Outros cursos (205)

A Unión de Cooperativas EspazoCoop presenta o Itinerario de teleformación para o emprendemento cooperativo que se impartirá nos meses de setembro e outubro de 2023 e ofrece tres cursos de teleformación, gratuíta, que se desenvolverán na Aula Virtual de EspazoCoop.

A oferta formativa dá inicio o día 13 de setembro de 2023.

É preciso realizar a inscrición previa para entrar na selección de participantes.

Emprendemento en cooperativa. 20 h. Teleformación. Do 13 ao 27 de setembro de 2023
Habilidades e competencias para o traballo en equipo nas cooperativas. 20 h. Teleformación. Do 3 ao 17 de outubro de 2023
Desenvolvendo a idea cooperativa. 20 h. Teleformación. Do 18 ao 31 de outubro de 2023

Máis información e inscricións na web de EspazoCoop

A Universidade Camilo José Cela, Gdoce Formación e P.U.E. convocan o programa "Generación Digital"

Este programa consiste en formación e mentorización en transformación dixital para persoas desempregadas ou traballadoras menores de 35 anos que queiran converterse en Axentes do Cambio Dixital. Obterase os coñecementos e habilidades necesarias para impulsar a transformación dixital nas empresas e con iso mellorar a produtividade e crecemento nacional e internacionalización.

1. Xestión Empresarial e Estratéxica
2. Innovación
3. Os procesos co cliente
4. Tecnoloxía e habilitadores da transformación dixital
5. Habilidades (SOFT SKILLS)

As titulacións que obterán os alumnos/as será FORMACIÓN - Expertos/as en transformación dixital. Titulación Oficial de 15 ECTS Universidade Camilo José Cela + Titulación PMI Project Management ReadyTM Certification.

Ademais os alumnos/as que finalicen accederán a unha nova Bolsa de Emprego da E.O.I.
Ademais as PEMES que queiran incorporar no seu equipo un Axente do Cambio para impulsar a súa transformación dixital, poderán gozar de axudas de ata 20.000 € para a contratación indefinida a tempo completo.

www.tuimpulsodigital.es 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia organizan nos meses de xullo, agosto, setembro e outubro unha formación en equipamento disruptivo na Rede CeMIT, é dicir, unha serie de obradoiros para formar á cidadanía no uso de equipamento innovador co que se ten dotado á Rede CeMIT.

Organizaranse 18 obradoiros presenciais, de catro horas cada un, nas aulas CeMIT de diversos concellos das catro provincias galegas

A inscrición pode realizarse a través da web da Rede CeMIT ou poñéndose en contacto directamente coa aula.

A iniciativa ten como finalidade impartir cursos formativos para un uso práctico do novo equipamento disruptivo dispoñible na Rede de aulas CeMIT. Explicarase o funcionamento e usos das impresoras 3D, drons, lentes de realidade virtual, e kits de programación e comunicación como Arduino e Raspberry Pi.

Cada sesión irá acompañada de pílulas informativas de cada elemento, sintetizando os seus aspectos técnicos e principais posibilidades, así como diversos recursos para a súa aprendizaxe de xeito que os usuarios e usuarias poidan inspirarse e interactuar cos diversos sistemas cunha finalidade ocio-educativa.

A actividade está dirixida á cidadanía en xeral que non precisará contar con coñecemento previo, aínda que si con competencias básicas no uso da TIC.

12 de xullo Pontevedra. Aula CeMIT (Edificio Administrativo da Deputación. Gran Vía de Montero Ríos s/n). 10 a 14 horas https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42731

13 de xullo Valga. Aula CeMIT (Ferreirós, 1 Cordeiro). 10 a 14 horas https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42699

19 de xullo Oroso. Aula CeMIT (rúa do Deporte 9). 10 a 14 horas https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42728

27 de xullo O Barco de Valdeorras. Aula CeMIT (Casa do Concello. Praza do Concello 2, 2º andar). 10 a 14 horas https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42719

31 de xullo Vigo. Aula CeMIT (Auditorio Pazo Congresos Mar de Vigo (Entrada UNED) - 5ª planta. Avda. Beiramar, 59) 9:30 a 13:30 horas https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42729

31 de xullo Ponteareas. Aula CeMIT (Centro de Servizos Sociais, rúa Oriente, 8). 17 a 21 horas https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42730

8 de agosto A Estrada. Aula CeMIT (Avenida Benito Vigo, 94, 1º). 10 a 14 horas https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42718

9 de agosto Betanzos. Aula CeMIT. Oficina municipal de información xuvenil (rúa Emilio Romay, 1). 9:30 a 13:30 horas https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42725

