En portada (1158)

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, achegouse hoxe ata un panel de experiencia cos voluntarios e cos monitores do programa ‘Intégrate, Intégrame, Intégranos !!!” da Asociación Cultural e Recreativa dos Tilos

Rodeiro destacou a experiencia positiva adquirida polos voluntarios, a quen animou a seguir en contacto co mundo da solidariedadeVOLUNTARIADOGALEGO

Os programas que ten en marcha este área do departamento autonómico constitúen ferramentas “de gran utilidade” para facer da participación activa dos mozos e mozas a primeira fase do emprendemento

Os participantes recibirán unha certificación oficial da experiencia adquirida, segundo establece a nova Lei Galega de Acción Voluntaria, aprobada por unanimidade en 2011

Un total de 92 voluntarios de 14 asociacións diferentes participan no programa de Voluntariado Xuvenil da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, na comarca de Santiago. Isto supón máis de 4.600 xornadas de voluntariado.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, achegouse hoxe ata un panel de experiencia cos voluntarios e cos monitores do programa ‘Intégrate, Intégrame, Intégranos !!!” da Asociación Cultural e Recreativa dos Tilos. Nos mesmo participaron sete persoas de entre 18 e 30 anos de idade que desenvolveron 370 xornadas de acción voluntaria.

Rodeiro destacou a experiencia positiva adquirida polos voluntarios, a quen animou a seguir en contacto co mundo da solidariedade e sinalou que este é “o primeiro programa en toda España que aposta polo compromiso social directo da mocidade”. Os participantes recibirán unha certificación oficial da experiencia adquirida, segundo establece a nova Lei Galega de Acción Voluntaria, aprobada por unanimidade en 2011.

Os voluntarios dos Tilos colaboraron nun programa destinado á participación de persoas con capacidades diversas nas actividades da asociación. Deste xeito, facilitaron a integración de mozos e mozas con síndrome de down, dano cerebral, paraplexia, e tamén doutras características non tan visibles, nos programas de dinamización e conciliación.

Para o director xeral, este tipo de iniciativa “constitúe un exemplo da evolución que nos últimos catro anos ten experimentado a programación da Dirección Xeral de Xuventude, dun modelo baseado case en exclusiva na xestión do ocio e tempo libre, a programas vinculados á participación activa, ao emprendemento, á empregabilidade e á educación non formal da mocidade, puntos estratéxicos da primeira Lei de Xuventude de Galicia”.

Os programas que ten en marcha este área do departamento autonómico constitúen ferramentas “de gran utilidade” para facer da participación activa dos mozos e mozas a primeira fase do emprendemento.

Cada unha das xornadas de voluntariado conta cunha axuda de seis euros en concepto de transporte e manutención do voluntario, mentres que para as entidades de acción voluntaria a axuda diaria é de catro euros, para cubrir os gastos de seguro e de xestión.

  • A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe na presentación desta iniciativa e lembrou que as novas tecnoloxías ofrecen grandes posibilidades e vantaxes, pero tamén certos perigos
  • Para contribuír a facer fronte a estes posibles riscos, a través dos Centros ‘Quérote Máis’, lévanse a cabo diferentes iniciativas coa colaboración e asesoramento do Grupo de Delitos Telemáticos da Garda Civil e a Policía Nacional
  • No curso 2012/2013 impartíronse obradoiros sobre o uso seguro das novas tecnoloxías de comunicación en máis de 120 centros de ensino de toda Galicia para preto de 5.000 mozos e mozas
  • De xeito complementario, impartíronse 37 obradoiros acerca do uso correcto das tecnoloxías da información, que incluíron formación con familias, actividades solicitadas por asociacións e concellos, e obradoiros específicos para persoas con diversidade funcional, con preto de 1.000 beneficiarios

presentacioncomicbousointernetrsA Consellería de Traballo e Benestar vén de colaborar co Valedor do Pobo no lanzamento dun cómic que pretende fomentar o bo uso de Internet e as redes sociais entre a mocidade galega de forma “sinxela, directa e accesible”. A tirada da primeira edición será de 30.000 exemplares que se distribuirán en centros educativos de Educación Secundaria.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, participou hoxe na presentación desta iniciativa e lembrou que as novas tecnoloxías ofrecen grandes posibilidades e vantaxes, pero tamén agochan perigos como poñer información privada ao alcance de moitas persoas, o que pode derivar no ciberacoso ou ciberbullying.

