Outros cursos (207)

A iniciativa, enmarcada no Plan de reactivación económica, inclúe un programa dirixido a autónomos, unha iniciativa para formadores e docentes, outra para a mellora da empregabilidade dos menores de 30 anos en situación de desemprego e un ciclo de obradoiros dixitais.

Autónomos dixitais, é un novo programa formativo que pretende reforzar o tecido produtivo galego facilitando a 1200 alumnos o desenvolvemento de competencias en comercio electrónico e novas canles online co obxectivo de mellorar tanto a comunicación cos clientes como o coñecemento dos seus produtos e servizos. As persoas que realizan unha actividade económica por conta propia interesadas nestes cursos poden solicitar a súa praza cubrindo un formulario web na páxina https://www.autonomosdixitais.com. O último curso comezará o 23 de xullo.

Formadores dixitais é un programa de formación online destinado a docentes e formadores para que adquiran coñecementos nas técnicas e métodos para impartir formación online. Destinado a 100 persoas, preferentemente docentes de formación profesional para o emprego, os interesados poderán realizar a súa inscrición ata o 14 de xuño a través dun formulario web na páxina http://www.formadoresdixitais.com e as clases comezarán o 17 de xuño. Os alumnos recibirán 50 horas de formación e poderán acceder a diferentes recursos, foros e un proxecto titorizado.

Impulso da empregabilidade, permitirá mellorar a empregabilidade dos menores de 30 anos en situación de desemprego nos últimos tres meses. O obxectivo é ofrecer formación e capacitación para incrementar as súas habilidades á hora de atopar un emprego. Celebraranse un total de cinco edicións de 20 alumnos cada unha en formato online que incluirán sesións grupais pero tamén sesións individuais de coaching. En total, ofrécense máis de 55 horas de formación. Convocarase proximamente

Pon Rumbo é un ciclo de obradoiros virtuais con capacidade para 500 personas que se completa con sesións de coaching individual para os 20 alumnos que reúnan os requisitos exixidos no programa. Cunha duración de 50 horas ao longo de tres semanas, traballarase en nove competencias: a análise, o traballo en equipo, a creatividade, a xestión emocional, a capacidade resolutiva, a comunicación, a conexión, a actualización e a organización para aplicar tanto no traballo e no teletraballo como na busca de oportunidades. Está dirixido a persoas en situación de desemprego, emprendedoras e autónomas. O obxectivo é comezar o 15 de xuño.

O Concelllo de Sntiago convoca 4.000 novas prazas de formación online

Esta convocatoria conta dúas importantes novidades. A primeira, a formación mobile learning, cunha serie de cursos, que suman 3.200 prazas, optimizados para facelos 100% dende o móbil e que teñen como obxectivo facilitar o acceso de máis persoas as actividades formativas. E a segunda, unha acción formativa sobre COVID-19, coñecementos que, presumiblemente, cada vez serán máis demandados en distintos sectores económicos, entre eles a hostalería e o comercio.

Idiomas
Cursos de idiomas, centrados en inglés, con múltiples módulos específicos de inglés no ámbito profesional; ampliando tamén a oferta a outras linguas como portugués, alemán, francés, italiano ou ruso.
Hai un total de 427 prazas dispoñibles neste bloque.

Cambio dixital
Neste bloque de 13 cursos poténciase o impulso da transformación social e dixital destinado a empresas e profesionais independentes en seccións como cultura dixital, diversidade e inclusión, fundamentos de negocio e benestar emocional. Trátase de cursos optimizados para mobile learning, compatibles con todos os dispositivos que contarán con 3.200 prazas dispoñibles.

Competencias profesionais
Neste bloque, as persoas usuarias dispoñen dun total de 315 prazas en 20 categorías de alta demanda no mercado laboral actual, como son informática, programación, sanidade, enerxía, saúde e nutrición ou o turismo

Prazo: A inscrición xa está aberta e finalizará en canto acaben as prazas dispoñibles.

https://www.talentiasummit.com/#bloques 

Desde CIMO, en colaboración con Rede Araña, presentan o Programa Hiperconectad@s, que pretende levar a cabo unha serie de seminarios En liña para a prevención e concienciación sobre o uso e abuso das novas tecnoloxías entre a mocidade, así como evitar condutas de xogo patolóxico online entre as/os adolescentes.

Obxectivos: Sensibilizar ás persoas mozas sobre a adicción ás novas tecnoloxías e o xogo..

A quen vai dirixido? Este proxecto vai destinado a mozos de entre 12 e 18 anos.

Contido do seminario (2 horas)
- As vantaxes e desvantaxes das novas tecnoloxías, así como a imaxe que se proxecta a través das redes sociais.
- Análise de patróns de comportamento e efectos que presenta unha persoa con adicción ás novas tecnoloxías, ao uso do móbil e ao xogo, co obxectivo de concienciar o recoñecemento dos devanditos patróns entre os seus iguais, e de que visibilicen as implicacións que iso pode ter no ámbito social e laboral.
- Facilitar os recursos existentes con entidades e administracións ás que poden acudir no caso de detectar problemas de uso das novas tecnoloxías e cos xogos

Máis información e preinscrición:
Teléfonos 988 391 515 e 665 761 939
programasgalicia@gmail.com

O programa de Lanzadeiras Conecta Emprego de Galicia comezará a funcionar en formato dixital por mor da pandemia e o Decreto de Alarma, o que implica que as súas actividades de formación e asesoramento desenvolveranse online co fin de ofrecer a máxima seguridade aos participantes.
O programa terá tres iniciativas concretas: a de Coruña, a de Arteixo e a de Santiago.
Comezarán a actividade a finais de mes coa idea de volver á metodoloxía presencial ao longo do verán.

