Outros cursos (207)

A Fundación CEL a través da Rede Eusumo organiza a seguinte actividade formativa: FORMACIÓN PARA A CREACIÓN DO TEU PLAN DE EMPRESA.

Datas: do 26 ao 29 de abril de 2021

Horario: de 16:00 a 20:00 h

Duración: 15 h

Lugar: nas instalacións da Fundación Cel Iniciativas por Lugo sitas no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo

Destinatarios: Cooperativas e sociedades laborais de recente creación, e emprendedores que aposten pola fórmula cooperativa e a economía social.

Obxectivos: Neste curso abordaranse os conceptos básicos para elaborar o plan de empresa dunha entidade de economía social, dende a idea de negocio, ata a proposta de valor, o plan de marketing, a organización e xestión de persoas e o plan económico-financeiro. Permitirá aos/ás promotores/as dunha inicitativa de economía social deseñar de xeito ordenado a creación da súa empresa, tratando os temas fundamentais para mellorar as probabilidades de éxito.

Programa:

Módulo 1: O modelo de negocio
Módulo 2: O plan de marketing
Módulo 3: A organización e as persoas
Módulo 4: O plan económico-financeiro
Podes consultar o cartel premendo aquí.

Inscrición:

- Gratuíta
- A través do formulario de inscrición (límite de prazas: 10 persoas)

Para máis información: 982284150 / formacion@fundacioncel.org

Dende a Fundación Laboral de la Construcción van a levar a cabo o Proxecto Constrúate para impulsar a incorporación á industria da construción mediante o Contrato para a Formación e o Aprendizaxe de mozos e mozas de entre 18 e 25 anos de idade que estén inscritos como demandantes de emprego.

A duración do contrato será de 1 ano e recibirán formación no certificado de profesionalidade de Operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas.

Enlace para inscicións: http://microsites.fundacionlaboral.org/CONSTRUATE?pag=6&idioma=0

https://galicia.fundacionlaboral.org/

Máis información no IES de Vilamarín.

Teléfono 988 685 050

Agaca, a través da Rede Eusumo, organiza un novo obradoiro:EMPRENDEMENTO COOPERATIVO NO MEDIO RURAL: OPORTUNIDADES DE NEGOCIO

Datas: 20, 22, 27 e 29 de abril e 3 de maio de 2021

Horario: de 16:00 a 19:00 horas

Modalidade: en liña a través da aula virtual

Obxectivos:

Comprender o concepto de empresa cooperativa e da persoa emprendedora e valorar o seu papel como axente xerador de riqueza e motor económico no ámbito rural.
Valorar a importancia do asociacionismo como fonte de dinamización social, e como un medio de sumar esforzos e compartir ideais.
Coñecer algunhas das oportunidades de negocio que existen no medio rural e ter acceso a contactos para desenvolver proxectos novidosos.
Definir os aspectos xerais e os elementos necesarios para levar a cabo un proxecto de emprendemento cooperativo no medio rural.
Coñecer os apoios que poden prestar as cooperativas a xuventude con proxectos de emprendemento no medio rural.
Inscrición:

- Gratuíta
- A través do formulario de inscrición, no 981 584 783 ou agaca@agaca.coop
- Para mais info: www.agaca.coop

Programa Formativo

A Cámara de Comercio de Santiago en colaboración coa Fundación Incyde e a Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, oofrece un programa que abarca as principais disciplinas vinculadas coa creatividade dentro do mundo do videoxogo

O programa está orientado a xente nova menor de 30 anos, inscrita no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil, ben sexan emprendedores e/ou profesionais que desexen iniciarse no desenvolvemento de videoxogos, así como a aqueles persoas interesadas en ampliar e consolidar os seus coñecementos no campo da creatividade dixital.


DATA: Do 19/04/2021 ao 04/06/2021

 

INSCRÍBETE

 

PROGRAMA

 

 

Celga 1 en liña

Mar 18, 2021

A Xunta de Galicia ven de poñer en marcha unha versión actualizada do Celga 1 en liña, que permite por primeira vez a autoformación en lingua galega desde o Portal da Lingua Galega.

A nova ferramenta de autoformación en liña estará aberta de forma permanente, garantindo un acceso ilimitado á aprendizaxe do galego desde calquera lugar e a calquera hora. Na nova opción, non hai límite de prazas nin datas específicas de acceso e tampouco é precisa matriculación, polo que o acceso será tan sinxelo como cubrir un rexistro previo.

Este novo curso de autoformación pode seguirse sen necesidade dun titor, xa que as persoas usuarias van avanzando na aprendizaxe grazas aos exercicios de autorresolución e aos exemplos de resposta. Así, a través dunha interface de navegación sinxela, eficiente e intuitiva, o alumnado accede a cada unha das 12 unidades do curso divididas en catro bloques: comprender, explorar e reflectir, practicar e comunicar e viaxar.

https://www.lingua.gal/o-galego/aprendelo/celga-1

A Unión de Cooperativas EspazoCoop ten aberto o proceso de inscrición ao curso: Ferramentas e canais dixitais para impulsar as vendas. 

