En portada (1158)

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, inaugurou hoxe esta mostra na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela (USC)PINTURA

Estará aberta ao público ata o próximo 14 de novembro

Santiago de Compostela acolle desde hoxe, e ata o próximo 14 de novembro, a exposición dos traballos finalistas da modalidade de artes plásticas (fotografía, escultura e pintura) do certame Xuventude Crea que organiza a Consellería de Traballo e Benestar.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, inaugurou hoxe esta mostra na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela (USC), na que exporán as súas obras un total de 20 finalistas.

No apartado de escultura, estarán os traballos dos finalistas: Basilisa Fiestas Cachafeiro, Luís González López e Rocío Fernández Pacio. Na modalidade de fotografía, exporán as súas obras Verónica Reboredo Blanco, Inés Salvado Gontad, David Soler Berini, Patricia Alonso Sande, Miguel Álvarez Fernández, Carla Fernández Andrade, Clara Baltasar Afonso, Sheila Pazos Silva, David Rodríguez Casas e Verónica Vicente Álvarez.

Pola súa banda, na especialidade de pintura mostrarán os seus traballos Mónica Domínguez Rodríguez, Sergio Fernández Martínez, Paula López Vallejo, Alexandra Agis García, Isabel Pazos Pose, María Jesús Armesto Martínez e Jacobo Bugarín Osorio.

Na edición de 2013, máis de 300 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos participaron neste certame de creadores novos. En total, presentaron 238 traballos en 11 especialidades diferentes: música, teatro, deseño de xoias, moda ,artes plásticas, videocreación, banda deseñada, carteis, graffiti, poesía e relato breve.

Rodeiro destacou, ao respecto do Xuventude Crea, que é a “maior manifestación das posibilidades creativas da mocidade galega”. Ademais, resaltou que “avanzar neste terreo axuda a que os novos creadores descubran o potencial das súas aptitudes e fortalecen a súa confianza, para que se animen a elaborar proxectos e se preparen para ser os emprendedores do futuro creativo de Galicia”.

Polo tanto, os obxectivos fundamentais deste certame pasan por que os mozos e mozas poidan manifestar a súa inquedanza artística e cultural, ao mesmo tempo que se fomenta a creatividade xuvenil.

Ademais, o director desta área autonómica anunciou tamén que as coleccións dos seis finalistas da especialidade de moda estarán expostas desde o 6 de novembro no Corte Inglés de Vigo.

Os premios para os mellores de cada unha das 11 modalidades son de 3.000 euros para os gañadores, 1.500 para os segundos, e 1.000 para os terceiros. A maiores, os premiados en teatro e música poderán representar as súas creacións nunha serie de actuacións por distintos concellos galegos, mentres que os tres primeiros clasificados en artes plásticas terán a oportunidade de tomar parte en exposicións colectivas no Circuíto da creatividade xuvenil galega.

Educacin_non_formalO director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentou hoxe en Santiago o congreso Júnior Empresa.

No Congreso Internacional de Xuventude que tivo lugar a pasada fin de semana en Ribeira quedou de manifesto que as políticas máis modernas e innovadoras en materia de xuventude de toda Europa teñen como nexo de unión a educación non formal.

En Galicia, desde a Dirección Xeral de Xuventude canalízanse estas actividades a través do programa Iniciativa Xove, que permitiu desenvolver máis de 880 proxectos desde a súa posta en marcha en 2012.
O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, destacou hoxe a importancia de que a mocidade complemento o seu currículo académico co desenvolvemento de actividades de educación non formal, no marco da presentación do congreso Júnior Empresa que terá lugar en Santiago entre o 7 e o 9 de novembro.

Segundo indicou Rodeiro, esta iniciativa demostra que “tamén as actividades universitarias realizadas fóra da educación formal poden contribuír á mellora curricular dos propios estudantes” porque programas como o voluntariado xuvenil “permiten adquirir unha serie de aptitudes interpersoais altamente valorada e apreciadas polas empresas”.