Lanzadeiras Conecta Emprego é un programa de orientación laboral que ofrece dúas grandes actividades para que as persoas en desemprego poidan mellorar as competencias transversais e dixitais para a procura laboral: “Alfabetización Dixital” e “Lanzadeira Conecta Emprego”.

https://www.lanzaderasconectaempleo.es/#galicia 

 

Queremos aprender novos idiomas? Pois grazas a Internet podemos facelo de maneira sinxela e gratis. Aquí ensinámosvos catro páxinas web nas que podes aprender idiomas

Duolingo
Esta páxina permite aprender todo tipo de idiomas desde o computador e tamén a través das súas aplicacións en Android e iOS. Entre os seus idiomas poderemos aprender español, francés, alemán, inglés, portugués e italiano.

Busuu
Busuu é unha comunidade de usuarios na cal podes interactuar por medio dun chat, cousa que axuda a que a aprendizaxe sexa formal e moito máis frutífero para ti. Busuu cumpre cos catro cimentos principais para aprender o idioma que desexas: ler, escribir, escoitar e falar.

Memrise
Memrise posúe máis de 300 mil cursos e máis de 258 millóns de palabras que poderás aprender. O método que utiliza este sitio baséase nos cartóns memotécnicas, coas cales poderás lembrar conceptos e frases curtas para que poidas ir aprendendo máis rápido diferentes vocábulos.

Babbel
Babbel é unha plataforma que che ensinará ata 13 idiomas con leccións que poden durar ata 15 minutos para adaptarse á túa dispoñibilidade diaria. Babbel destaca por motivar a comunicación e diálogos fluídos para que cada usuario poida sentirse en confianza ao expresar as súas ideas no idioma que está a aprender.

Co obxectivo de manter a actividade formativa e divulgativa da cultura galega en todo o mundo durante a pandemia do coronavirus, a Secretaría Xeral da Emigración pon en marcha a Aula GaliciaAberta, catro seminarios en liña sobre distintas disciplinas relacionadas co patrimonio inmaterial de Galicia.

Os obradoiros son de carácter público e gratuíto, non precisan inscrición e están dirixidos a aquelas persoas que, malia non ter coñecementos previos, queiran achegarse a estas disciplinas.

Cada un dos catro cursos está conformado por dez sesións, que dan comezo do 27 ao 30 de abril e tamén se desenvolverán ao longo dos meses de maio e xuño. As consultas que o alumnado formule serán respondidas ao finalizar a retransmisión a través de Facebook Live.

 

bailegaitapercusionpercusion2

 

 

 

 

Baile galego

Gaita galega

Percusión de man e canto tradicional galego

Percusión tradicional

O Programa CERES está dirixido á formación de persoal formador en materia de sociedade da información para mulleres rurais.

O obxectivo fundamental dos talleres enmarcados dentro do Programa CERES é que as persoas participantes nos mesmos teñan os coñecementos teóricos e as habilidades metodolóxicas para capacitar en alfabetización dixital a mulleres rurais de diferentes ámbitos e sectores, desde unha metodoloxía participativa con enfoque de xénero.

Trátase dun taller online, cunha duración de 100 horas, que combina elementos relacionados coa metodoloxía participativa e elementos TIC, abordándoos desde un aspecto eminentemente práctico e cun enfoque de xénero.

O taller estrutúrase en 15 sesións: 2 sesións presenciais (ao comezo e ao final do mesmo), que poderán realizarse en modalidade física ou virtual e 13 sesións on-line.

Prazo: poden solictarse ata o 17 de maio de 2020

Máis información en https://programaceres.es/

Correo electrónico: info.programaceres@tragsa.es

Desde o Equipo LIBERA queren estar un pouco máis preto de ti estes días. Para iso achegan contido para seguir conectados a pesar da distancia.

Nesta formación, Marta Aguilar, especialista en publicidade e RRSS no Proxecto LIBERA, fará un repaso das principais redes, para coñecelas mellor e aprender como sacarlles máis partido.

https://www.youtube.com/watch?v=sHflU59PK3I&feature=youtu.be 

Femxa organiza cursos online, 100% subvencionados polo SEPE, que se iniciarán durante os próximos meses dirixidos á mocidade trabalaldora.
Trátase de formación subvencionada na súa totalidade, sen ningún custo para os mozos/as traballadores/as en réxime xeral e autónomos, con calquera tipo de contrato e xornada, interesados en realizala.

Algúns dos obxectivos destes cursos de formación, que non teñen ningún custo económico, son:
- Mellorar as competencias profesionais e itinerarios de emprego e formación.
- Mellorar a empregabilidade das traballadores con maiores dificultades.
- Acreditar as competencias adquiridas por formación.
- Promover a diminución da fenda dixital existente e garantir a accesibilidade ás tecnoloxías da información e comunicación.

Todos os cursos son especialidades do  SEPE e realízanse en modalidade  online.

OFERTA DE CURSOS

A inscrición dos cursos pódese realizar desde a seguinte páxina web:  https://www.cursosfemxa.es/cursosjuventud