A Consellería de Política Social vén de actualizar o documento que recolle as recomendacións e medidas para o desenvolvemento das actividades de educación non formal, ocio educativo e tempo libre adaptadas á situación derivada da crise sanitaria da Covid-19, para o ano 2021.
Trátase de ofrecer pautas para a adaptación das citadas actividades ao escenario actual, de favorecer o coñecemento e correcta aplicación das debidas medidas hixiénico-sanitarias e tamén co fin de establecer un protocolo de actuación que permita dar unha resposta ante un posible caso infeccioso por COVID-19.
O documento de recomendacións foi elaborado e actualizado coa colaboración dun grupo de traballo con representantes do sector e supervisado polas autoridades sanitarias competentes.
Podes descargar o documento pinchando aquí:
A Tarxeta Xente Nova é a tarxeta de transporte metropolitano de Galicia que permite realizar viaxes interurbanas gratuítas.
Quen a pode utilizar?
Mozos de entre 4 e 20 anos, porque os menores de 4 anos xa viaxan gratis no transporte interurbano. Cando cumpras 21 poderás seguir usando a tarxeta ata que se esgote o saldo.
En que liñas de transporte se pode usar?
Área da Coruña
Área de Santiago
Área de Ferrol
Área de Lugo
Área de Vigo
Ampliación de liñas: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200612/AnuncioG0533-040620-0001_gl.html
Como conseguila?
Solicita cita nesta páxina: https://solicitudonline.abanca.com/Tarjetas/gl/txn
Ao facilitar os datos que se solicitan xerarase unha cita na oficina Abanca máis próxima. Non é necesaria unha conta asociada.
Unha vez alí, só necesitarán o teu DNI. A tarxeta é gratuíta. Lembra que, se aínda non cumpriches os 18 anos, deberá solicitala o teu representante legal, que, xunto co teu DNI, só terá que levar o seu DNI e o libro de familia ou documentos equivalentes.
Hai que cargar a tarxeta antes de poder viaxar con ela.
Como recargala?
En todas as oficinas e caixeiros de Abanca.
En efectivo ou con tarxeta de dédito de Abanca. Con tarxetas de crédito ou doutras entidades poden existir comisións bancarias.
Banca Móbil e/ou Banca Electrónica de Abanca: podes recargala desde o móbil ou o ordenador, e introducila en calquera caixeiro Abanca para que a carga se faga efectiva.
Como viaxar con ela?
Para recibir a túa bonificación só deberás introducir a tarxeta en calquera caixeiro Abanca e automaticamente recibirás o aboamento das viaxes realizadas.
Todas as viaxes interurbanas reembolsaranse cada 15 días, ata un máximo de 60 viaxes mensuais.
Para recibir a túa bonificación só tes que introducir a túa tarxeta en calquera caixeiro de ABANCA e aceptar o reintegro. Automáticamenete recibirás o aboamento das viaxes realizadas.
O importe dos reembolsos cargaranse segundo a tarifa aplicada en cada momento.
Se queres aclarar algunha dúbida podes facelo no enderezo tmg@xunta.gal
Máis información en https://www.bus.gal/gl/xente-nova
Ampliación de liñas publicadas no DOG do 12 de xuño de 2020
Operación financiada pola Unión Europea PO de Emprego Xuvenil e Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020
Obxectivo: Obter formación e un emprego de calidade
O FSE inviste no teu futuro
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca axudas para a obtención dos permisos de condución clases B e C por parte das persoas mozas residentes en Galicia, coa finalidade de mellorar a súa autonomía, mobilidade e a súa empregabilidade.
Contía:
O importe da axuda será de 400 euros para a obtención do permiso de condución de clase B e de 650 € para o permiso de clase C.
O importe da axuda será acumulativo no caso de que unha mesma persoa solicite axuda para a obtención de ambos permisos.
Xuventude fará anticipos de pagamento do oitenta por cento da axuda.
Requisitos das persoas solicitantes:
- Ter cumpridos os 18 anos, sen prexuízo da idade mínima para a obtención do permiso de clase C.
- Estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano.
- Estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como beneficiaria no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
- Estar matriculadas nunha autoescola da Comunidade Autónoma de Galicia no momento de presentar a solicitude ou ben ter o/s permiso/s para o/s que se solicita a axuda con data de expedición entre o 1 de xaneiro de 2020 e a data de presentación da solicitude.
Obrigas das persoas beneficiarias:
- Obter o permiso de condución para o que se solicitou a axuda entre o 1 de xaneiro de 2020 e o 15 de outubro de 2020 e acreditalo.
A xustificación da axuda para a obtención dos permisos presentarase con data límite do 21 de decembro de 2020. (Ampliación de prazo publicada no DOG do 13 de outubro de 2020)
As solicitudes presentaranse preferiblemente en https://sede.xunta.es co procedemento BS321A
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de xullo de 2020
Máis información no DOG do 9 de marzo de 2020
Consulta o folleto informativo
Onde te podes inscribir en Garantía Xuvenil?:
Centro Coordinador de información Xuvenil. R/Ramón Piñeiro 17-19. Santiago de Compostela
Espazos Xoves
Cámaras de Comercio
Oficinas Municipais de información Xuvenil
Temporalmente, podes inscribirte online: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/18612-garantia-xuvenil
MODELO SOLICITUDE DE ANTICIPO PDF
Xa podes ver no teu teléfono móbil, no directo de Instagram de Xuventude, a charla que mativeron a atleta Desirée Vila @desivila98 e Cristina Pichel @cpichel directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, como estrea de Talento Mozo Online
"A túa actitude é importante por que eres ti quen vai a iniciar ese cambio" Desirée Vila
Xa temos gañador do concurso Crea na casa: o máis votado foi @saulalvarez16
Parabéns!
Ante a situación de crise sanitaria derivada do COVID-19, a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, pon a disposición dos mozos e mozas un cuestionario online para coñecer a súa situación e as súas inquedanzas, e tamén as súas posibles propostas, ante a realidade actual e o futuro inmediato.
Con esta ferramenta preténdese reforzar a relación directa coas persoas mozas cara abordar e estudar novos recursos e medidas no marco do novo escenario xerado por esta pandemia.
As achegas deste método participativo serán nun elemento fundamental a ter en conta na mellora continua dos programas e actividades que a Xunta de Galicia impulsa no ámbito da xuventude, ao tempo que axudan a promover a participación da mocidade na sociedade e a súa contribución nos procesos de aplicación e seguemento das políticas de xuventude.
En definitiva, trátase dunha ferramenta coa que se pretende reforzar o papel dos mozos e das mozas como axente activo na construción e desenvolvemento da sociedade actual e futura.
Prazo para participar nesta iniciativa: do 30 de abril ao 14 de maio de 2020.
Non dubides en poñerte en contacto con nós. Tamén atendemos no Teléfono Xove 012
Aquí tendes, para celebrar o día internacional da danza, a Ana Rodríguez Salgueiro, 1º premio da modalidade de danza moderna de Xuventude Crea 2019
E as persoas gañadoras do sorteo do día do libro son:
@aroapr94
@talosada
@aaangelica_sg
@laurii_cervantegaa
@silvianv_11
@andreagonzalezfernandez
@racrisos
@andrealvarez_hp
@gabri_pazos
@noelialopezc
Se algunha das persoas gañadoras non cumpre cos requisitos os suplentes son:
@a_moura_de_ollos_azuis
@susangarce
@claudiareii
@albam.rial
@nere_ares
Moitas grazas a todas e todos por participar!!