Neste sentido lembrou que no Congreso Internacional de Xuventude que tivo lugar a pasada fin de semana en Ribeira quedou de manifesto que as políticas máis modernas e innovadoras en materia de xuventude de toda Europa teñen como nexo de unión a educación non formal.

En Galicia, desde a Dirección Xeral de Xuventude canalízanse estas actividades a través do programa Iniciativa Xove. En concreto, desde a súa posta en marcha en 2012 desenvolvéronse 882 proxectos xuvenís, cun investimento de preto de 2,5 millóns.

A Consellería de Traballo e Benestar deu hoxe a coñecer os gañadores das especialidades de deseño de xoias, teatro, música e grafitti do Certame Xuventude Crea, cuxas obras finalistas foron expostas ou representadas esta fin de semana en Santiago, nos dous primeiros casos e, en Ribeira, nos dous seguintes, coincidindo co Congreso Internacional de Xuventude.GAADORES

En deseño de xoias o primeiro premio recaeu na colección “Pasadío” de Marta García Arcos; o segundo foi para Sabela Correa Comesaña, pola colección “Esferas”; e o terceiro para Daniel Rivas Fernández, pola colección “Paseo de praia e montaña”. O xurado tamén outorgou unha mención de honra para a colección “Atracción” de Valentín Amoedo Moreira. As obras finalistas están expostas na sede da fundación Granell de Santiago ata o 9 de novembro.

Pola súa banda, na especialidade de teatro o xurado escolleu os tres primeiros premios entre as seis obras finalistas, que foron representadas durante a pasada semana no Salón Teatro da capital galega. Ao final, o primeiro premio foi para a compañía A Panadería Teatro, pola obra “Bang, bang, bang”; o segundo para Pinchacarneiro Teatro, pola obra “Proxecto 45”; mentres que o terceiro galardón recaeu en Tolemia Teatro, pola obra “Soños dun sedutor”.

En música, os tres primeiros premios foron, nesta orde, para as bandas “Pi Graos”, “Dani Font” e “Erick Feles e amigos”. Os seis grupos finalistas interpretaron os seus temas na noite do venres no pub Brétema de Ribeira.

Tamén nesta vila realizaron en directo a súa obra na praza do concello os nove finalistas da especialidade de grafitti. Ao final, o xurado decidiu outorgar o primeiro premio a Alexis Parada Guerra por “O principio da imaxinación”; o segundo foi compartido por Roberto Sila Escariz pola obra “O máis buscado” e Iria Fafián Alonso por “100 % rural”; e o terceiro tamén compartido por David Canosa Barreiro pola obra “Hasta que la muerte nos separe” e Tirso Paz Sans por “Model Gum”.

Nesta edición 2013, no Xuventude Crea participaron máis de 300 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos, autores de 238 traballos en 11 especialidades creativas diferentes: música, teatro, deseño de xoias, moda, artes plásticas, videocreación, banda deseñada, carteis, graffiti, poesía e relato breve, o que converte a este certame na mostra máis importante de creatividade xuvenil de Galicia.

O Congreso Internacional de Xuventude que organizou esta fin de semana a Consellería de Traballo e Benestar en Ribeira rematou hoxe cunha aposta dos expertos polo desenvolvemento dun modelo educativo para o emprendemento. Así o destacou o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, quen participou na clausura deste evento no que tomaron parte máis de 500 persoas.CONGRESO

A última xornada do congreso estivo centrada nos relatorios de 6 especialistas en temáticas de educación non formal e nunha mesa redonda sobre a importancia das aptitudes interpersoais e a educación non formal na busca de emprego.

O evento comezou coa intervención de Ángel López Naranjo, responsable de expansión de asesores de formación e xerente de Target, quen destacou a importancia da motivación como factor facilitador do emprendemento. Centrou o seu relatorio en tres claves: a motivación vs automotivación; o liderado; e o compromiso organizacional.

A continuación tivo lugar unha charla sobre aprendizaxe-servizo, un modelo educativo para o emprendemento na que tomaron parte tres expertos: Roser Battle, pedagoga, especializada en aprendizaxe-servizo, do centro promotor de aprendizaxe-servizo de Cataluña; Manuel Soto, profesor da Universidade de Bath (Reino Unido); e Miguel Ángel Santos Rego, catedrático da USC do departamento de Teoría da Educación, Historia da Educación e Pedagoxía Social.

