A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, mostrou o seu apoio ás mozas e mozos finalistas na especialidade de Danza Moderna do programa Xuventude Crea. Fíxoo durante a exhibición das seis obras que chegaron á final e que tivo lugar no Museo do Mar de Galicia, en Vigo.
Nesta edición presentáronse a esta categoría un total de nove grupos integrados por un total de 33 rapazas e rapaces
Premiados/as
1º premio
- Mera, de Vigo, coa obra “Litost”
2º premio:
- Grow as Ohana, de Nigrán, coa obra “Ninjas”
3º premio compartido:
- Estorniños, de Vigo, coa obra “Cardumen”
- Sway, de Vigo, coa obra “Esnaquizoume”
Mencións de honra:
- Abraio, da Coruña, coa obra “Abraio”
- Pontenciarte, do Porriño, coa obra “Puedes”
O primeiro premio ten unha dotación de 3000 euros, 1500 euros o segundo premio e 1000 euros o terceiro premio.
A Xunta de Galicia galardoa o talento musical da mocidade galega na fase final de Xuventude Crea. A terraza da Fundación SGAE, emprazada no parque de Vista Alegre de Santiago de Compostela, foi o escenario no que as seis candidaturas deron a coñecer as pezas musicais finalistas.
Nesta especialidade de Xuventude Crea presentáronse un total de 26 solicitudes nas que están involucrados 50 mozas e mozos entre grupos e solistas, o dobre que na edición do ano pasado. Finalmente, foron tres grupos e tres solistas os que chegaron á última fase.
Os/as premiados/as
1º premio:
- Amorodo (Arbo), cos temas “Estilo amorodo” e “Quero”
- Battosai (Ames), cos temas “Cuánto tiempo” e “Deixa xa de molestar”
2º premio:
- Burgas Vandal (A Coruña), cos temas “Inimigo” e “Te echo de menos”
- Mundo Prestigio (Vigo), cos temas “Mundo nuno” e “Quen quere falar”
3º premio:
- Sara Sístole (A Coruña), cos temas “Lume”e “Deberíamos matarnos”
- Panic Light (Vigo), cos temas “As que nunca calaron” e “Burn it higher”
O primeiro premio ten unha dotación de 3000 euros, 1500 euros o segundo premio e 1000 euros o terceiro premio.
A obra O Raposo, de Javier Caamaño Pérez (A Coruña), obtivo o primeiro premio, dotado con 3.000 euros. Estilo en continua construción, de Adrián Lomba Balea (Vigo), o segundo, con 1.500 euros. Entusiasmo luminoso, de Daniel Fernández Vargas (Baiona), o terceiro, con 1.000. E a tamén coruñesa Fernanda Rodríguez Miguélez recibiu unha mención especial do xurado polo seu Escornabois.
O Albergue Bela Muxía, pertencente á Rede de Albergues Xuvenís de Galicia, vén de gañar 8000 euros nas axudas convocadas pola Rede Española de Albergues Xuvenís (REAJ), para a posta en marcha de proxectos centrados na sustentabilidade e a accesibilidade.
En concreto, este albergue foi premiado con 4000 euros na categoría de accesibilidade co proxecto “Acreditación de turismo accesible” e con outros 4000 na modalidade de sustentabilidade coa “Instalación fotovoltaica de consumo directo”, que pretende poñer en marcha un sistema propio de produción de enerxía mediante o uso de renovables (solar fotovoltaica) para reducir o consumo eléctrico e a dependencia da rede, diminuír as emisións de CO2 e a pegada do carbono.
A REAJ destina 24.000 euros para que os albergues da rede poidan acometer proxectos nas súas instalacións. Un importe de 12.000 euros para tres iniciativas cun obxectivo sustentable e a mesma contía para outros tres proxectos que procuren a integración de todas as persoas e faciliten o seu acceso ao movemento alberguista coa eliminación de barreiras e co fomento a igualdade de oportunidades.
Outros participantes
A estas liñas de axuda tamén optaron albergues de toda a xeografía española como El Casar de la Inesa (Toledo), os albergues Inturjoven de Andalucía, os albergues Mar i Vent de Piles (Valencia), Mare de Deu del Lledó (Castellón), El Callejón (Valladolid) e Argentina de Benicassim (Castellón).