2 de setembro Guitiriz. Aula CeMIT (rúa do Concello, s/n. Casco Urbano). 10 a 14 horas https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42685

4 de setembro Cuntis. Aula CeMIT (Casa do Médico. Circunvalación Don Aurelio, 65). 16 a 20 horas https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42694

7 de setembro Quiroga. Aula CeMIT (Casa da Cultura. Rúa Real, s/n). 16 a 20 horas https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42736

12 de setembro Castrelo de Miño. Aula CeMIT (Avda do Concello nº7 A, Paradela, Barral). 10 a 14 horas https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42724

18 de setembro Vimianzo. Aula CeMIT (rúa A Braña, s/n. Casa da Cultura de Vimianzo). 16 a 20 horas https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42723

19 de setembro Boiro. Aula CeMIT (Centro Social, 1º andar. Rúa Principal s/n). 16 a 20 horas https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42684

20 de setembro Moaña. Aula CeMIT (rúa María Martin, 4. Casa da Mocidade. Casco Urbano). 16 a 20 horas https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42813

2 de outubro Ribeira. Aula CeMIT (rúa 1 Cubeliño, Nº 20). 10 a 14 horas https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42732

3 de outubro Celanova. Aula CeMIT (Parque das Triguerizas s/n). 10 a 14 horas https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42722

4 de outubro San Sadurniño. Aula CeMIT (Avda Marques de Figueroa, 11). 10 a 14 horas https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42714

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) organiza cursos de Lingua de Signos Española.

Xa podes matricularte nos cursos que impartirán a partir de setembro en diferentes niveis:

- Nivel A1-A2, de 150 horas, ofrecerémolo en dúas modalidades a elixir: online ou presencial.
- Nivel B1.1, de 60 horas online.
- Nivel B2.2, de 80 horas online.

Os cursos online de Nivel A1-A2 e B1.1 impartiranse a través dunha plataforma en liña dispoñible as 24 horas, sen horarios.
O curso en liña de Nivel B2.2 terá clases online a través de Zoom.
En canto á modalidade presencial, que só se ofrecerán para o Nivel A1-A2, as clases terán unha duración de 2 horas e media, con dúas sesións por semana. Impartiranse estes cursos presenciais nas 7 cidades de Galicia e en horarios de mañá ou tarde.

https://www.faxpg.es/index.php?V_dir=MSC&V_idmod=62&idn=4606&newlang=galician 

Cursos preparatorios para os certificados de lingua galega, Celga
 
Os cursos impartiranse entre setembro de 2023 e maio de 2024, en horario de mañá ou de tarde.
 
Prazos: Do 3 ao 14 de xullo de 2023 (cursos do primeiro cuadrimestre) e do 13 ao 24 de novembro de 2023 (cursos do segundo cuadrimestre). 
 
Cada curso terá unha duración de 60 horas lectivas. 
 
Requisitos:
Persoas maiores de dezaseis anos, ou aquelas que os fagan no ano natural da convocatoria, que desexen preparar as probas convocadas pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para certificar a súa competencia en lingua galega.
As persoas solicitantes destes cursos poderán facer unha única solicitude de inscrición por cuadrimestre con tres preferencias priorizadas de grupos. En caso de adxudicación de praza en máis dun curso, o/a alumno/a deberá optar por un só curso nunha soa escola.
As persoas que desexen participar nos cursos deberán cubrir o formulario de inscrición telemática no enderezo www.eoidigital.com/preinslinguagalega
 
 
Secretaría Xeral de Política Lingüística
Rúa San Roque, n.º 2. Santiago de Compostela 
Teléfono: 881 996 302
 
 
Publicación: DOG 22/06/2023

 

 

Aquí tedes o programa  dos cursos de verán que realizaranse na Udc nos Campus de Coruña e Ferrol

 

https://www.udc.es/es/occ/actividades/cursos-de-veran-00001/

 

Xuño

9, 12 e 13 de xuño               - Modelado 3D con Siemens NX. Módulo 1. Obradoiro Nivel Básico.

14, 15 e 16 de xuño            - Modelado 3D con Siemens NX. Módulo 2. Obradoiro Nivel Intermedio.

Xullo

3, 4 e 5 de xullo                     - Boas prácticas para a promoción da formación e autonomía das personas con discapacidade intelectual.

3, 4 e 5 de xullo                     - Atando redes: Muller, memoria e arquivos na era dixital.

Del 3 ao 7 de xullo                -A acción da Unión Europea na transición ecolóxica e dixital dos mares e oceános.

