativa adaptada que porá en marcha A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e COGAMI, terá como finalidade apoiar e mellorar as capacidades e habilidades da persoas mozas con discapacidade.
Esta iniciativa formativa teórica e práctica vinculada ao mundo mariño ten como obxectivos:
- Apoiar o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas en xeral e dos mozos e mozas con discapacidade en particular; fomentar as súas capacidades e potenciar a autonomía e potencialidades.
- Fomentar a participación das persoas mozas con discapacidade na sociedade.
- Apoiar o proceso formativo da xuventude ofrecendo ferramentas para a adquisición de coñecementos para a formulación e desenvolvemento de proxectos que contemplen a globalidade da persoa con discapacidade e estimulen a súa autonomía.
- Sensibilizar sobre o papel activo que as persoas con discapacidade poden desempeñar na sociedade poñendo énfase nas súas capacidades e habilidades.
- Traballar con persoas con discapacidade aproveitando o traballo en equipo para que os participantes descubran as súas propias habilidades cara a súa inclusión.
Persoas destinatarias:
Persoas residentes en Galicia con discapacidade igual ou superior a un 33%, preferentemente maiores de 12 anos.
Datas:
5 e 6 de setembro.
Logo de confirmar a dispoñibilidade dos participantes inscritos e as condicións meteorolóxicas, as saídas aprazadas realizaranse mañá XOVES 8, e o próximo LUNS 12, en horario de 11 a 14h.
Prazas:
12 persoas (6 cada xornada).
Lugar de realización:
Ría de Muxía (A Coruña).
As persoas participantes deberá incorporarse á actividade na Mariña de Muxía, no porto de Muxía, R/Marina nº7 15124 Muxía. Os gastos de desprazamento ata o lugar de inicio da actividade correrán a cargo de cada persoa participante.
Actividades:
Bautismo de mar.
Formación teórica e práctica sobre conceptos básicos de vela.
Datas de inscrición:
Ata o 2 de setembro de 2022 ás 12h.
Inscrición:
Mediante formulario de inscrición.
Admisión:
Por rigorosa orde de inscrición.
As persoas seleccionadas recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación antes do 2 de setembro ás 12:00 h, entenderase que non se obtivo praza.
MÁIS INFORMACIÓN:
A mocidade galega, unha vez máis, ten a oportunidade de participar activamente no proceso de elaboración do novo Plan Estratéxico de Xuventude 2022-2027, posto en marcha pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Xuventude, co fin de deseñar a folla de ruta das políticas galegas en materia de xuventude dos vindeiros anos.
Todas as mozas e mozos galegos, nomeadamente con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos, poden facernos chegar a súa opinión contestando un cuestionario, anónimo e voluntario, no que se responderá sobre diversas cuestións que axudarán a deseñar políticas xuvenís adaptadas ás necesidades reais da mocidade galega.
O cuestionario de participación estará dispoñible nesta web de Xuventude ata o 30 de setembro de 2022.
A túa participación é importante! Responde ao cuestionario aquí.