xuventudecrea2016 1A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado convoca o Programa Xuventude Crea nas especialidades deteatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda e cociña.

Poderán participar mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade feitos no ano 2016.
Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.

Oprazode presentación de solicitudes estará aberto ata o30 de xuño de 2016.

Premiospor cada unha das especialidades:
– Un primeiro premio de 3.000 €.
– Un segundo premio de 1.500 €.
– Un terceiro premio de 1.000 €.
As obras das persoas participantes premiadas quedarán en posesión da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Teatro:
Poderán concorrer grupos teatrais, non profesionais, compostos por mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2016. Admitirase que ata un 25% dos/as compoñentes do grupo supere os 30 anos ou teñan entre os 14 e 16 anos.

Artes plásticas:
Establécense as seguintes modalidades: pintura e escultura.
Deberase presentar unha ou varias fotografías en cor ou branco e negro da obra presentada, adheridas a un folio (preferentemente DIN A-4) e tamén en CD.  No caso de obras escultóricas, as fotografías deberán presentarse desde diferentes perspectivas para que se poida realizar a valoración adecuada delas.

Fotografía:
As persoas participantes presentarán Unha ou varias fotografías en cor ou branco e negro da obra presentada, adheridas a un folio (preferentemente DIN A-4) e tamén en CD. As obras orixinais serán requiridas ás persoas participantes só no caso de que fosen seleccionadas para a exposición ou previamente cando, a xuízo da comisión, sexa necesario velas co fin de outorgar os premios.

Música:
Poderán concorrer solistas e grupos de pop, folk, rock, hip-hop e demais variedades de música contemporánea.
Admitirase que ata un 25% dos/as compoñentes do grupo supere os 30 anos. Tamén poderá superar a idade máxima a persoa que desenvolva a función de acompañamento musical cos/as participantes que se presenten como solistas.

Relato breve:
As obras serán orixinais, inéditas e en galego.
O tema será libre.
As obras, que deberán estar feitas a ordenador, terán unha extensión mínima de 5 páxinas e máxima de 10, mecanografadas a dobre espazo e por unha soa cara, en DIN-A4, e en tamaño 12. As follas estarán numeradas e encadernadas e presentaranse en único exemplar. As obras deberán presentarse tamén en CD.

Poesía:
As obras serán orixinais, inéditas e en galego.
O tema e a técnica serán libres.
As obras, que deberán estar feitas a ordenador, terán unha extensión mínima de 50 versos e máxima de 100, a dobre espazo e por unha soa cara, en DIN-A4 e en tamaño 12. As follas estarán numeradas e encadernadas e presentaranse en único exemplar. As obras deberán presentarse tamén en CD.

Videocreación:
As obras serán orixinais, inéditas e en galego.
Quedan excluídas deste certame todas as obras que teñan concedidas axudas económicas da Administración autonómica para a súa realización, no momento do remate do prazo de presentación de solicitudes.
O tema será libre, máis deberá dar prioridade aos contidos artísticos e culturais dunha maneira innovadora e experimental. Enténdese por experimental a obra que se sitúa fora dos códigos convencionais, que aposta por fórmulas audiovisuais onde se dá prioridade á subxectividade.

Banda deseñada:
As obras serán orixinais e inéditas.
A temática será libre, con textos en galego.
A técnica pode ser calquera, feita en branco e negro ou en cor.
O formato deberá ser en DIN A-4 ou DIN A-3 e a extensión mínima terá que ser de 10 páxinas. En caso de que a obra fose feita en formato dixital, á parte dunha versión impresa deberá xuntarse un CD ou DVD cos arquivos orixinais.
Cada obra deberá levar pseudónimo e título.

Graffiti:
As obras serán orixinais, inéditas e, de ter texto, este estará en galego.
O tema e a técnica serán libres.
Os traballos poderán ser individuais ou en grupo, neste último caso poderán ter un máximo de 3 membros.

Deseño de xoias:
A colección debe ser orixinal e estará composta por 3 xoias. O acabamento das pezas debe traballarse en metal con pezas de xoiaría, excluíndo a utilización de fornituras compradas.
Os/as participantes presentarán unha fotografía de cada unha das 3 xoias que poderán ser tanto para home como para muller.

Moda:
As coleccións deben ser orixinais.
Os/as participantes presentarán unha colección coherente de 5 modelos de home ou muller. Terá que definir o tecido utilizado e os complementos para cada un dos modelos presentados. Presentaranse estes deseños en láminas de formato DIN A-3 (297 mm x 420 mm), con deseño de fronte e de costas.
Ficha técnica da colección e mostras dos tecidos que se empregarán na súa confección.

