Outros cursos (205)

O Espazo Diverso organiza, no Centro Cívico da Cidade Vella, o obradoiro; Sexo Con- Sentido. Nel falarase de temas como a violencia sexual (tamén en espazos dixitais), do consentimento, desexos, límites e modelos sexuais.

A encargada de impartir o obradoiro é María Rodríguez Suárez, doutora en Xénero e Diversidade e Sexóloga. Coordina o proxecto sexológico RIZOMA e colabora ofrecendo formación e materiais didácticos e de divulgación a diferentes programas de educación sexual. Ademais, é autora das guías "Con-Sentido" (2018) e "Construción do imaxinario sexual nas persoas mozas: a pornografía como escola" (2020).

Obradoiro dirixido ao público en xeral, realizarase os días 22 e 29 de novembro de 2022

Prazo de inscición aberto en: espazodiverso@coruna.gal ou no teléfono 981 189 889.

 

Máis información

Páxina web

Espazo Diverso

Centro Cívico Cidade Vella

Rúa Veeduría nº 2

15001- A Coruña

Tel: 981 189 889

Mail: espazodiverso@coruna.gal

 

Sempre é bo momento para considerar novos retos!
Apúntate ao Curso online de Cooperativas de Plataformas Dixitais cunha duración de 66 horas.
Que te espera?
- Emprendemento en equipo
- Desenvolvemento de novas plataformas cooperativas dixitais
- Transformación e cambio dixital
- Formación especializada

Aprenderás a xerar proxectos de cooperativas de plataforma, a tomar consciencia sobre o capitalismo de plataforma e coñecerás o modelo de traballo asociado.
Ademais, coa metodoloxía de 'Mondragon Team Academy' vivirás unha experiencia de aprendizaxe en equipo, traballando desde o concepto ata o desenvolvemento, testeo e presentación de proxectos de emprendemento.
Está promovido pola Universidade de Mondragon – Mondragon Team Academy. A Unión de Cooperativas EspazoCoop é entidade colaboradora xunto a Florida Universitaria, Escola Andaluza de Economía Social e Tazebaez, a través dun consorcio apoiado por CEPES (a Confederación empresarial española da economía social).
Iniciamos o Curso o 21 de novembro de 2022.
Necesitas máis información e apuntarte? https://bit.ly/3th80R8

+ INFORMACIÓN do Curso:
- na web de EspazoCoop nesta ligazón: https://espazo.coop/rede-eusumo/cooperativas-de-plataformas-dixitais-curso-online/?_mrMailingList=975&_mrSubscriber=1865&utm_campaign=&utm_medium=email&utm_source=mailing975
- en Galicia a través da Unión de Cooperativas EspazoCoop, no telf. 986 866 149 e no correo electrónico teresa@espazo.coop

IGAPE RESPONDE
A incerteza marca o noso día a día; afecta a persoas autónomas, emprendedoras e empresas. Que é o que che preocupa do teu negocio? Só tes que contarnos a túa necesidade e poñemos á túa disposición asesoramento GRATUÍTO e en liña.
Como te axudamos?
➡Na captación de novos clientes
➡Coas débedas a curto prazo
➡Na implantación de pasarelas de pago
➡No lanzamento dun novo un negociO
E... moito máis!

Tamén teñen en marcha eventos formativos, en NOVEMBRO:
- LUNS, 14 - O absentismo laboral, por que se produce e como previlo
- MÉRCORES, 16- Formas xurídicas para emprender: diferencias e vantaxes
- LUNS, 21 - Como elaboro o meu plan de empresa?
- MÉRCORES, 23 - Que método aplico para calcular o punto de equilibrio económico e financiero?
- MÉRCORES, 30 - Análise da viabilidade da miña idea de negocio desde o punto de vista de equilibrio

Máis información en: https://responde.igape.es/lina-2-medidas-de-accion-inmediata/

Curso de Marketing e Compravenda Internacional financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Este curso ten unha duración de 768horas, iniciándose o 22 de novembro de 2022 e finalizando o 26 de xullo de 2023, en horario de luns a venres de 09:00 horas ata as 14:00 horas e impartido en modalitade presencial e teleformación.

Requisitos

- Ser demandante de emprego e estar rexistrado no Servizo Público de Emprego de Galicia, ou estar en ERTE.
- Ter un nivel de estudos mínimo de Bacharelato Superior, COU, Formación Profesional Superior ou titulación similar.