Mato indicou que, para contribuír a facer fronte a estes perigos, a través dos Centros ‘Quérote Máis’, dependentes da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, lévanse a cabo diferentes iniciativas coa colaboración e asesoramento do Grupo de Delitos Telemáticos da Garda Civil e a Policía Nacional.

Por exemplo, no curso 2012/2013 impartíronse obradoiros sobre o uso seguro das novas tecnoloxías de comunicación en máis de 120 centros de ensino de toda Galicia para preto de 5.000 mozos e mozas.

De xeito complementario, impartíronse 37 obradoiros acerca do uso correcto das tecnoloxías da información, que incluíron formación con familias, actividades solicitadas por asociacións e concellos, e obradoiros específicos para persoas con diversidade funcional, con preto de 1.000 beneficiarios.

A titular de Benestar explicou que o ciberacoso é unha das cinco temáticas que actualmente abordan os centros ‘Quérote Máis’, xunto coa sexualidade, a afectividade, a autoestima e a prevención do consumo de substancias nocivas.

No pasado ano os técnicos destes centros atenderon as dúbidas e consultas de máis de 11.000 mozos, tanto a nivel persoal –nalgunha das 18 localidades nas que están presentes os profesionais deste servizo– como a través do teléfono ou Internet. Ademais, realizáronse 1.300 intervencións en centros de secundaria, asociacións xuvenís e outras entidades. Nelas achegouse información especializada a 30.000 mozos e mozas.

Os Perigos de Internet

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe en Rois na presentación da iniciativa xuvenil ‘Proxecto C3. Camiña. Cimenta. Crea’

Rodeiro destacou a importancia de impulsar desde as administracións públicas a creatividade e o espírito empresarial da mocidade

A Consellería de Traballo e Benestar está a coordinar este ano un total de 33 proxectos xuvenís a través do programa europeo Xuventude en Acción. O director da área autonómica, Ovidio Rodeiro, participou hoxe en Rois, no Pazo do Faramelo, na presentación dun destes proxectos, onde avanzou que o próximo outubro terá lugar a última convocatoria deste ano para solicitar as subvencións de proxectos que se deberán realizar entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2014.

Rodeiro explicou que a través deste programa foméntase o espírito de iniciativa empresarial da mocidade, así como a súa creatividade e, polo tanto, a súa futura empregabilidade. Neste senso, sinalou a importancia de impulsar desde as administracións públicas este espírito emprendedor entre os mozos e mozas galegos e, deste xeito, afirmou que a Estratexia Xuventude 2013 dedica a estes valores un dos seus eixos principais, propoñendo 20 medidas concretas.

En 2012, Galicia executou o 10 por cento do total dos proxectos estatais que se realizaron ao abeiro do programa europeo Xuventude en Acción. Así, a Comunidade autónoma galega foi a terceira rexión onde máis actividades se puxeron en marcha, ata un total de 60 iniciativas que supuxeron a participación de 969 persoas. Esta actuación contou cun orzamento de preto de 820.000 euros.

‘O proxecto C3. Camiña. Cimenta. Crea’ é unha iniciativa que está a poñer en marchar un grupo informal de mozos e mozas co obxectivo de elaborar tres libros biográficos visuais de tres artistas galegas que alcanzaron relevancia en Europa: La Bella Otero, Maruja Mallo e María Casares. O que se pretende, a través deste plan, é rescatar estas tres figuras e dalas a coñecer á mocidade, así como resaltar a importancia que tiveron no ámbito europeo, sobre todo en Francia, onde residiron.

