"A túa Carreira Dixital" é un proxecto de Adecco, xunto a Red.es, para transformar as traxectorias profesionais de persoas mozas e enfocalas ao ámbito dixital.
Consiste en cursos gratuítos en competencias dixitais para mozas e mozos de toda España que abarcan as disciplinas máis demandadas do mercado como: Marketing Dixital; Programación Web Full Stack e Programación de Videoxogos, Deseño 3D e Realidade Virtual.
As formacións son presenciais ao longo de todo o territorio nacional. Non é necesario ter coñecementos previos, pero si é necesario que estar rexistrados no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Ademais de capacitarlles profesionalmente, o obxectivo é que os mozos atopen un emprego tras a finalización destes cursos, participando en sesións de empregabilidade. Outro dos focos é captar a mulleres para a realización destes cursos, eliminando a brecha que existe nas profesións STEM sobre este colectivo.
Requisitos
- Maiores de 16 anos e menores de 30 anos.
- Non estar nin estudando nin traballando.
- Estar rexistrado/a no Sistema de Garantía Xuvenil.
- Interesados/as nas novas profesionais dixitais e tecnolóxicas.
- Non é necesaria formación específica nin titulación previa.
Reiníciate: enfoca o teu futuro, é un programa de emprego xuvenil dirixida á mocidade de entre 16 e 30 anos da provincia de Lugo en situación de desemprego e inscrita no Sistema de Garantía Xuvenil.
O Reiníciate inclúe ata tres meses de prácticas non laborais remuneradas. O alumnado poderá completar a súa formación tanto en empresas como en asociacións da provincia cobrando uns 700€ ao mes durante este período.
A formación está dirixida, principalmente, á adquisición de coñecementos e tarefas vencelladas ás novas tecnoloxías, á dixitalización e á administración electrónica. Os contidos das 23 accións centraranse nas ramas de: community manager e márketing dixital, xestión informática para pemes e asociacións, xestión informática para licitacións públicas, xestión comercial e redes sociais.
Estes programas estanse a impartir de maneira semipresencial, co obxectivo de facilitar que o alumnado poida recibir formación dende calquera punto da provincia, dándolles un trato personalizado e fomentado o traballo en equipo.
As inscricións pódense facer na web https://empleojovenlugo.es/
A Casa Xohana Torres en Santiago de Compostela convoca dúas actividades socioeducativas:
Xoves - 20 de xaneiro (19:00 – 21:00) FALADOIRO «En primeira persoa: traxectorias da violencia machista»
Sábado – 22 de xaneiro (11:00 – 14:00) OBRADOIRO: «Dor e Pracer. Reaprendendo da nosa sexualidade con endometriose». Imparte
QuerENDO, este obradoiro aboradará a vivencia da sexualidade en persoas con endometriose.
Estas actividades desenvolveranse de forma PRESENCIAL na Casa Xohana Torres, polo que as PRAZAS serán LIMITADAS.
A INSCRIPCIÓN pode facerse a través deste enlace: https://form.typeform.com/to/yh83xrwP
Para máis informacións podeis contactar no téfono 608 710 978 ou no correo electrónico casaxt@santiagodecompostela.gal
A Consellería de Cultura, Educación e Universidades ven de publicar Orde do 17 de decembro de 2021 pola que se regulan as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo, e se convocan para o ano 2022 (códigos de procedemento ED312C e ED312D).
As probas de acceso aos ciclos formativos de Grao Medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.
As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de bacharelato nin un título de técnico de formación profesional, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, a posibilidade
de continuar formándose en ciclos de formación profesional de grao superior, coa madureza e a idoneidade suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.
Información e orientación sobre as probas de acceso:
Todos os institutos de educación secundaria que impartan ciclos formativos de formación profesional e os centros integrados de formación profesional deberán ofrecer ás persoas interesadas información e orientación sobre estas ensinanzas, así como sobre o procedemento de inscrición e desenvolvemento das probas de acceso.