Cociña:
Os traballos poderán ser individuais ou en grupo, neste último caso poderán ter un máximo de 3 membros.
Só se admitirá unha receita por participante, sexa individual ou en grupo.
A receita presentada por cada participante –individual ou en grupo- pode ser a elaboración dun prato salgado ou doce. A base do prato será a utilización de produtos avalados polas diferentes denominacións de orixe de Galicia ou ben pola Federación de Prazas de Abastos de Galicia.
As persoas participantes presentarán:
a) A receita, que deberá estar escrita en lingua galega, terá que incluír o título do prato, a relación de ingredientes –avalados, prioritariamente, por algunha das denominacións de orixe de Galicia– e o proceso de elaboración.
b) Unha ou varias fotografías en cor ou branco e negro da obra presentada, adheridas a un folio (preferentemente DIN A-4) e tamén en CD.
O tempo de elaboración do prato non poderá exceder as 2 horas.

Máis información noDOG do 22 de abril de 2016e enhttps://sede.xunta.es/co procedementoBS310Q

  • A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, presentou no Espazo Xove de Ourense unha nova edición do certame
  • A Consellería de Política Social presentou o pasado xoves no Consello da Xunta o informe sobre o programa de creatividade xuvenil que premiou con máis de 230.000 euros o talento de 168 mozos e mozas dende o ano 2012

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado presentou na mañá de hoxe unha nova edición do certame Xuventude Crea que no ano 2016 contará cun orzamento de 112.778 euros “para premiar o talento de arredor de 40 novos autores de 12 especialidades distintas na maior manifestación das posibilidades creativas da mocidade galega”.

No Espazo Xove de Ourense, Cecilia Vázquez lembrou que Xuventude Crea conta co obxectivo de “fomentar a creatividade xuvenil”. Grazas a este certame, “os mozos e as mozas poden exercitar as súas habilidades, ensaiar solucións innovadoras, valorar o exame crítico das súas obras e outorgarlles visibilidade”, engadiu.

Na convocatoria deste ano poderán participar mozos e mozas galegos ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. Cada unha das especialidades contará con tres premios: o primeiro, de 3.000 euros; o segundo, de 1.500; e o terceiro, de 1.000 euros. O certame ten 12 especialidades: teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, moda, deseño de xoias e cociña, sendo esta última a gran novidade xa que esta especialidade nunca formou parte do Xuventude Crea. Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual. Ademais, todas as obras terán que ser en galego, orixinais e inéditas. O xurado estará composto por profesionais que ocupan postos de decisión en cada un dos sectores implicados no concurso. O prazo de presentación dos proxectos remata o 30 de xuño. As bases do concurso pódense consultar no Diario Oficial de Galicia do pasado venres, 22 de abril de 2016.

Informe no Consello da Xunta

A Consellería de Política Social presentou o pasado xoves no Consello da Xunta o informe sobre o programa de creatividade xuvenil Xuventude Crea, que premiou con máis de 230.000 euros o talento de 168 mozos e mozas dende o ano 2012.

O informe presentado establece que, entre 2012 e 2015, o programa Xuventude Crea contou cun orzamento de 361.712 euros, cun total de 984 proxectos presentados e con 168 premiados. A suma do importe dos premios ascende a 236.500 euros. Así mesmo, se fixo entrega de 28 mencións de honra sen dotación económica.

Coa continuidade deste programa, a Xunta de Galicia dá cumprimento ao artigo 9 da Lei 6/2012, do 19 de xuño, de Xuventude de Galicia, xa que se fomenta o espírito emprendedor, potenciando entre a xuventude un sistema de actitudes e preocupacións do que forman parte a iniciativa propia, a responsabilidade, a planificación de obxectivos vitais ou o compromiso entre outros valores. Así mesmo, a través deste e doutros programas, a administración autonómica adopta accións tendentes a que a xuventude teña facilidades de creación do seu propio posto de traballo.

Xuventude Crea tamén se inscribe no Plan Estratéxico de Xuventude de Galicia 2014-2016, Horizonte 2020, que ten como un dos seus eixos principais o fomento da creatividade.

xuventudecrea2016 1A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convídavos a participar neste certame galego de creadores novos, que inclúe as especialidades de teatro, artes plásticas, fotografía, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, deseño de xoias, moda e cociña.

Se queres participar, aquí podes revisar asbases do certame

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día30 de xuño de 2016.

A quen vai dirixido?

  • Poderán solicitar a participación os mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos de idade cumpridos no ano 2016.
  • Non poderán participar nunha especialidade aquelas persoas que gañasen o primeiro premio desa mesma especialidade na edición do ano anterior.
  • Enténdese por profesional aquela persoa que mantén unha relación contractual permanente ou ocasional con algunha empresa vinculada á especialidade concreta na que solicita participar levando a cabo traballos directamente relacionados con ela, ou que está dada de alta como autónomo/a nunha actividade que teña unha relación directa coa citada especialidade.
  • Salvo no caso das especialidades de teatro, música, banda deseñada e graffiti, a participación será sempre a título individual.

Máis información:

981 541 689 / 981 545 702

roteiros.ctb@xunta.es