O Centro Galego de Artes da Imaxe organiza en Santiago de Compostela, Memorias dunha imaxe latente. Curso de historia da fotografía.
Datas: do 24 xaneiro 2024 ao 29 maio 2024
Horario: mércores de 19:00 a 20:30 h
Coordinación: Virginia Villar
Dirección: Fuco Reyes
Prazas: 250
Matrícula: 30 €
Este curso propón unha deriva pola historia da fotografía desde o primeiro desexo de crear unha imaxe pola acción da luz ata o xurdimento das vangardas nos primeiros anos do século XX.
Farase un percorrido que permitirá conectar o medio fotográfico cos seus protagonistas, a sociedade, o pensamento e a cultura ao longo dun século. Cen anos de imaxes latentes para revelar ou desvelar a nosa maneira de entender a fotografía deste tempo.
Inscrición: o prazo de inscrición estará aberto desde o 15 de novembro de 2023 ata o 19 de xaneiro de 2024. As persoas interesadas poden enviar unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.gal. Nela deberán indicar os seguintes datos: apelidos, nome, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto. Unha vez que se acepta a solicitude, as persoas rexistradas recibirán información sobre como deben realizar o pagamento.
https://cgac.xunta.gal/gl/actividades/memorias-dunha-imaxe-latente-curso-de-historia-da-fotografia
Co obxectivo de mellorar as competencias dos traballadores e a competitividade das empresas facilitando o acceso a unha formación personalizada e de calidade, Fundae conta coa plataforma de formación "Digitalízate Plus" pensada por e para o cidadán, orientada ao desenvolvemento profesional e persoal de traballadores e pemes. A plataforma será a porta de entrada para acceder a varios cursos.
A plataforma "Digitalízate Plus" en base ás procuras e preferencias, suxerirá unha serie de accións formativas. Ademais, conta con espazos para Pemes, formadores, traballadores en ERTE, mozos, Autónomos e Economía social. Así, esta plataforma está orientada á cidadanía para ofrecer unha formación personalizada segundo perfil do cidadán ou da cidadá e dese feito facilitar a adquisición de competencias en función das tendencias do Mercado.
Accede á plataforma e comeza o teu novo curso entrando na seguinta ligazón!
EU Academy é un portal de aprendizaxe en liña propiedade da Unión Europea. Nel pódese atopar todo tipo de contidos multimedia de primeira man, recursos educativos de alta calidade e coñecementos de alto valor. Todos os contidos están elaborados directamente polas institucións comunitarias.
O obxectivo da plataforma é facilitar unha comprensión sinxela e fluida das políticas europeas nunha variedade de eidos, así como a súa implementación. EU Academy procura proporcionar un entorno de apredizaxe moderno e atractivo que fomente e mellore a calidade do coñecemento sobre asuntos da Unión dun xeito simple, intelixente e innovador.
Os contidos de EU Academy atópanse nunha variedade de formatos multimedia: podcasts, cursos ou comunidades sobre un tema en concreto e de xeito gratuíto. Ademais, están dispoñibles comunidades e contidos para aprender 27 linguas: as 24 oficiais na Unión máis o islandés, macedonio e turco.
Accede a EU Academy premendo na ligazón de abaixo!
O programa Explorer axúdache a conectar co teu futuro e a atopar a independencia económica que queres, experimentando o emprendemento como opción profesional. Durante 12 semanas traballarás sobre a túa idea de maneira semipresencial, transformándoa nun negocio sostible que contribúa a lograr os ODS 2030. Cun enfoque práctico e baseado en dinámicas de aprendizaxe social, Explorer está deseñado para que as persoas participantes se convertan en parte activa do cambio a través da posta en marcha de proxectos economicamente sostibles en distintas industrias, sectores e tipoloxías de organizacións.
Requisitos
Ser maior de idade.
Ter unha idea de negocio.
Non ter empresa legalmente constituida.
O prazo de incrición estará aberto ata o 12 de decembro de 2023.
Máis información
https://explorerbyx.org
Inscrición
Neste curso, de 1,5 horas de duración, aprenderás a crear o teu currículo profesional con Canva. Aprenderás tamén a personalizar o documento para definir cada un dos atributos que desexes presentar aos lectores. Para finalizar aprenderás a modificar un template, co fin de que en diante poidas utilizar distintos templates e comprender a cabalidad os seus partes, podendo personalizalo á túa disposición.
É un curso de bases, polo cal non necesitas ter coñecementos previos de Canva.
Data Incio:09/10/2023
Gratuíto
Organiza: MOOC
O presente programa formativo "Desenvolvemento de Habilidades Comunicativas e Liderazgo" está dirixido a profesionais que necesitan adestrar, practicar e desenvolver especialmente as súas habilidades comunicativas e de liderado no ámbito profesional e/o persoal. A misión desta formación é ofrecer un espazo para coñecer a importancia da comunicación na nosa vida actual, así como dotar de contido práctico con exemplos, técnicas e ferramentas que permitan unha eficacia comunicativa para o profesional no seu labor.
Datas: Do 7 ao 9 de novembro de 2023 De 18:00 a 20:00 h.
Horas lectivas: 10
Modalidade: En liña
Organiza: UNED
Matricula, a partir de 15,00 €, en https://extension.uned.es/logout