Por último, na mesa redonda tomaron parte Manuel Rego Vecino, socio de Wit Talento, e Alberto Fernández Varela, socio-consultor de Ega consultores.

Rodeiro destacou que baixo o lema ‘Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento’, o congreso contou co obxectivo de explorar as posibilidades que ofrece a educación non formal, á hora de adquirir coñecementos, habilidades e aptitudes que aumenten as posibilidades de empregabilidade dos mozos e mozas.

En total, a iniciativa contou con 38 poñentes, dos cales 20 foron mozos e mozas representantes de entidades xuvenís. Ademais acudiron medio cento de mozos e mozas de Turquía, Polonia, Italia, Romanía, Chipre, Austria, Reino Unido, Noruega, Polonia e República Checa que se atopan en Galicia participando en proxectos do programa ‘Xuventude en Acción’.

 

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, inaugurou hoxe en Ribeira o Congreso Internacional de Xuventude.

Anunciou que o departamento autonómico xa está a redactar un Decreto que regulará a expedición destas certificacións.

A Xunta será a primeira administración de todo o Estado en realizar esta iniciativa.

Mato destacou que os programas de Xuventude están enfocados a mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas galegos e impulsar o emprendemento para o que se está a investir este ano máis de 4 millóns de euros.

A Consellería de Traballo e Benestar recoñecerá oficialmente a participación da mocidade galega en programas e actividades de educación non formal. Expedirá, deste xeito, certificacións oficiais das experiencias, competencias e habilidades adquiridas nestas accións. Así o anunciou hoxe a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, na inauguración do Congreso Internacional de Xuventude que se celebrará ata mañá en Ribeira.

Mato indicou que a Xunta xa está a traballar na redacción dun Decreto que regulará a validación destas certificacións e resaltou que a Xunta converterase na primeira administración do Estado en levar a cabo esta iniciativa. “A aposta de Xuventude irá máis alá da mera organización de programas de educación non formal, xa que o noso obxectivo é mellorar a empregabilidade da nosa mocidade”, apuntou a conselleira. Por iso, destacou que a Xunta está a priorizar nas súas accións de Xuventude os programas dirixidos a impulsar o emprendemento xuvenil.

Neste senso, sinalou que a Dirección Xeral de Xuventude está a investir este ano 4 millóns de euros para financiar iniciativas que fomentan, entre outros valores, a creatividade, a comunicación, a responsabilidade ou o traballo en equipo, o que, segundo apuntou Mato, complementa e enriquece os currículums da mocidade. Das actuacións que está a apoiar a Consellería neste eido estanse a beneficiar 6.400 mozos e mozas.

Entre estes programas, Mato resaltou a liña de subvencións de Iniciativa Xove; Galeuropa; Xuventude Crea; axudas ao carné de conducir; o servizo de voluntariado xuvenil; e os campos de traballo.

Iniciativa Xove púxose en marcha de forma pioneira en 2010 para financiar proxectos deseñados polos propios rapaces galegos. “Calquera grupo de mozos, estea constituído en asociación ou sexa unha agrupación informal, pode optar a estas axudas, xa que o único que se puntúa é a calidade e o interese da iniciativa que se presente”, explicou a conselleira.

Os proxectos aprobados poden financiarse ata o 100 por cento cun máximo de 4.000 euros, adiantándose o 80 por cento no momento da concesión. Deste xeito, desde 2010 financiáronse preto de 900 proxectos xuvenís con 2,5 millóns de euros.

Galeuropa e Xuventude Crea
Pola súa banda, Galeuropa é o primeiro programa da Consellería de Traballo e Benestar que se executa con fondos propios para fomentar a mobilidade. Esta iniciativa facilita á mocidade prácticas formativas en empresas de distintos países da Unión Europea. Esta actuación, que se puxo en marcha en 2012, reforzouse este ano e blindarase en 2014. “Cos 600.000 euros que se destinan a Galeuropa posibilitouse que máis de 200 mozos e mozas galegos realizaran prácticas laborais en 21 países europeos”, explicou.