6 e 7 de xullo                         - IV Curso de Verán sobre tartarugas e mamíferos marinos en Galicia.

Do 10 ao 13 de xulloo          - Queres ser un estudante máis eficaz? Xestión do tempo e do estrés na actividade académica.

12 e 13 de xullo                     - XVI Curso de verán sobre dinamización lingüística, traballando en lingua no ocio.

17, 18 e 19 de xullo               - Iniciación ao Modelado BIM de instalacions en edificacións con Revit + CYPE. Módulo 1 - Modelado con Revit Arquitectura.

20, 21 e 24 de xulloo             - Iniciación ao Modelado BIM de instalacions en edificación con Revit - CYPE. Módulo 2 - Modelado de Instalacions con CYPE (flujo de trabajo OpenBIM).

Setembro

Do 18 ao 21 de setembro     - Competencia fiscal. Desenroloo económico e  descentralización: impactos nas economías locais.

Máis Información:

 Vicerrectorado de Igualdad, Cultura e Deporte da UDC

Tel :  981167000

 

 

 

A Universidade de Verán da USC achega nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro un amplo catálogo de cursos con variados centros de interese que se desenvolven en Compostela, Lugo,Guitiriz, Lalín, Méis, Vilagarcía, Porto do son,Ribadavia, Seoane do Caurel e Vilanova de Lourenzá

Consulta los cursos  neste enlace:

https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/formacion/universidade-veran

 

  • Máis Información:

    • Campus de Santiago de Compostela:

      Área de Cultura. Colexio de San Xerome. Praza do Obradoiro s/n

      Teléfonos 881811018 e 881811103

      Campus de Lugo:

      Edificio de Servicios Administrativos e Biblioteca Intercentros

      Teléfono 982821513

Acaba o prazo DE SOLICITUDES, secuencialmente:

  • 2 de xuño para os cursos que se celebran na semana do 12 de xuño
  • 9 de xuño para os cursos que se celebran na semana do 19 de xuño
  • 16 de xuño para os cursos que se celebran na semana do 26 de xuño
  • 23 de xuño para os cursos que se celebran na semana do 3 de xullo
  • 30 de xuño para os cursos que se celebran na semana do 10 de xullo
  • 7 de xullo para os cursos que se celebran na semana do 17 de xullo
  • 14 de xullo para os cursos que se celebran na semana do 24 de xullo
  • 21 de xullo para os cursos que se celebran na semana do 31 de xullo
  • 24 de agosto para os cursos que se celebran a partir do 28 de agosto

O Itinerario de Emprendemento Social Xuvenil é un programa gratuíto dirixido a persoas desempregadas entre 18 e 35 anos que queiran emprender. Este programa que ten como obxectivo acompañar e asesorar o proceso da posta en marcha do seu propio proxecto a persoas que estean a pensar no emprego por conta propia.

O Itinerario de Emprendemento Social Xuvenil desenvólvese 100% en liña. E leva a cabo a través dunha metodoloxía que combina o traballo en equipo e individual, talleres grupais, titorías individualizadas e formación en liña.

Impartiranse varios bloques formativos:
Bloque I. Prototipado para proxectos de emprendemento social.
Bloque II. Deseño de modelos de negocio social e circular. Enfoque de xénero. Fórmulas de economía social.
Bloque III. Liderazgo e toma de decisións para mulleres novas.
Bloque IV. Emprendemento dixital e dixitalización de negocios.

https://www.accioncontraelhambre.org/es/emprendimientojuvenil 

Yoemprendo en Economía Social 2.0_Galicia: Sesión formativa e de Networking (en liña)
 
CANDO: 03/05/2023
 
HORARIO: de 10:00 a 13:00 horas.
 
PREZO: Gratuíto.
 
PÁXINA WEB:
https://yoemprendoeneconomiasocial.com/
 
CONTACTO:
Programa Yoemprendo en Economía Social 2.0_Galicia
Tel.: 988 391 515
yoemprendo@empleoenred.org
Programa Actualízate: Ciberseguridade
 
CANDO: O curso ten dúas edicións: unha comeza o 5 de xuño e outra o 12 de xuño de 2023.
 
HORARIO: 09:00h. - 14:00h. e de 15:00h.- 18:00h.
 
DURACIÓN: 200h Formación presencial - 53h Formación en remoto - 12h Orientación laboral
 
PREZO: Gratuíto.
 
REQUISITOS:
Persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego.
Non se necesitan coñecementos previos.
 
 
CONTACTO:
admisiones@actualizateprograma.es
WhatsApp: 671 164 091