A iniciativa consta de tres partes. A primeira consiste na realización de monográficos individuais de cada artista para representar os seus lugares de nacemento. Na segunda fase realizaranse tres curtametraxes de dez minutos de duración, mostrando a biografía das tres artistas desde diferentes ópticas. E a terceira parte basearase nun xogo de trivial con preguntas sobre estas tres mulleres galegas.

O resultado de todo este traballo será obxecto de divulgación polos centros de ensino galegos e noutros países como Francia, Suíza e Estados Unidos, onde, por exemplo, a Casa de Galicia de Neward en New Yersey e en Manhattan xa mostraron a súa interese por estes monográficos.

Xuventude Crea
Por outra banda, Rodeiro destacou que ao longo deste mes e de outubro desenvolverase o programa Xuventude Crea, o certame galego de creadores novos. “Trátase dunha iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar para que os mozos e mozas poidan manifestar a súa inquedanza artística e cultural”, apuntou Rodeiro, ao tempo que subliñou que con este programa estase tamén a fomentar a creatividade xuvenil, “como mostra do talento que amosa a mocidade galega”. As especialidades do certame son teatro, artes plásticas, música, relato breve, poesía, videocreación, banda deseñada, graffiti, carteis, moda e deseño de xoias.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, explicaron hoxe que o departamento autonómico dinamizará, a través dos seus máis de 13.000 seguidores dos perfís das redes sociais, o voto en Internet para o proxecto galego.corterizas

Tamén se realizará, entre os votantes, un sorteo de 5 lotes de 4 prazas cada un para pasar unha estadía de fin de semana no propio albergue das Corcerizas no que poden participar os usuarios do Carné Xove.

Esta instalación foi seleccionado para representar a España neste concurso entre os 254 albergues.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, levará a cabo unha campaña de apoio á nominación do albergue xuvenil das Corcerizas (Vilar de Barrio) ao premio que ofrece ‘Hostelling International’ para os proxectos dirixidos a mellorar o patrimonio natural mediante a redución de emisións de carbono e que está dotado con 30.000 euros.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, explicaron hoxe nunha rolda de prensa que o departamento autonómico dinamizará, a través dos seus máis de 13.000 seguidores dos perfís das redes sociais, o voto en Internet para o proxecto galego.

Ademais, Xuventude tamén realizará, entre os votantes, un sorteo de 5 lotes de 4 prazas cada un para pasar unha estadía de fin de semana no propio albergue das Corcerizas no que poden participar os usuarios do Carné Xove.

Para depositar o voto, os electores poden acceder a través do banner do portal da Dirección Xeral, https://xuventude.xunta.es, ou a través das webs de Amigos da Terra ou da Rede de Albergues Xuvenís (Reaj). O prazo finalizará o 30 de setembro.

Para representar a España, o albergue das Corcerizas foi seleccionado pola Reaj entre os 254 albergues que coordina este organismo. Hostelling International escolleu como finalista do concurso ao proxecto galego, xunto con outros quince, entre as propostas dos 94 estados nos que está presente esta central de reservas.

No caso do albergue das Corcerizas, toda a produción enerxética provén exclusivamente de enerxías renovables, podendo funcionar ao marxe da rede eléctrica convencional, conformando o que se coñece como unha “illa enerxética”.

Para conseguir ser unha illa enerxética tamén en inverno, nesta instalación deseñaron un proxecto para instalar un aeroxenerador eólico que permita eliminar combustibles fósiles, a construción dun muro radiante de barro crudo como sistema de radiación e a implantación dun programa dirixido a centros escolares con alternativas para afrontar o cambio climático, demostrando a viabilidade dunha pegada de carbono mínima.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe a iniciativa Xaquedrín, da Asociación Cultural Xaquedrum de Lugo

Para Ovidio Rodeiro, “Iniciativa Xove funciona como unha escola de cidadanía activa, xa que permite que a xuventude galega poida organizar, emprender e impulsar actividades onde os actores principais son eles mesmos”financia