Xuventude Crea é outro dos programas que resaltou Mato, co que se pretende desde a Consellería fomentar a creatividade dos mozos e mozas e potenciar o descubrimento de novos talentos. Conta cun orzamento de 100.00 euros. Este ano están a participar máis de 300 novos creadores en 11 especialidades artísticas diferentes.

Outra das iniciativas da Dirección Xeral de Xuventude é a liña de axudas para a obtención do carné de conducir. A Xunta está a destinar 100.000 euros anuais para colaborar con 400 mozos na obtención do permiso de conducir. Esta actuación, ademais, vai acompañada da aposta da Xunta pola seguridade viaria, xa que a axuda está vinculada á superación dun curso de condución segura.

Por último, a través do Servizo de Voluntariado Xuvenil este ano 600 galegos de entre 16 e 30 anos participaron en proxectos solidarios dun total de 107 entidades e concellos. Mato sinalou que foi o primeiro programa do Estado que aposta polo “compromiso social directo da xuventude”. Desde que esta actividade se puxo en marcha hai 3 anos, máis de 1.000 mozos e mozas participaron obtendo, ademais, unha acreditación da súa experiencia. Con respecto aos campos de traballo, a conselleira destacou que supoñen outra fonte de experiencia non formal para as preto de 300 persoas que participan neles cada ano.

En definitiva, a titular de Benestar concluíu asegurando que desde a Xunta estase a traballar para “o deseño, a implantación e a consolidación de programas que potencian a educación non formal e a empregabilidade dos mozos”.

Cifras do Congreso
No Congreso Internacional de Xuventude están a tomar parte máis de 500 persoas. O perfil maioritario dos asistentes é o de membros de entidades xuvenís; emprendedores; técnicos e concelleiros de xuventude; animadores socioculturais; profesores e a mozos e mozas en xeral que están interesados nesta materia. Baixo o lema ‘Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento’, a iniciativa conta co obxectivo de explorar as posibilidades que ofrece a educación non formal, na hora de adquirir coñecementos, habilidades e aptitudes que aumenten as posibilidades de empregabilidade dos mozos e mozas.

En total, contarase con 38 poñentes, dos cales 20 son mozos e mozas representantes de entidades xuvenís. Ademais acudirán medio cento de mozos e mozas de Turquía, Polonia, Italia, Romanía, Chipre, Austria, Reino Unido, Noruega, Polonia e República Checa que se atopan en Galicia participando en proxectos do programa ‘Xuventude en Acción’.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, inaugurou hoxe esta mostra na Fundación Museo Eugenio Granell.

No Xuventude Crea participaron máis de 300 mozos e mozas en 11 especialidades diferentes: música, teatro, deseño de xoias, moda, artes plásticas, videocreación, banda deseñada, carteis, graffiti, poesía e relato breve.

Durante o mes de outubro e novembro tamén terán lugar as finais de teatro, música, graffiti, artes plásticas e moda.

Pola súa banda, Rodeiro anunciou hoxe o nome dos gañadores das especialidades de videocreación, banda deseñada, poesía, relato breve e carteis

Os sete finalistas da especialidade de deseño de xoias do certame Xuventude Crea, dependente da Consellería de Traballo e Benestar, exporán a súa obra en Santiago de Compostela desde hoxe e ata o 9 de novembro.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, inaugurou hoxe esta mostra, que estará aberta de martes a sábado na Fundación Museo Eugenio Granell. Cada autor presenta unha colección composta por tres pezas. Os finalistas son: Tomás Suárez, coa colección “Natural”; Inés Sánchez, con “Bauhaus”; Daniel Rivas, con “Paseo de praia e montaña”; Sabela Correa, con “Esferas”; Valentín Amoedo, con “Atracción”; Fátima Eiroa, con “Axóuxeres”; e Marta García, con “Pasadío”.

Na edición de 2013 no certame de creadores novos “Xuventude Crea” participaron máis de 300 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos en 11 especialidades diferentes: música, teatro, deseño de xoias, moda, artes plásticas, videocreación, banda deseñada, carteis, graffiti, poesía e relato breve.

