En portada (1158)

A Xunta de Galicia pon en marcha a terceira edición do programa Primavera Xove, co fin de ofrecer actividades formativas e de lecer para a mocidade galega, así como un recurso de coidado para as familias galegas durante a Semana Santa e distintas fins de semana nos meses de marzo e abril, en instalacións da Xunta de Galicia.

Trátase dunha actuación da Xunta de Galicia co financiamento do Ministerio de Igualdade, en desenvolvemento do Plan Corresponsables.

O programa está dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 30 anos no momento de asistencia á quenda adxudicada.

Os grupos de participación dividiranse en dous tramos de idade: de 14 a 17 anos e de 18 a 30 anos.

As actividades comezarán a partir do 8 de marzo.

Ofértanse 580 prazas en 29 quendas, nos 6 programas que conforman a actividade, cun máximo de 20 prazas en cada unha das opcións.

A cota de participación será de 25 euros para as actividades de fin de semana e de 75 euros para as quendas de Semana Santa.

Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. As persoas participantes aboarán, nestes casos, 18,75 euros ou 56,25 euros

O desprazamento ata as instalacións onde se vai desenvolver o programa vai por conta das persoas que participan,tanto o día de incorporación como o día do remate da actividade.

MOI IMPORTANTE: O prazo de inscrición comeza o día 22 de febreiro ás 10.00 horas e será mediante o formulario en liña dispoñible nesta web.

No formulario só se poderá elixir unha quenda. As prazas asignaranse por estrita orde de chegada dos formularios.

 

 

 

Consulta aquí a toda a información do programa

Se queres ampliar a túa formación, habilidades comunicativas e mobilidade, os proxectos Erasmus+ Xuventude e Corpo Europeo de Solidariedade (CES) son boas opcións. Son varias as entidades galegas que cada ano promoven iniciativas, e conseguen financiamento europeo, no marco destes dous programas. Estas entidades poden ser as beneficiarias principais dos proxectos, e por tanto desenvolver estes en Galicia e no resto de España, ou ben formar parte doutros que se levan a cabo noutros países como entidades socias.

De cara a achegar toda esta información de relevancia á mocidade galega, neste espazo web daremos conta dos últimos proxectos aprobados a entidades galegas (ben como beneficiarias principais ou socias) nas diferentes convocatorias de Erasmus+ Xuventude e CES, así como doutros programas europeos que poidan resultar de interese. Trátase dunha táboa en constante cambio, que se irá mudando na medida que se dispoñan de novos datos.

 

 

Táboa de información sobre proxectos Erasmus+ Xuventude e CES con solicitude de participación activa

 

Tipo de programa Entidade (concello) Título e breve descrición do proxecto Nacional (in-country) ou internacional Poden participar mozos/as galegos? Lugar de realización da actividade Enlace do formulario de participación
Erasmus+ (Youth Exchange) Valdeorras Vive
(O Barco de Valdeorras)
Mindful Steps: an expedition through the Winter Way. Intercambio xuvenil no Bierzo e Valdeorras, onde se xuntan participantes de catro países para camiñar e descubrir xuntos o Camiño de Inverno, a ruta do Camiño de Santiago que atravesa a comarca, unha ruta na que se vai abordar a temática da saúde mental, os beneficios da peregrinación e a relación dos mozos coa natureza. Nacional, organizado por Valdeorras Vive xunto a catro asociacións europeas. Si. Itinerante: O Bierzo e Valdeorras https://forms.gle/fM17W1ot6YMQrbwJ8
Erasmus+ (Training Course) Valdeorras Vive
(O Barco de Valdeorras)
Terra Viva: inspiring entrepeneurship among rural youth. Curso de formación Erasmus+ que ten lugar en Peñalba de Santiago (O Bierzo), onde se reunen traballadores xuvenís e educadores de catro países para traballar na creación de proxectos de éxito en espazos rurais, con ferramentas educativas e exemplos prácticos para promover o emprendemento entre a mocidade. Nacional, organizado por Valdeorras Vive xunto a diferentes asociacións europeas. Si. Peñalba de Santiago.
(O Bierzo. León)
https://forms.gle/JSoevV2ZhymowGz68
Erasmus+ (Training Course) Valdeorras Vive
(O Barco de Valdeorras)
"Mind Matters": curso de formación en Enying (Hungría) sobre saúde mental, explorando temas como os trastornos máis habituais, o estigma e como apoiar aos mozos en situacións de risco. Un proxecto en colaboración con Európa Ifjúsága Egyesület. Internacional, organizado por Európa Ifjúsága Egyesület xunto a Valdeorras Vive coma asociación socia. Si. Hungría https://forms.gle/Kd5aLcMuJeXfj83fA
Erasmus+ (Training Course) Asociación Amicos (Boiro) Youth Digital Ambassadors for Rural Areas
Proxecto que busca formar en competencias dixitais e tecnolóxicas para motivar a persoas que traballan ou desexan traballar con xuventude
Nacional. Asociación Amicos participa como socia nun proxecto presentado e organizado por unha entidade de Lugo.(Lug Open Factory) Si, recomendase que teñan experiencia de traballo ou voluntariado con xuventude. Lugo Escribe a: Erasmus@amicos.org
Erasmus+ (Youth Exchange) Asociación Arousa Moza
(Vilagarcía de Arousa)
A actividade pretende fortalecer os lazos entre os mozos participantes e involucralos activamente cun proxecto de maior escala "European Youth Village program".
A asociación que desenvolve o proxecto é ADA.
Internacional. Si. Brasov, (Rumanía) https://forms.gle/6BKxUYPX74W3iy6Z9
CES Lug Open Factory
Lugo
Proxecto de voluntariado de 14 días de duración que busca traballar con mozos e mozas do rural Intenacional, LOF recibirá mozos e mozas do resto de Europa Si. Lugo Escribe a: Benvida@lugopenfactory.com
CES Fundación Condado de Taboada Proxecto de equipos de voluntariado de 1 mes de duración co fin de preprarar e implementar o "Festival da Solidariedade de Cambados" Catro organizaciòns internacionais e o Concello de Cambados participan como entidade de apoio para o envío de mozos/as ao proxecto. Si. Cambados, (Pontevedra) Escribe a: social@fundaciontaboada.org
Europa Crea Lug Open Factory
Lugo
ModulAct - Evento de ideación dentro do proxecto ModulAct Nacional, participarán nun evento de ideación organizado por LOF e USC Si. Lugo Escribe a:
Benvida@lugopenfactory.com
INTERREG ATLANTIC AREA VIDA LACTEA
Lugo
Proxecto de incubación transnacional de ideas e proxectos para a mocidade atlántica no ámbito da Economía Azul Transnacional Lugo, Santiago, Nantes, Saint-Nazaire, Dublin, Donegal, Santo Tirso, Arcos de Valdevez, Açores e Madeira Escribe al: info@vidalactea.com

