O curso ALTYO (Formación en liña sobre incidencia e persuasión para organizacións xuvenís) proporciona información básica e comprensión do concepto de incidencia e persuasión, particularmente no contexto do diálogo entre as organizacións da sociedade civil (OSC) e o sector gobernamental. O curso brinda unha comprensión da promoción como instrumento que as OSC poden utilizar con éxito no proceso de realizar cambios institucionais e legais a nivel local, rexional e nacional.
A formación consta de tres áreas temáticas: a abogacía no traballo xuvenil, que é a promoción e como desenvolver unha campaña de incidencia. Sobre a base da experiencia dos formadores, compártense exemplos prácticos con respecto ás prácticas europeas en defensa e cabildeo. Unha tarefa escrita completa o curso para proporcionar máis reflexión.
O tempo esperado para completar o curso é de 3-6 horas/semana , 27 horas en total. Aléntase ás organizacións nominadoras a incluír as actividades de capacitación nas horas de traballo dos participantes. O curso inclúe tres seminarios web obrigatorios:
Perfil dos e das participantes:
Os/as participantes recibirán un certificado ERYICA ao completar con éxito o curso.
O prazo de inscrición está aberto ata o 16 de setembro de 2022 (medianoite). Os participantes aceptados neste programa serán notificados antes do 23 de setembro .
Máis información
A Escola de Organización Industrial e Generation, en colaboración con Microsoft e a IAMCP, forman á xuventude e achegan as competencias necesarias para a incorporación ao mundo laboral.
Participa neste programa, completamente gratuíto, en formato presencial virtual, con formación síncrona co profesor en directo.
Este programa forma parte da iniciativa de Microsoft Crea Futuro Alumno 4.0, que está dirixido a axudar a mozos sen emprego a adquirir os coñecementos, certificacións e experiencia necesarios en todas as áreas de solucións de Microsoft que lles permitirán incorporarse ao mercado laboral.
O prazo de inscrición está aberto ata o día 09 de outubro de 2022.
Data de inicio o 10 Outubro 2022. Clases de luns a venres. Xeralmente horario de mañá 9.00 – 14.00 horas e titorías individuais e grupais algunhas tardes.
Requisitos
Páxina web | seleccion@generation.org
A asociación Kaebnai, baixo a supervisión da Axencia Nacional Española e a Dirección de Mocidade do Goberno Vasco, organiza en Hondarribia (Guipuzcoa) un encontro nacional de persoas novas, técnicas e responsables de políticas de mocidade que impulsan accións de participación xuvenil en Europa financiado a través do programa Erasmus+
O obxectivo deste proxecto, é organizar un encontro de 7 días de duración para 40 mozos e mozas de diferentes comunidades autónomas así como persoas expertas, formadoras e/ou responsables no ámbito das políticas de mocidade.
O evento está baseado nun conxunto de actividades de educación non-formal con obradoiros teórico-prácticos. Implicando tanto a mozos como a persoas expertas e responsables de políticas de mocidade que impulsen accións de participación xuvenil en Europa.
DATAS
Desde o 08/11/2022 ata o 14/11/2022
INSCRICIÓNS
Poden realizarse ata o 11/09/2022 a través do seguinte formulario.
DESTINATARIOS/AS
Mozos e mozas de diferentes Comunidades Autónomas, persoas voluntarias, expertas, formadoras e/ou responsables no ámbito das políticas de mocidade, con idades comprendidas entre 18 e 30 anos nas datas de realización do evento.
CUSTO DO PROXECTO
Todos os custos do proxecto durante o desenvolvemento da actividade (aloxamento, manutención e transporte) están cubertos polo programa "Erasmus+: Mocidade", así como o transporte de ida e volta desde a orixe de cada participante á localización do proxecto.
Desde a Fundación Acción contra el Hambre foméntase o apoio ao emprendemento xuvenil a través deste curso de Marketing Dixital: Vender na internet e redes sociais, claves para emprender e atopar clientes.
