Outros cursos (152)

Obradoiro de Percusión Tradicional e utilidades educativas no Campus de Lugo.

A Facultade de Formación do Profesorado do Campus de Lugo da USC organiza un obradoiro de percusión tradicional e utilidades educativas que se desenvolverán os días 23 e 30 de abril, en quenda de 10.00 a 12.00 horas, así como os días 6 e 13 de maio, en horario de 16.00 a 18.00 horas.

A musicoterapeuta, e educadora en igualdade Ana Fernández será a encargada de impartir as sesión presenciais deste obradoiro na Aula de Música de Formación do Profesorado.

A inscrición nesta activade socioeducativa é libre  pode formalizarse de xeito gratuíto ata o 19 de abril través do formulario dispoñible en liña. As prazas son limitadas.

O obradoiro de percusión tradicional é unha actividade gratuíta aberta á participación de toda a comunidade universitaria da USC.

Estruturado en oito horas, as persoas inscritas poderán abordar da man de Ana Fernández os principais patróns rítmicos típicos da música tradicional galega, xa a través da utilización de instrumentos propios da nosa cultura musical (pandeiretas, pandeiros, tarrañolas…) xa con elementos cotiás (culleres, latas grandes, conchas de vieira, botella de anís...), desde unha perspectiva educativa e de xénero.

Esta actividade servirá asemade para poñer en valor a presenza feminina na tradición musical popular galega e tamén as posibilidades que esta tradición posúe para o ámbito da educación.

Máis información:
www.usc.gal

Itinerario de Emprendemento Xuvenil. EN LIÑA Directo.
Taller “Atopa o match perfecto na túa marca e na túa audiencia”

Para persoas mozas de Garantía Xuvenil.

Información e inscricións: ilopez@accioncontraelhambre.org

Teléfono 616 884 394 #FSE+, #PEJ @Acontraelhambre

Data do taller: 24 de abril 2024 - 10h a 13h

https://www.accioncontraelhambre.org/es/somosgeneracionin 

Xornada 'Gobernos rexionais e locais: tecendo relacións na escena internacional'

A Facultade de Dirección e Xestión Pública acolle a xornada Gobernos rexionais e locais: tecendo relacións na escena internacional, organizada pola Asociación Española de Ciencia Política e da Administración (AECPA) e o Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (Igadi), coa colaboración do grupo de investigación Observatorio da Gobernanza G3.

Ao longo da xornada, diferentes investigadores e investigadoras presentarán, de xeito presencial e virtual, os seus estudos sobre a acción exterior de gobernos locais e autonómicos e sobre as iniciativas diplomáticas dos parlamentos.

A xornada desenvolverase na sala de xuntas situada no terceiro andar do edificio que comparten as facultades de Dirección e Xestión Pública e Comunicación.

Lugar:Na sala de xuntas da Facultade de Dirección e Xestión Pública

Data de celebración: 19 de abril ás 9:00

Dirixido a: Estudantes , PAS e PDI

Organiza:Asociación Española de Ciencia Política e da Administración e Igadi

Máis información:
Facultade de Dirección e Xestión Pública
Facultade de Comunicación
36005 Pontevedra
www.uvigo.gal 

A violencia sexual e xénero centra un ciclo de conferencias que terá lugar os días 18 e 30 de abril e o 2 de maio na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense.

Nelas abordaranse temas como este fenómenos na adolescencia ou os instrumentos para a súa avaliación.

Datas e horario:

Xoves 18 de abril de 2024. De 11.30 a 13.45 h

Martes 30 de abril de 2024. De 16.00 a 16.45 h

Xoves 2 de maio de 2024. De 10.00 a 10.45 h

Dirixido a:Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externo

Lugar:
Na sala Emilia Pardo Bazán
Edificio de Ferro
Campus As Lagoas, Edificio de Ferro
32004 Ourense
España

Máis información:
www.uvigo.gal 

A xornalista dos Servizos Informativos de RTVE Montserrat Rigall, experta en xornalismo móbil (mobile journalism –MoJo–, en inglés), e especialista en intelixencia artificial, impartirá un curso na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela os próximos días 29 e 30 de abril. Nestas xornadas afondará na creación de noticias con dispositivos móbiles e en diferentes ferramentas e aplicacións para optimizar e posibilitar esta nova práctica profesional.