O obxectivo fundamental é que os mozos e mozas poidan manifestar a súa inquedanza artística e cultural, ao mesmo tempo que se fomenta a súa creatividade, como mostra do talento da mocidade galega.

Durante o mes de novembro terán lugar as finais de teatro, música, graffiti, artes plásticas e moda; mentres que os gañadores das especialidades de videocreación, banda deseñada, poesía, relato breve e carteis foron anunciados hoxe mesmo por Ovidio Rodeiro.

En videocreación, o primeiro premio foi para Manuela Elisabet Rodríguez, coa obra “Maiiso, canción de axóuxere”; o segundo, para David Martín polo traballo “Doméstica enerxética”; e o terceiro para Jacobo Bugarín por “1929. Reconstruír o movemento moderno”. O xurado destacou con mención de honra o traballo de Pablo Fernández.

No que se refire á especialidade de banda deseñada, o gañador foi Diego Campos con “Comezo, medio e fin”. En segundo lugar quedou Juan Silva, con “Polos Pelos”, e o terceiro premio foi para José Nuno Martíns polo traballo “A Crixe”.

Pola súa banda, na categoría de poesía todos os premios foron compartidos. Alba Cid, con “O corpo e as bestas” e Olalla Tuñas con “Cidade Libre” foron as gañadoras da especialidade. O segundo premio correspondeulle a Tito Pérez e o seu “Cardiograma de silencios opacos” e a Brais Lamela por “Casa Tomada”. Finalmente, en terceiro lugar situáronse Rafael Lobelle con “Deus Fratesque Gallaecia. Tríptico aberto” e Mónica Sánchez con “Alimento poeta branco”.

En relato breve, “Area na boca”, de Esther Gómez, acadou o primeiro premio. O segundo foi compartido por Elena Dopico, con “Incontable”, e Nerea Pallares con “Cork e as burbullas”. O terceiro premio foi para Iago Fernández, con “1.100 quilómetros”. O xurado entregou dúas mencións de honra: a Ana María Rodríguez e a Tito Pérez.

Na especialidade de carteis, o primeiro premio recaeu en Andrea Valado, coa obra “Innova”; o segundo, en Sara Roca con “Obsesión”; e o terceiro en Lara Esperante, con “Desconecta ;)”. Nesta área, recibiu unha mención de honra Iván Cebey.

Seis finais en outubro e novembro
Ademais da final no deseño de xoias –a exposición que se inaugurou hoxe-, durante este mes e o seguinte tamén terán lugar a última fase doutras cinco especialidades.

En concreto, entre hoxe e o venres o Salón Teatro de Santiago acollerá as obras finalistas da categoría de teatro. Hoxe actuarán Teatro da Falúa e Tolemia Teatro; mañá será o turno de Pinchacarneiro Teatro e Las Civas; e o venres terán lugar as representacións de Non si? Teatro e de A Panadería.

Pola súa banda, as finais de música e graffiti celebraranse o venres en Ribeira, con motivo da celebración do Congreso Internacional de Xuventude.

A última fase da modalidade de artes plásticas (fotografía, pintura e escultura) consistirá na exposición das vinte obras finalistas na Igrexia da Universidade de Santiago de Compostela, do 4 ao 14 de novembro.

Xa por último, na especialidade de moda, as coleccións dos seis finalistas serán expostas durante o mes de novembro nas tendas do Corte Inglés de Vigo. A inauguración será o próximo día 6.

Premios
Os premios nas 11 especialidades serán de 3.000 euros para os gañadores; 1.500 euros para os segundos; e 1.000 euros para os terceiros. Ademais, os premiados en música e teatro poderán representar as súas obras en diferentes concellos galegos. Pola súa banda, os tres primeiros clasificados en artes plásticas terán a oportunidade de participar en exposicións colectivas no Circuíto da creatividade.