Este programa está dirixido a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos; baséase na realización de 6 xornadas gratuítas e 100% online as cales contan con itinerarios formativos, mentorías e mellora de competencias os nosos programas dirixidos a mozos desempregados.
O horario do curso é de 9:45 a 13:15 horas impartidas do 28 de setembro ao 14 de outubro de 2022, aos mércores e venres.
A solicitude de inscrición pódese realizar desde o seguinte formulario.
Máis información
Télf.: 91 391 53 00
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación Galega de Comercio (FGC) poñen en marcha un convenio de colaboración para a realización de accións formativas para persoas traballadoras, autónomas e desempregadas de Galicia.
Esta formación está enmarcada dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, está 100% financiada polo Ministerio de Educación e Formación Profesional – U.E. – Next Generation e a Xunta de Galicia.
A solicitude de praza pódese realizar desde a seguinte web: https://cluster.comerciogalicia.org/cursos
O obxectivo principal desta formación gratuíta, é impulsar as aspiracións de promoción profesional do conxunto de galegos e galegas, mellorando as súas competencias e habilidades para dar resposta ás necesidades actuais do mercado laboral.
Máis información
WhatsApp: 619 926 324
Teléfono: 900 100 957
A Universidade de Jaén orgañiza as iniciativas DAREMOS e PROCARE, encontro internacional en pro da saúde e o benestar emocional dos mozos vulnerables durante a etápa da pandemia e pospandemía.
A Universidade de Santiago de Compostela, atendendo a función de difusión do coñecemento e da cultura a través da extensión universita vén desenvolvendo, cursos intensivos de idiomas no verán.Os cursos intensivos de verán do Centro de Linguas Modernas da USC contan. Convócase a edición 2022 (XLVI) dos Cursos de Verán do Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago de Compostela.
Máis información:
A Universidades de Santiago convoca cursos en Santiago,Lugo, Baiona,Nigrán,Gondomar,Folgoso do Caurel,Guitiriz,Lalín,Meis, Cambados,Mondoñedo,Monforte de Lemos, Oia,Palas de Rei, Teo,Vilagarcia de Arousa para este verán 2022
A USC recoñece os cursos da Universidade de Verán 2022 a efectos de créditos ECTS (titulacións de Grao) para o seu alumnado coa seguinte equivalencia, e recibirán a tal efecto un certificado de crédito, sempre e cando cumpran coa asistencia ao 80% das horas lectivas do curso:
2 créditos por cada curso de 25 ou máis horas (máximo 6 créditos en total)
1 crédito por cada curso de menos de 25 horas (máximo 6 créditos en total)
IMPORTE DA MATRÍCULA
Taxa xeral:
120 € para os cursos de 25 ou máis horas
70 € para os cursos de menos de 25 horas
Taxa reducida, aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregado/as, socios/as da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC:
70 € para os cursos de 25 ou máis horas
40 € para os cursos de menos de 25 horas
PRAZO DE MATRÍCULA
Ábrese o prazo o 9 de maio de 2022
Acaba o prazo, secuencialmente
Programa dos cursos e máis información:
https://www.usc.es/gl/servizos/cultura//veran
A formación profesional de grao básico forma parte das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo. Ordénase en ciclos formativos organizados en ámbitos e módulos profesionais de duración variable.
Os ciclos formativos de formación profesional de grao básico teñen unha duración de 2000 horas ou 2 cursos académicos.Na modalidade de Fp dúal ata 3 cursos
Estas ensinanzas responden a un perfil profesional que inclúe ao menos unha cualificación profesional completa de nivel 1 do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais
Superando un ciclo de FP básica obtense o título de técnico básico correspondente ás ensinanzas cursadas.
Adicionalmente, obterán o título de graduado en educación secundaria obrigatoria.
Requisitos de acceso:
Prazo de solicitudes:27 de Xuño as 9 horas ao 6 de xullo ás 13 horas
Máis información: http://www.edu.xunta.gal/fp/fpbasica#un
Que é a FP dual?
É unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.