PROGRAMA XUVENTUDE MENTORING
Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoring destinado a persoas mozas tituladas e inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil na Comunidade Autónoma de Galicia.
Trátase dun programa pioneiro promovido pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia e o Cixug, en colaboración coas tres universidades galegas, e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil, nun 91,89%, con cargo ao Programa Operativo de Emprego Xuvenil, para o período 2014-2020, no eixe prioritario 5, obxectivo temático 8, prioridade de investimento 8.2, obxectivo específico 8.2.1, medida 8.2.1.1.
POR QUE?
Porque queremos favorecer a transición á vida laboral das persoas mozas con estudos de grao ou de formación profesional.
O programa está destinado á mellora das habilidades e competencias para a busca de emprego, tanto por conta propia como por conta allea, a través de accións formativas, actividades de networking e dunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego, que ofrecerán asesoramento e apoio.
COMO?
A través das seguintes accións:
- Traballo con persoas mentoras: asesoramento e apoio para a busca de emprego, por conta allea ou por conta propia, coa titorización dunha persoa mentora. Cada participante terá, polo menos, 4 reunións co seu mentor ou mentora, de forma presencial ou telemática.
- Actividades formativas: de maneira presencial. semipresencial ou en liña, dirixidas a desenvolver habilidades e competencias clave para o teu futuro desenvolvemento profesional.
- Asistencia a eventos e visitas a empresas destinadas a mellorar a empregabilidade e establecer unha rede de contactos (networking).
- Seguimento e asesoramento continuado por parte do equipo especializado do programa.
PARA?
As persoas destinatarias do programa deberán cumprir os seguintes requisitos:
- Ter rematados os estudos universitarios ou de formación profesional nunha universidade ou centro de estudos galego.
- Estar inscritas e ser beneficiarias do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da comunidade autónoma de Galicia no momento de iniciar as accións do programa.
- Ter máis de 18 e menos de 30 anos e 4 meses.
Para a edición 2021 deste programa ofértanse 350 prazas!
CANDO?
As accións do programa desenvolveranse entresetembro e decembro de 2021.
INSCRICIÓN E INFORMACIÓN
O prazo para a inscrición está abertoata o 10 de setembro a través sun sinxelo formulario en liña dispoñible aquí:
https://xuventudementoring.
Se queres ampliar información ou solucionar as túas dúbidas sobre o programa podes escribir ao correo:
Tamén podes contactar co equipo de titores/as do programa. Esta é a relación segunda a localización dos seus centros, aínda que o programa ten ámbito autonómico:
A Coruña:
José Grandal: 722 255 368
Natalia Barro: 722 134 195
Luisa Campos: 722 252 827
Santiago de Compostela:
Francisco Abuín: 722 259 234
Yesica Gutiérrez: 613 115 773
Enrique Díaz: 722 248 111
Vigo:
Sarai Rodríguez: 722 290 317
Iria Castellanos: 633 638 944
Sari Costas: 722 253 691
Máis información https://xportal.cixug.gal/