Este programa permite sufragar ata o 100% das iniciativas e proxectos de interese presentados polos mozos e mozas, cun investimento máximo por cada actividade de 4.000 euros

O programa de fomento da participación xuvenil ‘Iniciativa Xove’ da Consellería de Traballo e Benestar permitirá que este ano se financien na provincia de Lugo un total de 13 proxectos xuvenís, con preto de 50.000 euros de investimento.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe a iniciativa Xaquedrín, da Asociación Cultural Xaquedrum de Lugo. Con este proxecto, os mozos e mozas desta entidade instalaron na praza maior da localidade un taboleiro xigante de catro por catro metros, onde se poden disputar partidas dun xogo que difunde a cultura do xadrez, da reciclaxe e da construción europea.

Para Ovidio Rodeiro, “Iniciativa Xove funciona como unha escola de cidadanía activa, xa que permite que a xuventude galega poida organizar, emprender e impulsar actividades onde os actores principais son eles mesmos”. Ademais, o director xeral destacou que con este programa “a administración non lle di aos mozos e mozas o que teñen que facer, senón que lles pide propostas para despois apoialas”.

O mesmo permite sufragar ata o 100% das iniciativas e proxectos de interese presentados polos mozos e mozas, cun investimento máximo por cada actividade de 4.000 euros.

Todas as entidades e grupos aos que se lle conceda a axuda e o solicitasen, recibiron un anticipo do 80% sobre o total da cantidade concedida. Isto permítelles financiar o proxecto sen ter que adiantar contías eles mesmos, o que evita que a posible falta de liquidez das persoas novas constitúa un impedimento para a posta en marcha das súas ideas.

Con esta liña de axudas preténdese fomentar a participación da mocidade, co propósito de estimular o seu espírito de protagonismo e liderado, a creatividade e o talento xuvenil e, sobre todo, permitir poñer en practica as súas ideas relacionadas co lecer, a comunicación e as novas tecnoloxías, así como ensaiar novas propostas relacionadas co emprendemento e a empregabilidade.

  • O departamento autonómico investiu preto de 2,3 millóns de euros na posta en marcha desta iniciativa, que permitiu a contratación dunhas 900 persoas entre os postos de monitores e directores de tempo libre
  • As actividades este ano chegaron ata preto de 100 persoas máis que o ano anterior
  • O obxectivo dos campamentos de verán é que a mocidade empregue o seu tempo libre en actividades de carácter lúdico, cultural e deportivo, ao tempo que coñecen outros territorios e viven novas experiencias

Máis de 8.200 mozos e mozas de entre 9 e 35 anos participaron este ano nos campamentos da campaña de verán organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar.

As actividades este ano chegaron ata preto de 100 persoas máis que o ano anterior e supuxeron un orzamento por parte do departamento de preto de 2,3 millóns de euros. Así mesmo, permitiron a contratación dunhas 900 persoas entre os postos de monitores e directores de tempo libre.

Na programación incluíronse: campamentos xuvenís para menores de 18 anos en Galicia e noutras comunidades autónomas; o uso en oferta concertada das instalacións xuvenís; as actividades para maiores de 18 anos; campos de traballo en España e no estranxeiro; e accións de reencontro con mozos e mozas descendentes de galegos residentes no exterior.

O obxectivo dos campamentos de verán é que a mocidade empregue o seu tempo libre en actividades de carácter lúdico, cultural e deportivo, ao tempo que coñecen outros territorios e viven novas experiencias, así como favorecen a conciliación da vida laboral, persoal e familiar durante os meses estivais.

Este verán contouse con preto de 7.500 prazas de campamentos, entre as que se atopan prazas para menores con discapacidade, fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero, ou menores tutelados, así como a oferta concertada.