Datas: do 16 ao 30 de marzo de 2021

Horario e modalidade: a través da plataforma de teleformación da Unión de Cooperativas Espazocoop. Celebraranse tres sesións virtuais de aprendizaxe os días 16, 23 e 30 marzo (horario pendente de confirmar)

Duración: 15 horas

Destinatarios: Persoas socias e asalariadas de cooperativas afiliadas a EspazoCoop, outras cooperativas, empresas de economía social e público interesado en xeral.

Cota de matrícula:
Cooperativas socias de EspazoCoop, e cooperativas en proceso de constitución acompañadas por EspazoCoop e con compromiso de asociarse: 25€ por persoa
Cooperativas non socias e outras entidades da Economía Social vinculadas ás organizacións do FOROESGAL e / ou REAS Galicia: 50 € por persoa
Persoas interesadas non pertencentes a entidades anteriormente indicadas: 100 € por persoa

Obxectivos:

Atender as necesidades formativas na xestión empresarial e para a dirección e xerencia das cooperativas.
Mellorar os sistemas de dirección empresarial das cooperativas, mediante operativas adaptadas.
Divulgar boas prácticas, ferramentas e habilidades que permitan a mellora na xestión e sistemas de dirección.
Potenciar o coñecemento mutuo e intercambio das cooperativas participantes que permitan alianzas futuras.

Módulos formativo:

Módulo 1: Transformación dixital dos modelos de negocio
Módulo 2: Procesos de venda na era dixital
Módulo 3: Venda en cooperativas
Módulo 4: Marketing e comunicación dixital
Módulo 5: Analíticas. Big data.

Máis información e inscricións en eusumo.gal

A Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, no marco da Rede Eusumo, organiza a actividade MEETINGS FORMATIVOS OPORTUNIDADES DE NEGOCIO.

Os obxectivos desta iniciativa son:
Promover, facilitar, favorecer e posibilitar o emprendemento de proxectos cooperativos en ámbitos agroalimentarios considerados como oportunidades de negocio.
Explicar as vantaxes e oportunidades do emprendemento cooperativo, especialmente en cooperativas agrarias, de explotación comunitaria e de traballo asociado.
Impulsar a xeración de emprego cooperativo nos procesos de produción agraria e/ou gandeira entre os socios, socias e as súas familias.
Fomentar a fixación da poboación ao rural no contorno das cooperativas agroalimentarias, tanto de persoas socias, como de novos emprendedores.


Programación do mes de marzo: 

  • PRODUCIÓN DO TE GALEGO:
    Data: o 16 de marzo 2021
    Horario: 10:00 - 14:00 h
    Modalidade: en liña

 

  • CULTIVO DA CASTAÑA:
    Data: o 18 de marzo 2021
    Horario: 10:00 - 14:00 h
    Modalidade: en liña

 

A inscrición é gratuíta. Accede ao formulario de inscrición

Para máis información: 981584783 / agaca@agaca.com / www.agaca.coop

Fundación Esplai ofrece 4 cursos en liña gratuítos dirixidos fundamentalmente a mellorar as competencias dixitais, de comunicación etc. de profesionais e persoas voluntarias de entidades sociais.

Estas formaciónes están tamén abertas á cidadanía en xeral, aínda que as temáticas e a prioridade é o fortalecemento do sector asociativo. 

O prazo de inscrición abrangue do 8 ao 28 de marzo de 2021.

  • Community manager para telecentros e entidades sociais. Comezo o 05 de abril de 2021 .
  • # ChicasInTech: crea actividades sobre ciencia e tecnoloxía con perspectiva de xénero. Comezo o 05 de abril de 2021 . 
  • Preparate para obter a Certificación IC3 Global Standard 5 ( GS5). Comezo o 05 de abril de 2021 . 
  • Programación con Python e Intelixencia Artificial. Comezo o 05 de abril de 2021 . 

Consulta a información completa en Fundación Esplai

 

A Cámara de Comercio da Coruña organiza a súa VIII Feira de Emprego, en formato virtual, o próximo 4 de marzo.

Como nas anteriores edicións, está dirixida a empresas que teñen procesos de selección abertos e a mozos menores de 30 anos que non se atopen traballando nin estudando e que estean inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.


A xornada está deseñada para que os mozos que se inscribiron poidan asistir tamén a seminarios e talleres nos que se abordarán estratexias útiles para participar en procesos de selección. Por unha banda, psicólogos, expertos en intelixencia emocional e consultores abordarán estratexias útiles para a procura de emprego. Por outra banda, profesionais de compañías destacadas de diferentes sectores participarán en talleres deseñados para axudar a mellorar a empregabilidade dos participantes.

Responsables de  RR. HH de empresas con procesos de selección abertos, entrevistarán a aqueles mozos que o soliciten. Co fin de atender ao maior número posible de participantes, establecerase un máximo de 6 entrevistas por persoa.

Solicitude previa de entrevistas a partir de 1 de marzo.


Os mozos interesados poden inscribirse en www.feriaempleoacoruna.es ou solicitar información chamando ao 981 21 60 72, en horario de 9:00 a 14:00 horas.