O perfil maioritario dos asistentes é o de membros de entidades xuvenís; emprendedores; técnicos e concelleiros de xuventude; animadores socioculturais; profesores e a mozos e mozas en xeral que están interesados nesta materia

Baixo o lema ‘Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento’, a iniciativa conta co obxectivo de explorar as posibilidades que ofrece a educación non formal, á hora de adquirir coñecementos, habilidades e aptitudes

En total, contarase con 38 relatores, dos cales 20 son mozos e mozas representantes de entidades xuvenís

Máis de 500 persoas inscribíronse xa para participar no Congreso Internacional de Xuventude, que terá lugar este venres e sábado na localidade coruñesa de Ribeira. O perfil maioritario dos asistentes é o de membros de entidades xuvenís; emprendedores; técnicos e concelleiros de xuventude; animadores socioculturais; profesores e a mozos e mozas en xeral que están interesados nesta materia.

Baixo o lema ‘Da educación non formal ao emprego e ao emprendemento’, a iniciativa conta co obxectivo de explorar as posibilidades que ofrece a educación non formal, na hora de adquirir coñecementos, habilidades e aptitudes que aumenten as posibilidades de empregabilidade dos mozos e mozas.

En total, contarase con 38 relatores, dos cales 20 son mozos e mozas representantes de entidades xuvenís. Ademais acudirán medio cento de mozos e mozas de Turquía, Polonia, Italia, Romanía, Chipre, Austria, Reino Unido, Noruega, Polonia e República Checa que se atopan en Galicia participando en proxectos do programa ‘Xuventude en Acción’.

O programa está dividido en catro grandes zonas: no auditorio municipal, nunha carpa instalada na avenida do Malecón, no salón de actos da Casa do Mar e en diversos locais e rúas da vila. No auditorio é onde terán lugar as conferencias, mesas redondas e obradoiros, que constitúen o groso deste evento.

Ademais desta parte máis teórica, o congreso tamén contará cunha serie de actividades de carácter máis práctico, como o Brain-Spa, onde se mostrarán a través de 20 diapositivas ilustrativas 7 exemplos de boas prácticas en materia de Xuventude, para ser con posterioridade debatidas polos participantes

Mentres, haberá tamén obradoiros de comunicación, coaching e redes sociais; ou relatorios de experiencias xuvenís na Casa do Mar co obxectivo de mostrar as iniciativas e proxectos de mocidade máis destacados postos en marcha polos mozos e mozas galegos, tanto a través de asociacións xuvenís como de grupos informais. No mesmo participarán 28 asociacións, entidades e institucións.

De xeito paralelo, na avenida do Malecón estará instalada unha gran carpa que acollerá a exposición do traballo que desenvolven máis de 40 entidades xuvenís de toda Galicia.

MOZOSO director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, explicou hoxe en Pontevedra os programas de participación para a mocidade galega

A programación da área autonómica está enfocada ao emprendemento e a educación non formal

A Consellería de Traballo e Benestar está a investir neste eido 4,1 millóns de euros este ano a través de 6 liñas de axudas

A Consellería de Traballo e Benestar está a investir este ano 4,1 millóns de euros en diferentes programas, repartidos en 6 liñas de axudas dirixidas á mocidade galega, e que están orientados á mellora da empregabilidade, o emprendemento e a educación non formal. Destas políticas da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado estanse a beneficiar máis de 6.400 mozos e mozas aos que hai que sumar os 8.000 rapaces que participan nos campamentos estivais da Xunta.

Así o destacou hoxe en Pontevedra o director xeral da área autonómica, Ovidio Rodeiro, nunha charla que impartiu sobre os programas de participación para a xuventude.

As 6 convocatorias de subvencións de Xuventude repártense entre os programas de Iniciativa Xove, Xuventude Crea, Servizo de Voluntariado Xuvenil, Galeuropa, axudas ao carné de conducir e a campaña de verán.

En primeiro lugar, Rodeiro sinalou que Iniciativa Xove é un programa pioneiro de impulso á participación xuvenil mediante o financiamento dos seus proxectos. Desde a súa posta en marcha en 2010 por parte do Goberno galego, este plan converteuse no primeiro de España que permitiu recibir axudas a grupos informais, ademais das tradicionais asociacións. A través destas subvencións fináncianse o 100 por cento dos proxectos da mocidade cun máximo de 4.000 euros, adiantándose o 80 por cento da axuda no momento da concesión. “O obxectivo é que a falta de liquidez non sexa impedimento para a posta en marcha dos seus proxectos”, apuntou.