Os campamentos desenvolvéronse nas seguintes instalacións: Complexo xuvenil As Mariñas (Bergondo); Campamentos de Furelos (Melide), Virxe de Loreto (Porto do Son), A Espiñeira (Boiro), A Devesa (Ribadeo), Os Chacotes (Palas de Rei), Penedos de Xacinto (Entrimo), Pontemaril (Forcarei) e Illa de Ons (Bueu); albergues xuvenís de Area (Viveiro), Benigno Quiroga (Portomarín), As Sinas (Vilanova de Arousa) e Equal (Coles). Ademais, mozas e mozos galegos tamén saíron de intercambio para o País Vasco e A Rioxa.

Os maiores de 18 anos e menores de 35 tamén puideron beneficiarse de actividades lúdicas. Foron un total de 393 prazas, na costa e no interior, que constituíron unha alternativa responsable dentro do ocio e tempo libre. Incluíronse actividades deportivas e de coñecemento da cultura da auga galega, como o barranquismo, kaiak, BTT, xeocaching, surf, bodyboard, escalada, kaiak de mar e sendeirismo.

Este ano tamén se levou a cabo o proxecto ‘Conecta Galicia’, un programa rotatorio de convivencia entre participantes galegos e da Galicia exterior. Ao abeiro desta iniciativa, organizáronse actividades lúdicas e tamén sobre o Camiño de Santiago e o mar galego para descubrir o patrimonio histórico cultural, así como o medio mariño.

Para os maiores de 18 anos puxéronse en marcha os campos de traballo, cun total de 310 prazas en Galicia. O seu obxectivo foi fomentar a convivencia, a participación e a tolerancia a través dunha colaboración desinteresada e voluntaria.

En Galicia organizáronse campos de traballo de diferentes temáticas: de conservación e información ambiental nas Illas Cíes; ambiental e etnográfico en Lalín; medioambiental en Vilar de Ordelles e Muíños; de bioconstrución en Vilar de Barrio; de audiovisual en Celanova; e cultural e etnográfico en Ponteceso. Tamén houbo campos arqueolóxicos en Boqueixón e Rois; e de emprendemento en Palas de Rei.

  • Estará instalada entre as 11,00 e 15,00 horas na Praza de Galicia
  • O obxectivo desta iniciativa é informar á mocidade dos distintos recursos que teñen á súa disposición
  • Na instalación contarán co asesoramento de técnicos especializados

A carpa informativa Xplora Xuventude está mañá emprazada no concello de Vilagarcía, na Praza de Galicia, entre as 11,00 e 15,00 horas.

Trátase dunha campaña da Consellería de Traballo e Benestar, organizada a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que tenta achegar a pé de rúa os distintos programas e recursos destinados á mocidade, aproveitando a celebración de eventos con gran afluencia de público, coma neste caso.

Na instalación, ofertaranse contidos de interese, e os interesados disporán tamén do asesoramento de técnicos especializados, que forman parte da Rede galega de dinamización xuvenil.

Non só haberá información, senón que a carpa servirá tamén como un espazo para que grupos de mozos e mozas, así como entidades xuvenís, poidan amosar as súas actividades e propostas, a modo dun escaparate do talento xuvenil.

Esta iniciativa percorrerá un total de 40 concellos galegos co obxectivo de difundir os distintos recursos dirixidos á xuventude.

Para a consulta sobre as datas e lugares de realización desta campaña informativa, os interesados en participar poden atopar máis información na páxina web xuventude.xunta.es.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe aos voluntarios que toman parte nesta iniciativa da Consellería de Traballo e Benestar

Os participantes están a colaborar en labores de protección medio ambiental e de divulgación da cultura a través de actuacións no museo etnográfico

Este verán organízanse en Galicia un total de 13 campos de traballo que ofertan 310 prazas á mocidade

Un total de 20 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos están a participar ata o 30 de agosto no campo internacional de traballo de Lalín ‘Tradición en verde’, unha iniciativa de carácter etnográfico que organiza a Consellería de Traballo e Benestar.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe aos voluntarios que están a tomar parte nesta actuación, que proceden de Francia, Italia, Rusia, República Checa, Venezuela, Marrocos, País Vasco, Valencia, Andalucía e Galicia.