Cómpre lembrar que entre os principais obxectivos da REAJ encóntranse o fomento da mobilidade xuvenil, a protección do medio ambiente, a igualdade de oportunidades e o entendemento entre culturas e a paz. Para iso cada ano pon en marcha multitude de programas sociais e medioambientais. Un deles é esta nova iniciativa de axudas á sustentabilidade e accesibilidade.
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, en colaboración coas universidades de Vigo, A Coruña e de Santiago de Compostela, abre o prazo para inscribirse no programaCorrespondentes Universitarios, que fomenta a difusión de diferentes programas, accións e iniciativas que a Xunta de Galicia ofrece ás mozas e mozos.
As persoas interesadas en formar parte desta iniciativa poderán inscribirse desde hoxe mesmo mediante un formulario electrónico. Os requisitos serán manter a condición de estudante dalgunha das titulacións das tres universidades durante o curso 2020/2021e ter un máximo de 30 anos no momento da solicitude.
As funcións destes correspondentes serán: colaborar cos centros na difusión de información relacionada coa situación sociosanitaria derivada da covid-19, xestionar regularmente un taboleiro ou sistema de divulgación e asistir ás reunións de coordinación que se convoquen, así como aos cursos de formación organizados pola Dirección Xeral ou as universidades.
Beneficios das voluntarias e voluntarios
As voluntarias e voluntarios que decidan converterse en correspondentes accederán a unha serie de beneficios: desde recibir información xuvenil de interese, a unha formación gratuíta en materia de xuventude e tamén recibirán gratuitamente o Carné Xove, o Carné Internacional de Estudantes (ISIC) e o Carné de Alberguista durante o curso escolar no que estean inscritos.
Así mesmo, recoñeceráselle o tempo dedicado como persoas voluntarias, as universidades expediranlles unha certificación a aqueles que acrediten a súa participación para os efectos da solicitude de créditos e poderán participar gratuitamente, durante unha fin de semana, nun encontro autonómico de correspondentes (incluíndo o aloxamento, a mantenza e a programación de actividades), sempre e cando a situación sanitaria derivada da crise Covid-19 o permita.
+ Formulario de inscrición (Pechada a inscrición)
Operación financiada pola Unión Europea PO de Emprego Xuvenil e Fondo Social Europeo Galicia 2014-2020
Obxectivo: Obter formación e un emprego de calidade
O FSE inviste no teu futuro
No DOG do 13 de outubro publícase a ampliación de prazo para a obtención do permiso de condución ata o 21 de decembro de 2020, para todas as persoas que solicitaron as axudas para os permisos clases B e C
A xustificación da axuda presentarase con data límite do 30 de decembro de 2020
No DOG do 25 de setembro publícanse as axudas que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado concedeu a entidades de acción voluntaria e entidades locais a través do programa Servizo de voluntariado xuvenil
A convocatoria do programa Servizo de voluntariado xuvenil está no DOG do 3 de febreiro de 2020
Máis información no DOG do 25 de setembro de 2020 e en www.voluntariadogalego.org
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca os Premios Galicia de Acción Voluntaria, que teñen a finalidade de recoñecer publicamente o labor daquelas persoas físicas e xurídicas que, de xeito cotián, desenvolvan programas, accións ou proxectos de voluntariado na Comunidade Autónoma de Galicia.
Cos Premios Galicia de Acción Voluntaria preténdese recoñecer o exercicio da acción voluntaria a nivel individual e colectivo e dos beneficios que esta achega ao conxunto da sociedade.
Os Premios Galicia de Acción Voluntaria terán as seguintes modalidades:
- Premio voluntaria/o do ano: modalidade individual, para as persoas que se teñan distinguido polo seu sobresaínte labor na promoción e xestión do voluntariado social na nosa Comunidade Autónoma.
- Premio entidade de acción voluntaria do ano: modalidade colectiva, para as entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia que, de xeito continuado e eficaz, desenvolvan actividades e/ou programas sociais ou de interese xeral que impliquen un compromiso social e comunitario a través de proxectos consolidados e normalizados no tempo e nos cales a acción voluntaria e as persoas voluntarias asuman un especial protagonismo.