Pola súa banda, a liña de axudas do carné de conducir conta cun orzamento de 100.000 euros, o que permitirá chegar a uns 400 beneficiarios que recibirán 250 euros para a obtención do carné.

En terceiro lugar, o director xeral resaltou o programa Galeuropa que está facilitando prácticas formativas en empresas da Unión Europea. Conta cun orzamento de 600.000 euros que permite beneficiar a 250 titulados universitarios ou de formación profesional que estean a realizar estadías de 8 semanas de duración. A finalidade é ampliar o seu currículo laboral e detectar novas posibilidades de internacionalización para empresas galegas.

Xuventude Crea é outro dos programas da Consellería de Traballo e Benestar que ten un orzamento de 100.000 euros e constitúe “a maior mostra de creatividade xuvenil de Galicia”, tal e como asegurou Rodeiro. Na iniciativa participan máis de 300 novos creadores que presentaron un total de 236 proxectos en 11 especialidades distintas. Os premios oscilan entre os 1.000 e os 3.000 euros para os tres clasificados de cada disciplina artística. “Pretendemos estimular a innovación dos novos talentos e tamén que a convocatoria sirva como escaparate ou trampolín para os mozos”, indicou.

Por outra parte, o Servizo de Voluntariado Xuvenil é un programa pioneiro en toda España que aposta polo compromiso social directo da mocidade. Este ano permitiu a incorporación como voluntarios a máis de 600 mozos e mozas de entre 16 e 30 anos nos proxectos solidarios dun total de 107 entidades e concellos. Os participantes reciben unha certificación oficial da experiencia adquirida, tal e como recolle a Lei Galega de Acción Voluntaria aprobada polo Goberno galego en 2011.

Por último, a campaña de verán está enfocada á conciliación e á participación activa da mocidade en actividades de educación non formal e lecer educativo. Esta iniciativa contou este ano cun orzamento de 2,2 millóns de euros e beneficiou a 8.000 rapaces.

Rodeiro concluíu asegurando que con estes programas o que se pretende é mellorar as posibilidades de acceso ao mercado laboral da mocidade galega e transmitir valores como o traballo en grupo, a responsabilidade, a comunicación, o sentido da iniciativa e a autoconfianza.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe en Santiago a iniciativa que está a desenvolver o grupo informal Achega

Esta actividade recibiu o apoio da Consellería de Traballo e Benestar a través da liña de axudas de Iniciativa XoveDEPORTE

Rodeiro destacou que estas subvencións permiten á mocidade galega emprender e impulsar actividades de diverso tipo

Iniciativa Xove sufraga ata o 100 por cento das iniciativas dos mozos e mozas cun investimento máximo de ata 4.000 euros por proxecto

A Consellería de Traballo e Benestar está a colaborar co proxecto xuvenil ‘Deporte e mente sen barreiras’ que está a desenvolver o grupo informal Achega co obxectivo de achegar actividades deportivas, culturais e de lecer a todo tipo de persoas, independentemente da súa discapacidade. Deste xeito, o proxecto está integrado por catro accións destinadas cada unha delas a un colectivo diferente: parálise cerebral, síndrome de Down, paraplexia e discapacidade visual.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitou hoxe en Santiago unha destas catro actividades. En concreto, un grupo de máis de 30 persoas participaron no polideportivo do Restollal nun acto de promoción do fútbol para persoas non videntes co que colabora a ONCE. Ademais das persoas con discapacidade visual, participaron na actividade persoas cos ollos vendados.

Rodeiro felicitou aos integrantes de Achega polo seu proxecto destacando que foi un dos mellor valorados tecnicamente dos presentados a Iniciativa Xove. Sobre esta liña de axudas que concede a área autonómica que dirixe, resaltou que se trata dunha ferramenta que permite descubrir e potenciar o talento xuvenil.