Rodeiro explicou que este campo de traballo conta con dúas áreas de intervención diferenciadas. Por unha banda, os participantes colaboran na protección do medio ambiente nos montes da comarca do Deza e, por outra, están a divulgar a cultura e o patrimonio galego a través de diversas actuacións no museo etnográfico ‘Casa do Patrón’ e na súa contorna. Para iso, estase a elaborar material informativo, catalogar os fondos etnográficos, acondicionar a área recreativa e sinalizar a ruta dos muíños integrada no museo.

Os voluntarios, ademais, están a participar en actividades complementarias, como tiro con arco, xogos de xeolocalización, rotas en bicicleta de montaña, obradoiros de cestería e de baile tradicional e visitas a diferentes localidades tanto do Deza como doutras comarcas galegas.

Rodeiro explicou tamén que este verán organízanse en Galicia un total de 13 campos de traballo, con 310 prazas, incluíndo o de Lalín. As actividades abranguen desde o eido etnográfico e cultural ata o ámbito ambiental, arqueolóxico ou de fomento do emprendemento.

Os campos de traballo están dirixidos tanto a mozos e mozas de Galicia como a aqueles que residen noutras rexións ou países. Así, os mozos galegos puideron inscribirse tamén nalgún dos 49 campos de traballo que se organizan noutras comunidades autónomas, ou nalgún dos que se celebran en 27 países dos cinco continentes.

Estas actividades están encamiñadas a favorecer a convivencia, participación, tolerancia e solidariedade entre a mocidade a través da realización de labores voluntarias en actuacións de interese social.

Esta iniciativa forma parte da Campaña de Verán da Consellería de Traballo e Benestar que, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, está a ofertar este verán en toda Galicia 8.200 prazas. O orzamento total que está a investir o departamento autonómico nesta actuación ascende a máis de 2,2 millóns de euros, o que permite tamén a contratación de ao redor de 900 monitores de tempo libre.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o director de negocios especializados e canles de NovaGalicia Banco, Rubén Martínez Nieto, asinaron hoxe esta colaboración

Terá unha vixencia de dous anos e inclúe unha achega por parte da entidade bancaria de 100.000 euros anuais: 60.000 para actividades de promoción e os 42.000 restantes para a suscrición dun seguro de asistencia en viaxe do que disfrutarán todos os posuidores do carné

Beatriz Mato aproveitou para anunciar a posta en marcha dunha nova aplicación para smartphones que ten como obxectivo facilitar e optimizar o uso que os mozos e mozas poden facer desta iniciativaNNGG

Mato lembrou tamén que o pasado mes de maio asinouse un convenio coa FEGAMP para promover a incorporación das entidades locais a este programa

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o director de negocios especializados e canles de NovaGalicia Banco, Rubén Martínez Nieto, asinaron hoxe un convenio para renovar a colaboración das dúas partes no desenvolvemento do programa Carné Xove, que conta xa con máis de 56.000 beneficiarios en toda Galicia.

O convenio subscrito hoxe terá unha vixencia de dous anos e inclúe unha achega por parte da entidade bancaria de 100.000 euros anuais: 60.000 para actividades de promoción do Carné Xove e os 42.000 restantes para a subscrición dun seguro de asistencia en viaxe do que disfrutarán todos os posuidores do carné.

A responsable de Benestar lembrou que este programa conta xa con máis de 25 anos de historia desde a súa orixe no Protocolo de Lisboa de 1987. Este sinala como beneficiarios aos mozos e mozas de entre 16 e 26 anos, se ben en Galicia estendeuse voluntariamente ata os 30 anos.

Esta iniciativa proporciona aos seus usuarios diversas vantaxes, tales como descontos e ofertas especiais nos máis de 2.300 establecementos adheridos ao programa en Galicia e aos do resto de comunidades autónomas e dos 40 países europeos que participan no mesmo.

