aula naturalezaO Ministerio de Educación convoca 400 axudas para parrticipar no programa "Aulas da Natureza" durante 2016.

Beneficiarios.
Alumnado que non presente necesidades educativas especiais: Estar a cursar 5º ou 6º curso de Educación Primaria ou 1º de Educación Secundaria Obrigatoria e ter unha idade comprendida entre os 11 e 13 anos a data 31 de decembro de 2016.
Alumnado que presente necesidades educativas especiais: ter unha idade comprendida entre os 11 e 16 anos a data 31 de decembro de 2016.
(Previamente, os alumnos achegarían aos seus centros educativos a documentación necesaria antes do día 10 de maio).

Oprazode presentación de solicitudes estará aberto ata o 17 de maio de 2016.

Máis información no BOE do 30 de abril de 2016 e en http://www.educacion.es/

Cento vinte alumnos dos CEIP de A Lomba (Vilagarcía de Arousa), Fontiñas (Santiago de Compostela) e Virxe de Cela (Monfero), participaron na Cidade da Cultura no I Encontro do Proxecto Móvete de dinamización do voluntariado entre o alumnado dos primeiros cursos de educación primaria.

Ao longo da mañá, as nenas e nenos participantes presentaron os proxectos de voluntariado que desenvolveron ao longo deste curso escolar, que tiveron como temática o desenvolvemento rural, a protección dos dereitos dos animais e o coñecemento da realidade social da contorna. O evento finalizou cun concerto de Paco Nogueiras, onde se interpretou o tema “Móvete”, himno oficial do proxecto.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, que participou nesta iniciativa, afirmou que Móvete “pretende ser o instrumento primixenio para a primeira formación dos máis novos nos valores asociados ao voluntariado e á solidariedade dende un contexto lúdico e vinculado á música como elemento de motivación”.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado ofrece un itinerario de voluntariado integral e completo para todas as idades, de tal xeito que se inicia en Primaria con Móvete, segue con Pasaporte Solidario –dirixido a rapaces e rapazas de ata 12 anos-, continúa coa Rede de Centros Solidarios para estudantes de Secundaria, e complétase co Servizo de Voluntariado Xuvenil, que se prolonga ata os 30 anos.