Novas e actividades (1315)

Correspondentes_Colexio_ClunnyAlba, Juan, Diego e Alba, alumnado de 2º da ESO, son Correspondentes Xuvenís no Colexio San José de Cluny en Santiago de Compostela. Encarganse de difundir información entre os seus compañeiros a través do taboleiro de anuncios.

Parabéns polo seu labor!!!

Correspondentes_do_IES_Parga_Pondal_1Correspondentes Xuvenís do IES Isidro Parga Pondal de Carballo.

Como o curso escolar esta a punto de rematar, o profesorado responsable de Correspondentes Xuvenís no IES Isidro Parga Pondal de Carballo pedironlle aos alumnos de 3º ESO que participan no proxecto, que plasmaran as súas impresións sobre o mesmo.

Estas son as transcricións de dous dos documentos, opinan tamén sobre outros dos proxectos nos que estaban involucrados.


Documento 1
"Nós, os alumnos do I.E.S. Isidro Parga Pondal, consideramos que a experiencia de participar no proxecto xuventude nos enriqueceu didáctica e lúdicamente, xa que a información que hai na páxina énos de axuda para a petición de bolsas estranxeiras e a posibilidade de acceder a outro tipo de información tamén interesante.
Foi unha grande oportunidade participar neste proxecto e contribuír ao desenvolvemento da páxina web.
No caso de Quérote+ as actividades foron medianamente útiles e un pouco repetitivas, pero fíxose todo o posible por espremelos coñecementos do instrutor."


Documento 2
"Os alumnos de 3º ESO do Isidro Parga Pondal de Carballo opinamos que moita da información é innecesaria porque á xuventude de hoxe en día necesita actividades máis dinámicas. Unha das actividades realizadas en clase foi Querote+ unha das mellores actividades. Aínda así opinamos que foi moi repetitivo e non trataron temas novos e importantes, para o noso gusto terían que tocar o tema do sexo e non tanto a repetición da tecnoloxía e o do alcohol. O da tecnoloxía xa o deu a policía e o do alcohol unha asociación chamada Vieiro, é dicir nada innovador. Pero a pesar diso gústonos máis que facer Consumopolis."

Gracias polas opinións e parabéns a todas e todos os Correspondentes!!

Tamén elaboraron un folleto informativo sobre o carné xove e sobre programas de Xuventude.

Folleto elaborado polos/as Correpondentes

Correspondentes_IES_de_MeisMiguel, Natalia, Mª del Carmen e Anxo son os/as Correspondentes Xuvenís do CPI Mosteiro-Meis do Concello de Meis.
Teñen a responsabilidade de difundir información xuvenil entre o resto do alumnado do seu instituto. Reciben a información dende a Dirección Xeral de Xuventude e dende a OMIX de Meis.

Parabéns!!

correspondentes_Xelmirez_IAndrea, Ánxela, Irene e Andrea, falta Ana, son as Correspondentes Xuvenís do IES Xelmírez I de Santiago de Compostela.
Son as responsables de difundir información xuvenil entre os seus compañeiros de instituto,

Parabéns a todas elas!!

O CSIC fai unha convocatoria para elaborar unha bolsa de traballo para a selección e contratación de persoal temporal, investigadores en formación e titulados en prácticas.
O bolsa terá unha vixencia de tres anos dende a súa publicación

Máis información:
https://sede.csic.gob.es/servicios/formacion-y-empleo/bolsa-de-trabajo