Ademais, o director xeral explicou que neste programa de financiamento poden participar tanto asociacións formalmente constituídas como grupos informais de mozos e mozas, o que posibilita á mocidade galega que poida organizar, emprender e impulsar actividades onde os actores principais sexan eles mesmos, sen intermediarios.

Iniciativa Xove permite sufragar ata o 100 por cento das iniciativas e proxectos de interese presentados polos mozos e mozas, cun investimento máximo por cada actividade de 4.000 euros. Todas as entidades e grupos que percibiron esta axuda, recibiron un anticipo do 80 por cento sobre o total da cantidade concedida. “Este feito permítelles financiar o proxecto sen ter que adiantar contías eles mesmos, o que evita que a posible falta de liquidez das persoas novas constitúa un impedimento para a posta en marcha das súas ideas”, sinalou Rodeiro.

O proxecto ‘Deporte e mente sen barreiras’ xa tivo lugar en Vilagarcía (Pontevedra), onde 12 persoas puideron achegarse ao pádel adaptado en cadeiras de rodas por parellas. Así mesmo, nas instalacións do Club Naútico de Combarro (Pontevedra), un grupo de 20 persoas con dificultades de mobilidade tamén puideron gozar da navegación de vela adaptada.

Por último, a cuarta actividade que prevé este proxecto terá lugar mañá nas instalacións da escola hípica San Cosme de Mos (Pontevedra), onde 10 persoas con discapacidade intelectual poderán realizar unha sesión de monta terapéutica. Consiste en aproveitar os movementos do cabalo para estimular os músculos e articulacións. Ademais, o contacto co cabalo proporciona vantaxes terapéuticas a nivel cognitivo, comunicativo e de personalidade.

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe nesta iniciativa dirixida aos máis mozos da Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia

Nesta fin de semana analizaranse as posibilidades que ofrece o DNI electrónico na vida habitual, a seguridade e o mantemento de equipos informáticos, a instalación e configuración de sistemas operativos ou a creación de páxinas webPERSOAS_XORDAS

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado destinou este ano a estas axudas, ás que poden acollerse tanto asociacións formalmente constituídas como grupos informais de mozos e mozas, preto de 570.000 euros

O director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, participou hoxe nas actividades organizadas pola Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia (FAXPG), no marco dunha fin de semana tecnolóxica para os seus asociados máis novos en Santiago, enmarcada dentro do programa Iniciativa Xove da Consellería de Traballo e Benestar.

O obxectivo deste proxecto é o de achegar as posibilidades das novas tecnoloxías aos mozos e mozas con discapacidade auditiva. Deste xeito, analizaranse as posibilidades que ofrece o DNI electrónico na vida habitual, a seguridade e o mantemento de equipos informáticos, a instalación e configuración de sistemas operativos ou a creación de páxinas web.

Ademais, estas xornadas tamén permitirán coñecer á plataforma IDendeaf, unha ferramenta para a produción e formación audiovisual, que nace coa idea de achegar o audiovisual ás persoas xordas e de fomentar entre este colectivo unha identidade propia, a chamada ‘Identidade Xorda’.

Para Ovidio Rodeiro, “Iniciativa Xove funciona como unha escola de cidadanía activa, xa que permite que a xuventude galega poida organizar, emprender e impulsar actividades onde os actores principais son eles mesmos”. Ademais, o director xeral destacou que con este programa “a administración non lle di aos mozos e mozas o que teñen que facer, senón que lles pide propostas para despois apoialas”.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado destinou este ano a estas axudas, ás que poden acollerse tanto asociacións formalmente constituídas como grupos informais de mozos e mozas, preto de 570.000 euros. Isto permitiu a execución de 165 proxectos xuvenís financiando ata o cen por cen dos gastos e cun orzamento máximo por plan de 4.000 euros.

Ademais, o director xeral sinalou que os proxectos aprobados recibiron un adianto do 80 por cento do seu orzamento antes de realizar a actividade “para que a falta de liquidez non sexa un obstáculo para ninguén”, segundo resaltou Ovidio Rodeiro.