Documentación

- DNI
- Tarxeta de demandante de emprego
- Título académico (en caso de telo)
- CV actualizado

 

Máis información

Páxina web

Effuture C/Salvador de Madariaga, 50. 15173. Oleiros, A Coruña

Tlf: 881900813/ 698911295

E-mail. effuture@efbs.edu.es

Documento Informativo Curso Marketing Internacional

O CPIE (Centre Permanent d'Initiatives pour l'Environnement) nunha organización que reúne a voluntarios/as e empregados/as comprometidos coa ecocidadanía, a biodiversidade, organizando cursos para pensar no cambio climático e tratando de cambiar de acordo ás consecuencias do quecemento global. Traballan con nenos en escolas, actividades extraescolares, familias, autoridades locais, empresas, comunidades locais, etc. O voluntariado formará parte do equipo e traballará en:

- organizar eventos principais para falar sobre o cambio climático (mercados, talleres sobre transición, etc.)
- crear ferramentas de uso para diferentes públicos de diferentes maneiras (escola ao aire libre, como adaptarse ao cambio climático, biodiversidade, campamento de voluntarios/as, etc.)
- axudar a organizar un campamento de mozos e mozas en xullo de 2023 co equipo do CPIE

O CPIE a nivel europeo e internacional, está interesado ​​en aprender sobre outros países e as solucións que desenvolven o tema do cambio climático e é unha boa maneira para que o voluntariado achegue unha mirada europea sobre este tema.

ALOXAMENTO, MANUTENCIÓN E TRANSPORTE
Compañeiro de piso no centro da cidade de Le Blanc, Francia, con outros dous voluntarios. Proporcionarase Internet no apartamento. Recibirán 360€ para lecer e comida.

DATAS DA ACTIVIDADE
Un total de 34 semanas desde o 03/01/2023 ata o 31/08/2023

DATA LÍMITE PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 30/11/2022

Máis información e inscripcións: https://youth.europa.eu/solidarity/placement/32486_es

 

A Rede Española de Desenvolvemento Rural, REDR, impulsa o emprendemento xuvenil e a Axenda 2030 no medio rural co lanzamento dun novo programa formativo gratuito en liña certificado por Nacións Unidas.

O programa está enfocado principalmente a mozos e mozas de entre 18 e 35 anos, pero calquera persoa pode participar, tanto se tes unha idea previa de negocio coma se unicamente te sentes atraído/a por a idea de emprendemento e queres valorar a posibilidade de dar o paso.

Contarás coa posibilidade de recibir un asesoramento personalizado por parte dos Grupos de Acción Local. Descobre aquí os máis de 30 GAL que poderán asesorarche para materializar a túa idea: https://bit.ly/3BUaLx7

Consta de 4 semanas de duración, é gratuíto e conta coa certificación de Nacións Unidas.

 Xa están abertas as inscricións, podes rexistrarte aquí!

 

Máis información | tel.: 911 289 748 | enderezo electrónico: redr@redr.es

Rede Española de Desenvolvemento Rural R/ Duque de Medinaceli, 12 1º esquerda 28014- Madrid

Cruz Vermella, dentro do seu Plan de Emprego, ofrece este curso gratuito, presencial, de axudante de cociña e preparador de comida rápida con prácticas en locais de comida rápida.

INSCRICIÓNS
Prazo aberto ata o 07 de outubro de 2022

REQUISITOS
Persoas desempregadas, maiores de 18 anos.

 

Páxina web | tel.: 981 221 000 | e-correo: empleocoruna@cruzroja.es

A Federación Galega de Comercio (FGC), en colaboración coa Xunta de Galicia, pon en marcha tres cursos de sensibilización en Prevención de Riscos Laborais dirixidos a persoas traballadoras e autónomas do sector comercio de Galicia, e persoas desempregadas de Galicia.

O obxectivo deste proxecto é levar a cabo accións de formación, sensibilización, asesoramento e fomento da prevención de riscos laborais en Galicia.

Formación 100% gratuíta:

  • Prevención de riscos psicosociais no sector comercio.
  • Hábitos saudables no comercio de proximidade.
  • Estrés laboral no sector comercio: riscos, danos na saúde e medidas preventivas.

A solicitude de praza pódese realizar desde a seguinte web: https://www.cursosfemxa.es/fgc-prl

 

Contacto: 619 926 324 | 900 100 957 | www.cursosfexma.es

A Escola de Tempo Libre Aldebarán organiza un curso de Iniciación á Lingua de Signos Española na Coruña.

Datas: Do 10 de outubro ata o 19 de decembro de 2022

Horario: Luns de 09:00 a 12:00 horas.

Lugar: R/ Ramón María Aller Nº10- A Coruña

Prezo: 45€ mensuais

 

Contacto: 981270168 - 604078172 | escuelaldebaran@yahoo.es

A Cámara de Comercio da Coruña convoca a XII Feira de Emprego, que se enmarca no Programa Integral de Cualificación e Emprego (PICE), co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas.

As persoas que asistan a esta Feira descubrirán as demandas actuais do mercado laboral a través de seminarios centrados nas novas tendencias profesionais, recibir asesoramento e orientación laboral e manter unha breve entrevista coas empresas convidadas nesta edición (programa completo).

Cando

A XII Feira de Emprego celébrase o día 04 de outubro de 2022 a partir das 09:30 horas.

Requisitos

Mozos e mozas menores de 30 anos inscritos en Garantía Xuvenil.

Inscrición previa en www.camaracoruna.com

Lugar

Recinto Feiral de PALEXCO (Peirao de Transatlánticos, 15003 - A Coruña).

 

Páxina web | Tel.: 981 216 072 | correo-e: ccin@camaracoruna.com