Proba de acceso ao Grao Medio, requisitos das persoas participantes:
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoasque non cumpran os requisitos académicos exixidos para accederen a eles e teñan dezaseteanos ou os fagan no ano natural de realización da proba.
Proba de acceso ao Grao Superior, requisitos das persoas participantes:
Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao superior as persoasque non cumpran os requisitos académicos exixidos para acceder a eles e teñandezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba.
Prazos de presentación de solicitudes:
- Probas de acceso a ciclos formativos de Grao Medio: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 3 e 16 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
- Probas de acceso a ciclos formativos de Grao Superior: O prazo de presentación estará abranguido entre os días 31 de xaneiro e 11 de febreiro de 2022, ambos os dous incluídos.
Máis información en edu.xunta.gal/fp
O programa está promovido pola EOI e a Deputación de Lugo. Dará comezo o próximo 10 de Xaneiro e prolongarase ao longo do ano.
Está destinado a:
- Mozos e mozas desempregados da provincia de Lugo.
- Idade entre 16 e 30 anos.
- Inscritos/as no Sistema de Garantía Xuvenil.
Neste programa o alumno poderá completar a súa formación en empresas ou en asociacións da provincia de Lugo facendo prácticas remuneradas.
Pódense ver todos estes programas, con datas de inicio, na páxina web https://empleojovenlugo.es
A Dirección Xeral de Tráfico convoca un curso para obter o certificado de aptitude de Profesor de Formación Viaria.
O prazo de solicitudes é de un mes desde a publicación da convocatoria no BOE Núm. 311 Martes 28 de decembro de 2021.
Requisitos para tomar parte no curso:
a) Estar en posesión do título de Educación Secundaria Obrigatoria ou de Técnico (Formación Profesional de Grao Medio) ou acreditar documentalmente que se posúen estudos equivalentes ou superiores.
b) Ser titular do permiso de condución da clase B, polo menos, en vigor, que habilita para conducir vehículos con cambio de marchas manual, cunha antigüidade mínima de dous anos.
c) Posuír as condicións psicofísicas e psicotécnicas que actualmente se esixen ao grupo 2 de condutores, segundo o disposto no artigo 45 do Regulamento Xeral de Condutores. Por excepción, quen, sen posuílas, estean en posesión dun permiso de clase B ou un permiso extraordinario da clase B, suxeito a condicións restritivas con, polo menos, unha antigüidade mínima de dous anos, obtido ao amparo do disposto no artigo 7.2 do Regulamento Xeral de Condutores, aprobado por Real Decreto 818/2009, do 8 de maio, poderán obter un Certificado de Aptitude de Profesor de Formación Viaria limitado a ensinos de carácter teórico.
Os titulares destes certificados de aptitude que acrediten posuír as aptitudes psicofísicas esixidas ao grupo 2 de condutores, poderán optar á obtención dun título sen limitacións acreditando a superación da proba previa práctica, e da fase de presenza.
Devanditos requisitos deberán cumprirse o día en que finalice o prazo de presentación de instancias e continuar vixentes durante todo o proceso formativo.
O Grupo Método ofrece varios cursos AFDs (Accións Formativas para Desempregados) subvencionados pola Consellería de Emprego e Igualdade e o SEPE (Servizo Público de Empleo Estatal).
- Certificado de Profesionalidade Nivel 3. IFCT0410 Administración e deseño de redes departamentais. Modalidade presencial en Vigo.
- Certificado de Profesionalidade Nivel 2. IFCT0210 Operación de sistemas informáticos. Modalidade presencialen Vigo.
- Certificado de profesionalidade de NIVEL 3. IFCD0211 Sistemas de xestión da información. Modalidade presencial en A Coruña.
- Certificado de profesionalidade de NIVEL 2. IFCD0110 Confección e publicación de páxinas web Curso en modalidade presencialen A Coruña.
- Curso de Loxística integral (COML03). Nivel 3. Modalidade presencial en Vigo.
- Curso COML03 Loxística integral. Nivel 3. Modalidade presencial en Teo (Os Tilos).