A iniciativa, organizada pola Cátedra RTVE-USC, o proxecto Valcomm, o grupo Novos Medios, o grupo de innovación docente IDESVIR e a Cátedra CIRCOM, será gratuíta para as 20 persoas participantes, que recibirán un certificado de participación. As persoas candidatas deberán ser graduadas en xornalismo e serán seleccionadas por orde de inscrición. Así mesmo, deberán acudir ás sesións con smartphones con cámara integrada e conexión a Internet. Con todo, as persoas asistentes poderán empregar libremente calquera ferramenta que mellore a calidade da gravación, como trípodes, estabilizadores de imaxe ou micrófonos de solapa adaptados a móbiles.

https://novosmedios.gal/2024/04/08/montserrat-rigall-curso-mobile-journalism/ 

A Academia Galega de Seguridade Pública convoca en Cervo e en Baiona un curso de formación específica de socorrismo en instalacións e espazos acuáticos naturais na Comunidade Autónoma de Galicia, destinado ás persoas interesadas no desenvolvemento do exercicio profesional do socorrismo.

Requisitos:
- Persoas maiores de idade en posesión do título de graduado/a en educación secundaria obrigatoria.
- Non estar inscrito/a de forma definitiva na sección ou seccións correspondentes do Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

As persoas admitidas nos cursos deberán superar a proba específica «combinada con aletas», que constitúe o primeiro módulo formativo dos cursos convocados, e cuxo contido se poderá consultar na ficha específica do curso da páxina web da Agasp http://agasp.xunta.gal, na pestana Formación.

Lugar: Cervo
Datas: do 13 de maio ao 13 de xuño de 2024
Proba específica: 3 de maio ás 18:00 h.
Prazas: 27

Lugar: Baiona
Datas: do 3 de maio ao 15 de xuño de 2024
Proba específica: 3 de maio ás 16:00 h.
Prazas: 27

O prazo de inscrición estará aberto ata o 26 de abril de 2024
Máis información no DOG do 17 de abril de 2024 e en http://agasp.xunta.gal

II Xornadas sobre bilingüismo: o valor do galego na actividade profesional

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Psicoloxía desenvolverá o 25 de abril un encontro no que se tratarán os beneficios do uso da lingua galega con pacientes no ámbito profesional.

As II Xornadas sobre bilingüismo: o valor do galego na actividade profesional terán lugar no salón de actos do centro en horario de tarde, comezando cunha intervención do profesor Castor Méndez Paz, que presentará o proxecto terminográfico ‘Dicionario de termos de Psicoloxía’ desenvolvido pola Comisión de Normalización de Psicoloxía e a Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística da USC.

A seguir, Marcos Díaz López, da Universidade de Deusto,  falará de como o idioma empregado pode afectar á toma de decisións.

Para pechar a xornada, as psicólogas Encarna Álvarez Gallego e  Mª Carmen González Hermo tratarán nunha mesa de experiencias como afecta na práctica clínica o uso do galego e a súa utilidade.

A asistencia é de balde previa inscrición, que pode cursarse ata o 24 de abril a través da Secretaría Virtual da USC para os membros da comunidade universitaria e a través dun formulario.

Máis información:
www.usc.gal

Ciclo de Cultura Océanica: A Conservación da Biodiversidade Mariña no CEIDA

Obxectivos:
-Coñecer o movemento de Cultura Oceánica e a súa vinculación coa conservación e sostibilidade dos océanos.
-Salientar a importancia e a riqueza dos océanos e todo o que aportan a saúde do Planeta.
-Divulgar experiencias exitosas de conservación mariña.
-Achegar a diversidade mariña con exemplos de problemáticas que nos afectan.

Destinatarios/as
Xestores/as de espazos protexidos, persoal técnico vinculados á conservación do patrimonio natural, comunidade educativa, profesionais da educación e da educación ambiental, intérpretes do patrimonio e público xeral interesado.

Programa:
10.00 h. Inauguración e introdución á xornada.
10.30 h. Proxecto LIFE INTEMARES, premio á mellor contribución á conservación mariña. Dna. Elena Ruiz, Técnica do proxecto. Área de Conservación e Restauración de Ecosistemas da Fundación Biodiversidad.
11.15 h. Proxecto AVES ÁRTABRAS, investigación e participación para a conservación das aves mariñas. D. Sergio París Gómez, Educador Ambiental do CEIDA.
12.00 h. Descanso.
12.30 h. Mesa redonda: A importancia da conservación dos mamíferos mariños e retos a afrontar:
D. Alfredo López, Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA).
Dna. Raquel Puig Lozano, Doutora en Sanidade Animal e Seguridade Alimentaria pola Universidad de Las Palmas de Gran Canaria. Instituto Universitario de Sanidad Animal y Seguridad Alimentaria.