A Xunta abriu esta semana o prazo de inscrición da quinta edición do programa Xuventude Mentoring, dirixido a asesorar e acompañar a mocidade na transición do ámbito académico ao emprego. A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta semana a empresa Galchimia, na Coruña, unha das participantes desta iniciativa.

A directora xeral lembrou que a mocidade interesada poderá enviar a súa solicitude para participar na quinta edición ata o 1 de marzo a través da páxina web habilitada para este programa.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, coñeceu de primeira man as actividades que se realizan no IES Fernando Blanco de Cee ao abeiro do programa Correspondentes Xuvenís da Xunta de Galicia. Unha vintena de estudantes de Formación Profesional Básica deste centro participan nesta iniciativa, que tamén conta co apoio de profesorado.

A proposta que os correspondentes deste instituto están a levar a cabo denomínase Acadix (Actividade, Convivencia, Aprendizaxe, Diversidade, Igualdade e Xénero). Ademais, este alumnado encárgase de informar aos seus compañeiros de programas, axudas e iniciativas no ámbito da xuventude que son do seu interese.

Cristina Pichel destacou que este programa axuda a potenciar as habilidades comunicativas e sociais dos estudantes, favorece que asuman responsabilidades e transmite valores como a colaboración ou o liderado. A xente moza que actúa como correspondente recoñécese a súa participación cun certificado de experiencias en educación non formal en materia de xuventude.

Importe das axudas:

400 € para o carné B, 650 e para o Carné C e 1.300 € para o carné D

Requisitos das persoas mozas no momento de presentar a solicitude:

- Ter feitos os 18 anos , sen prexuízo da idade mínima para a obtención dos permisos de clase C e D, e non ter feitos os 31.

- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.

- Non estar traballando por conta propia nin allea.

- Ter aprobado o/os permiso/s de conducir para o/os cales se solicita esta axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2023 e a data de presentación da solicitude.

Prazo e forma de presentación:

As solicitudes poden presentarse desde o día seguinte ao da publicación da orde no DOG ata o día 30 de setembro de 2024, salvo que se produza con anterioridade o esgotamento do crédito dispoñible.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos (Chave 365, DNI electrónico ou calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Documentación que debe presentarse coa solicitude:

- Autorización temporal para conducir expedida pola Dirección Xeral de Tráfico, no caso de que a persoa solicitante teña aprobado o/s carné/s obxecto da solicitude pero o documento aínda non fose expedido.

- O/s certificado/s de empadroamento histórico que acredite/n a antigüidade mínima esixida, no caso de que a última variación padroal sexa inferior a 1 ano.