- Curso IFCD44. Nivel 3. Desenvolvemento de software con metodoloxías áxiles Scrum Modalidade presencial en Teo (Os Tilos).
- Curso IFCT38. Nivel 3. Community manager. Ferramentas, analítica e informes Modalidade presencial en Teo (Os Tilos).
Requisitos para acceder aos Certificados Profesionais e Cursos de NIVEL 2:
. Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
. Certificado de profesionalidade de nivel 2.
. Certificado de profesionalidade de nivel 1 da mesma familia e área profesional.
. Cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao medio ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
. Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
. Ter as competencias clave necesarias, de acordo co recolleito no anexo IV do real decreto 34/2008, para cursar con aproveitamento a formación correspondente ao certificado de profesionalidade.
Requisitos para acceder aos Certificados Profesionais e Cursos de NIVEL 3:
. Título de Bacharelato
. Certificado de profesionalidade de nivel 3.
. Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional.
. Cumprir o requisito académico de acceso ós ciclos formativos de grado superior ou ben ter superado as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas.
. Ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos.
. Ter as competencias chave necesarias, de acordo co recollido no anexo IV do real decreto 34/2008, para cursar con aproveitamento a formación correspondente ó certificado de profesionalidade.
Máis información en Método Formación
Teléfonos: 986 113 808 / 900 812 902
Wasap 604 088 706
Rede Araña ofréceche módulos formativos on line de catro horas cada un dirixidos a mocidade de entre 18 e 30 anos que se atope desempregada.
Contidos:
- Marca persoal 2.0
- Redes sociais para a procura de emprego.
- Selección de persoal 2.0: os novos procesos de selección de persoal.
Estas formacións versan sobre os novos procesos de selección de persoal e como se foron adaptando as redes sociais e as ferramentas dixitais na procura de emprego.
En horario de mañá ou tarde, dependendo da túa dispoñibilidade.
Todos os módulos son gratuítos e independentes entre si, podes asistir a un ou varios.
Os talleres teñen como obxectivo fomentar e mellorar a empregabilidade das persoas que participen na actividade.
Máis información
info@empleoenred.org
Teléfono: 91 5255099
Whats App: 623 207 656
Red.es, entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, activou os seus dous programas formativos orientados a mellorar a empregabilidade mediante formación TIC.
Os programas están dirixidos a persoas en situación de desemprego e mocidade inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, serán impartidos en parte pola empresa galega Altia, a través do seu equipo de formación tecnolóxica.
A inscrición aos primeiros cursos dun total de 300 previstos pode facerse a través da web https://www.actualizateprograma.es/ e https://altiaformacionred.es/
O obxectivo destes programas, que inclúen máis de 300 cursos por todo o eido estatal, é formar en temáticas prioritarias ligadas á transformación e á economía dixital. Entre elas inclúense as seguintes: ciberseguridade, análise de información a gran escala (Big Data), sistemas na nube, programación web full stack, Industria 4.0 e Internet das Cousas, mercadotecnia dixital, ademais de programación de videoxogos, deseño 3D e Realidade Virtual, entre outros temas.
En cada un dos cursos ofrécese un servizo de orientación laboral destinado á procura de emprego e a mellora da empregabilidade das persoas participantes.
A formación impartirase en modalidade mixta, sendo polo menos o 80% presencial e o resto online. Cada curso consta como mínimo de 250 horas lectivas, das cales un mínimo de 220 dedícase ao contido específico da temática do curso e un mínimo de 30 a reforzar as posibilidades de atopar un posto de traballo. Ademais, complétase o programa con 12 horas de orientación laboral por alumno que completa a formación, e cun compromiso de inserción laboral de 6 meses polo menos para o 25% dos alumnos.
Os primeiros cursos que se van a impartir son para traballadores en situación de desemprego, inscritos como demandantes de emprego no SEPE,
A partir de febreiro do ano que vén poranse en marcha os cursos incluídos no programa dirixido a mozos inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.