Data: venres, 26 Abril de 2024

Horario.De 10 a 14 h.

Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Máis información:
CEIDA
Castelo de Santa Cruz, s/n C.P. 15179 Liáns - Oleiros - A Coruña
981 630 618
981 614 443
ceida@ceida.org

A Nerd Nite correspondente ao mes de abril viaxa ata Lugo, onde se desenvolverá o vindeiro xoves 25 de abril, a partir das 20.30 horas, na cafetería Cook, unha sesión aberta sobre mulleres e aeronáutica.

As Nerd Nites son conversas divulgativas nas que especialistas de diferentes ámbitos dialogan co público das disciplinas que os apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.

As persoas convidadas a participar nesta Nerd Nite, promovida desde a USC xunto coa asociación Ellas vuelan alto, son Neves Seoane Vieira, directora do Centro de Investigación Aeroportada de Rozas; Lidia Gómez Quejido, enxeñeira especialista en aeronavegabilidade, e María Crego Blanco, responsable de deseño de sistemas de comunicacións en Gradiant.

A física da atmosfera e directora do Centro de Investigación Aeroportada de Rozas, Neves Seoane Vieira, abrirá a quenda de faladoiros coa charla ‘Traballando entre nubes’.

De seguido, Lidia Gómez Quejido, enxeñeira técnica aeronáutica especialista en aeronavegabilidade e sistemas CAE Par aviation, ofrecerá unha intervención baixo o título ‘Elas perrean alto’.

A enxeñeira superior de telecomunicacións e responsable técnica de deseño de sistemas de comunicacións en Gradiant, María Crego Blanco, pechará a Nerd Nite do Campus Terra da USC coa charla ‘Houston, temos un TIK TOK’.

Máis información:
www.usc.gal

II Xornada Universitaria Galega 'Submisión química e violencias sexuais'

A Oficina de Igualdade de Xénero da USC, xunto coas universidades de Vigo e A Coruña, desenvolven o próximo xoves 18 de abril a II Xornada Universitaria Galega centrada na 'Submisión química e violencias sexuais'.

O encontro, financiado polo pacto de Estado, comezará ás 10.00 horas e o seu seguimento será en liña, previa inscrición de balde.  

Logo da inauguración, o primeiro relatorio leva por título ‘A violencia sexual en espazos de ocio. Protocolos de abordaxe comunitario’ e correrá a cargo de Amaya I. Díez Rodríguez, técnica de prevención de Noctambul@s e experta no desenvolvemento de políticas públicas de prevención das violencias sexuais en espazos de lecer e outras formas de violencia machista.

A continuación, ás 10.40 horas, o director de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, Francisco José Aramburu Vilariño, explicará a actuación nos casos de submisión química nos centros hospitalarios e en concreto a súa experiencia no ourensán.

En concreto, explicará como establecer un protocolo de actuación entre o Servizo de Urxencias do hospital, o Servizo de Análises clínicas de Traballo Social, as Forzas e Corpos de Seguridade, o Instituto de Medicina Legal e a Audiencia Provincial de Ourense para sistematizar o diagnóstico, tratamento e seguimento das vítimas de submisión química, a cal se asocia a agresións sexuais ou abuso de menores, así como roubos sobre todo a persoas maiores.

O acompañamento das vítimas de violencia sexual e submisión química será a charla, ás 11.00 horas, da psicóloga do Centro de Información da Muller de Ferrol con máis de 25 anos de experiencia en servizos sociais comunitarios Ana Cobo Fernández, e xa para rematar será a quenda da Asociación Faraxa, que se centrará na cuestión da trata e a submisión química.

Faraxa ofrece apoio e atención especializada desde o ano 2009 a persoas en situación de prostitución, trata de seres humanos con fins de explotación sexual, mendicidade, laboral e vítimas de Violencia de Xénero.

O peche da xornada está previsto para as 11.55 horas.

Para participar neste encontro interuniversitario é preciso inscribirse.

Máis información:
www.usc.gal