 

 

 

 

A Rede de Espazos Xoves de Galicia está formada por 12 casas que ofrecen un variado programa de actividades de ocio educativo para a mocidade. Tes toda a súa información nas redes sociais dos distintos centros, así como por vía telefónica ou mesmo de mensaxería.

Por exemplo, no Espazo Xove de Pontedeume, visitado onte pola Directora Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, a programación deste mes de xaneiro ofrece torneos de pimpón, a creación dun mural colaborativo polo Día da Paz e xogos de mesa durante as tardes dos mércores e venres.

Durante a súa vista, a Directora Xeral lembrou que estes centros abren agora tamén aos sábados para que a xuventude conte con opcións de ocio saudable durante as fins de semana.

A continuación deixámosvos as ligazóns do Instagram dos 12 Espazos Xoves. Desfrutádeos!

@espazoxovebetanzos
@espazoxovecarballo
@espazoxovecurtis
@espazoxove_noia
@espazoxove_pontedeume
@espazoxovechantada
@espazoxovevilalba
@espazoxove_viveiro
@espazoxove_ourense
@espazoxovelalin
@espazoxovetui
@espazoxovevilagarcia

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou na Asamblea da Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ), que conforman o conxunto de comunidades autónomas e na que, entre outras cuestións, se acordou a incorporación do Albergue de Allariz, xestionado pola Federación de Centros Xuvenís Don Bosco de Galicia.
 
Cómpre destacar que hai máis de 300 albergues en España adheridos a esta rede e máis de 4.000 en todo o mundo e, a maiores, formar parte da REAJ implica poder participar nos programas e iniciativas que anualmente se convocan, como son as liñas de axuda para a mellora da sostibilidade ou accesibilidade das instalacións.
 
Por outro lado, a directora xeral tamén participou no Consello Reitor da ANE (Axencia Nacional Española) para abordar os programas Erasmus+ Xuventude e Corpo Europeo de Solidariedade de cara ao ano 2024, conxuntamente co resto de comunidades autónomas e Injuve.
 
Neste 2023, as cifras de concesión a entidades galegas alcanzaron os 58 proxectos, que mobilizaron máis de 1.800 participantes mozos/as e case 2 millóns de euros de financiamento.
 
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou no Encontro de Correspondentes Xuvenís celebrado en Mondariz-Balneario, en Bergondo e en Allariz.
 
Destaca a implicación de alumnado e profesorado neste programa, no que actúan como difusores de axudas, iniciativas e actividades de interese nos seus centros de ensino.
  
Arredor de 270 estudantes dunha trintena de centros se dan cita, en horario de mañá e tarde, nestes encontros de carácter formativo, que se celebran no Complexo CEMAR de Mondariz-Balenario e nos albergues xuvenís de Allariz e Mariña Española en Bergondo.
 
Cristina Pichel agradeceu a implicación de alumnos e profesores neste programa, e destacou tanto o labor informativo como de dinamización do día a día que realizan nos seus centros. Ao respecto, puxo en valor a importancia dos ‘correspondentes xuvenís’ para achegar aos seus compañeiros e amigos toda a información que lles interesa e que lles é de utilidade.
 
A directora xeral destacou que o programa Correspondentes Xuvenís é tamén unha ferramenta para mellorar as habilidades comunicativas e sociais da xente nova, favorece que asuman responsabilidades e potencia valores como a colaboración ou o liderado. Ademais, aos alumnos que fan nos seus centros de ‘correspondentes’ recoñéceselles a súa participación cun certificado de experiencias en educación non formal en materia de xuventude.
 
O programa dos encontros de incluiu formación no manexo de redes sociais, comunicación, oratoria, e a desinformación e a intelixencia artificial. Así mesmo, os participantes tiveron que preparar unha exposición para expoñer en público.
 

O 5 de decembro conmemórase o Día Internacional do Voluntariado, unha data que busca resaltar o importante labor que realizan todas aquelas persoas que deciden de forma desinteresada tender unha man amiga para facer do noso mundo un lugarvoluntariado forges mellor.

Por que ser voluntario/a?
1. Fainos sentir mellor con nós mesmos/as.
2. Alimenta a creatividade.
3. Aumenta o grao de motivación e de autoestima.
4. Acrecenta o sentimento de pertenza.
5. Aporta habilidades de traballo en equipo.
6. Mellora as nosas capacidades profesionais.
7. Dá acceso ao Certificado de Experiencias Voluntarias, cada vez máis valorado no mercado laboral.

Queres ser unha persoa voluntaria? Explora as oportunidades que ofrece a Xunta de Galicia.

https://voluntariadogalego.org/

A Xunta de Galicia a través de Quérote+ súmase ao Día mundial da Sida quelideren

O lema de ONUSIDA deste ano é: "Que lideren as comunidades. O cambio non depende dun momento, senón do movemento"

 

Podemos frear a SIDA