Ademais, teñen dereito á rebaixa de ata un 25% nas iniciativas que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, tales como a Campaña de Verán, os programas de mobilidade e de ocio alternativo. Permite optar ás axudas da área autonómica para a obtención do carné de conducir, que este ano é de 250 euros para os solicitantes que reúnan os requisitos da convocatoria e inclúe un seguro gratuíto de viaxe, que cubre calquera continxencia dos mozos nos seus desprazamentos ao estranxeiro.

NovaGalicia Banco encargarase de proporcionar o soporte físico do carné nas súas dúas modalidades: o clásico e o combinado, que inclúe as prestacións propias dunha tarxeta bancaria.

Aplicación para smartphones
Beatriz Mato aproveitou para anunciar a posta en marcha dunha nova aplicación para smartphones que ten como obxectivo facilitar e optimizar o uso que os mozos e mozas poden facer do carné xove. Esta ferramenta xa pode descargarse desde Google Play nos teléfonos co sistema Android e moi pronto estará dispoñible para os usuarios de Iphone a través do Apple Store.

Doutra banda, Mato lembrou tamén que o pasado mes de maio asinouse un convenio coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para promover a incorporación das entidades locais a este programa. Así, os concellos que se adhiran farán descontos aos posuidores nas taxas dos servizos municipais para mozos, e contribuirán á difusión do programa.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitaron hoxe a estes voluntarios procedentes das comunidades autónomas da Rioxa, Euskadi, Cantabria, Valencia, Andalucía, Madrid e Galicia, ademais de Brasil e Uruguai

A provincia de Ourense acolleu este verán outros tres campos de traballo en Celanova, Vilar de Barrio e Esgos MUIOS

Incluíndo os catro ourensáns, este verán organízanse en Galicia un total de 13 campos de traballo, con 310 prazas

Un total de 20 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos están a participar no campo de traballo que se desenvolve do 16 ao 30 de agosto no albergue de Muíños (Ourense), baixo o título de 'Natureza viva'.

Os participantes están a colaborar na recuperación de áreas degradadas para mellorar os accesos aos espazos do propio albergue, así como na reforestación de zonas do parque de Outeiro da Cela. Os mozos e mozas proceden das comunidades autónomas da Rioxa, Euskadi, Cantabria, Valencia, Andalucía, Madrid e Galicia, ademais de Brasil e Uruguai.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitaron hoxe a estes voluntarios que se distribúen en cinco grupos de traballo que se alternan para pintar murais no complexo, colaborar en tarefas de reforestación, reparar os accesos ao albergue, realizar o recheo de regos e tallas de augas pluviais e participar nas actividades complementarias.

Ademais desta iniciativa de Muíños, a provincia de Ourense acolleu este verán outros tres campos de traballo en Celanova, Vilar de Barrio e Esgos. Incluíndo os catro ourensáns, este verán organízanse en Galicia un total de 13 campos de traballo, con 310 prazas. As actividades abranguen desde o eido etnográfico e cultural ata o ámbito ambiental, arqueolóxico ou de fomento do emprendemento.

Os campos de traballo están dirixidos tanto a mozos e mozas de Galicia como a aqueles que residen noutras rexións ou países. Así, os mozos galegos puideron inscribirse tamén nalgún dos 49 campos de traballo que se organizan noutras comunidades autónomas, ou nalgún dos que se celebran en 27 países dos cinco continentes.

Estas actividades están encamiñadas a favorecer a convivencia, participación, tolerancia e solidariedade entre a mocidade a través da realización de labores voluntarias en actuacións de interese social.

Estas iniciativas forman parte da Campaña de Verán da Consellería de Traballo e Benestar que, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, está a ofertar este verán na provincia de Ourense un total de 785 prazas en diferentes actividades dirixidas a mozos e mozas, o que supón un 45,3 por cento máis das que había en 2012. No total galego, as prazas ofertadas achéganse ás 8.200.