- Premio mellor proxecto de acción voluntaria do ano: modalidade para proxectos elaborados por entidades de acción voluntaria inscritas no Rexistro de Acción Voluntaria de Galicia, presentados por unha entidade de xeito individual ou por varias entidades de xeito conxunto, que se caractericen pola innovación e a repercusión social.
Outorgarase un premio de 4.000 € por cada unha das modalidades.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co procedemento BS508D
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 21 de outubro de 2020
Máis información o DOG do 21 de setembro de 2020 e en http://voluntariadogalego.org
Resolución dos premios no DOG do 4 de decembro de 2020: http://xuventude.xunta.es/component/k2/item/20049-resolucion-dos-premios-galicia-de-accion-voluntaria
- Galicia foi unha das tres comunidades nas que se mantivo a campaña de verán xunto con Cantabria e Cataluña e a segunda con maior número de prazas ofertadas
- Elaborouse un protocolo específico de actuación ante a covid-19 con medidas de redución de aforo, configuración de grupos reducidos ou reforzo de persoal
- Puxéronse á disposición dos profesionais dúas edicións de cursos formativos nos que participaron 1.150 persoas
- Ampliáronse en 11 o número de instalacións e ofrecéronse 6.800 prazas entre campamentos, minicampamentos e campos de voluntariado
- Creáronse 650 contratos novos no sector do ocio e o tempo libre
A conselleira de Política Social, Fabiola García, destacou o éxito da campaña de verán do 2020, que rematou sen ningún caso positivo de covid-19 e cunha alta participación entre as súas actividades. Fíxoo durante a presentación do balance das actividades onde explicou que este resultado é froito da previsión e a implicación das mozas e mozos e do equipo de monitores.
Neste sentido, sinalou que esta previsión permitiu que Galicia se convertera nunha das tres comunidades nas que se mantivo a campaña de verán, xunto con Cantabria e Cataluña, e na segunda cun maior número de prazas ofertadas. Unha decisión valente, concretou, que culmina cunha alta participación e sen casos positivos de covid-19 entre usuarios e traballadores.
Fabiola García lembrou que o Goberno galego dotou estas actividades dun protocolo específico de actuación ante a covid-19, elaborado polo comité clínico de expertos, no que se recollen medidas como: a redución do aforo en todas as instalacións, a configuración de grupos reducidos, o reforzo do persoal ou o incremento das medidas hixiénico-sanitarias.
Así mesmo, púxose á disposición dos profesionais do ocio e o tempo libre dúas edicións de cursos formativos para dar a coñecer este protocolo. Uns cursos nos que participaron máis de 1.150 persoas. Tamén se ampliaron en once o número de instalacións para acoller estes programas ata as 35. Esta ampliación de espazos permitiu manter unha elevada oferta de prazas. En concreto, ofertáronse 6.800 prazas entre campamentos, campos de voluntariado e minicampamentos.
Ademais, Fabiola García apuntou que esta campaña de verán tamén se traduciu en novos postos de traballo no sector do ocio e o tempo libre. En concreto, neste punto creáronse 650 contratos novos.
Minicampamentos
Por outra banda, a conselleira puxo en valor que, ante unha situación tan complicada e novidosa, a Xunta seguise mellorando a oferta con novas instalacións e actividades. Unha delas foi o programa de minicampamentos ‘Coñece Galicia’, organizados en conxunto coa Consellería de Cultura, nos que se ofrecían aloxamentos de luns a venres en establecementos turísticos de toda Galicia a nenas e nenos de entre 10 e 14 anos.
O 12 de agosto conmemórase o Día internacional da xuventude. A Xunta de Galicia quere celebralo animando á poboación moza a participar nun novo concurso a través das redes sociais. En total sortéanse 10 packs con libros ou material escolar (valorados en 30 euros cada un) e merchandising de Xuventude.
Poden participar os mozos e mozas residentes en Galicia seguindo estas pautas e requisitos:
Esta promoción estará vixente desde as 16:00 horas do día 12 de agosto de 2020 ata as 23:59 horas do día 13 de agosto de 2020. Así mesmo, as persoas gañadoras daranse a coñecer o vindeiro 14 de agosto.
As bases pódense consultar no seguinte enlace: BASES