En portada (1175)

EVENTO I EDICIÓN XUVENTUDE MENTORING


Mañá, sábado, á partir das 10 horas, celebraremos o evento final e a entrega de diplomas da I edición do Programa Xuventude Mentoring, un pioneiro programa integral de formación e mentoring que a Consellería de Política Social puxo en marcha, en 2021, en colaboración co Cixug e as tres universidades galegas, coa cofinanciación do FSE a través do Programa Operativo de Emprego Xuvenil.


O programa, no que participaron case 200 persoas mozas nesta primeira edición, conta cun panel de 146 persoas mentoras e máis de 20 entidades colaboradoras, e acadou unha inserción laboral do 40% dos mozos e mozas participantes.


A de mañá será unha xornada para celebrar, contar experiencias e aprendizaxes das persoas mentoras e da mocidade mentorizada, e coñecer novidades sobre as seguintes edicións.


Poderase seguir, en directo, desde este enlace: https://vimeo.com/event/1969535

Tras a primeira experiencia piloto de 2021, a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia pon en marcha este ano a segunda edición de Primavera Xove, un programa que busca xerar espazos para un ocio educativo seguro, divertido, formativo e favorecedor da transferencia de valores e coñecemento. 

Tres formatos diferentes, dous meses e un só público: os mozos e mozas galegos.

Este 2022, Primavera Xove levarase a cabo entre os meses de abril e maio. Está composto por tres formatos de accións diferentes que buscan dar resposta aos gustos e necesidades dos mozos e mozas, con independencia da súa idade. Por iso, haberá accións concretas tanto para os rapaces máis novos como para o estudantado universitario ou que xa rematara os seus estudos. A programación desta nova iniciativa de educación non formal e entretemento saudable estará composta por: 

» Programa de Semana Santa e de fin de semana (de venres a domingo) en albergues xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos. 

» Encontros formativos e de networking nos campus universitarios de Santiago, A Coruña, Ourense e Vigo.

» Feiras Primavera Xove nos 12 espazos xove dependentes da Xunta de Galicia. 

Todas as actividades levaranse a cabo seguindo as medidas de prevención, seguridade e hixiene establecidas polas autoridades sanitarias para facer fronte á Covid-19. Así mesmo, para a actividade nos albergues xuvenís que inclúe pernoita, deberase achegar unha declaración responsable sobre condicións de saúde á entrada da estancia, que será facilitada con anterioridade pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

 

1.Programación de Semana Santa e de fin de semana en albergues xuvenís

Este programa levarase a cabo en 8 instalacións diferentes repartidas por toda Galicia: albergue xuvenil de Gandarío (Bergondo), albergue xuvenil Marina Española (Sada), albergue xuvenil Area (Viveiro), albergue LugII (Lugo), albergue xuvenil As Sinas (Vilanova de Arousa), campamento xuvenil de Pontemaril (Forcarei), Residencia de Tempo Libre do Carballiño e Estación de Montaña de Manzaneda . Ofertaranse un total de 600 prazas que permitirán aos mozos e mozas ampliar as súas habilidades e competencias, así como participar en actividades físico-deportivas, de aventura e tecnolóxicas, fomentando actitudes de cooperación e respecto; ao mesmo tempo que se achega un recurso de coidado durante períodos non lectivos para as familias galegas.

-Quen pode participar?

O programa está dirixido a mozos e mozas empadroados en Galicia que teñan entre 14 e 17 anos no momento da solicitude e queiran gozar dun programa de actividades de educación non formal en distintas instalacións da Xunta de Galicia. 

-Prazas

O número de prazas dispoñibles en cada unha das opcións é de 20, agás no caso da quenda de Semana Santa de Manzaneda, que será de 40 prazas. 

-Cando?

  • Quenda de Semana Santa: do 10 ao 17 de abril
  • Quenda de fin de semana: do 22 ao 24 de abril
  • Quenda de fin de semana: do 29 de abril ao 1 de maio
  • Quenda de fin de semana: do 6 ao 8 de maio

-Prazo e método de inscrición

O prazo de inscrición comezará o día 25 de marzo ás 12.30 horas. FORMULARIO DE INSCRICIÓN (pechado)

As prazas asignaranse por estrita orde de chegada dos formularios sempre e cando se cumpran os requisitos. Unha vez confirmada a praza (recibirase un correo electrónico de confirmación por parte da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado), o/a participante terá un prazo de 48 horas para remitir por correo electrónico a copia escaneada do DNI xunto co xustificante do pagamento, e a copia do Carné xove, a tarxeta de familia numerosa ou o certificado de familia monoparental, de ser o caso. Esta documentación debe enviarse ao enderezo de correo electrónico xuventur@xunta.gal, no asunto indicarase o programa no que está inscrito, e suporá a adxudicación da praza.

-Prezo do programa

As persoas ás que se lles adxudique unha praza deberán aboar un prezo de 25 euros para as actividades de fin de semana e de 150 euros para a Semana Santa. Por ser membro de familia numerosa ou monoparental e por ser titular do Carné xove, sempre e cando a tarxeta estea debidamente activada, aplicarase un desconto do 25% sobre o prezo. Deste xeito, os/as participantes aboarán, nestes casos, 18,75 euros ou 112,5 euros segundo corresponda.

Consulta todas as condicións de participación, requisitos e información sobre o programa no seguinte enlace 

Declaración responsable sobre a covid-19

Actividade financiada polo Ministerio de Igualdade, Secretaria de Estado de Igualdade e contra a Violencia de Xénero, e no marco do Plan Corresponsables.

 

2. Feiras Primavera Xove nos 12 Espazos Xoves

Ao longo dos venres e xoves do mes de abril e comezos de maio, e de xeito totalmente gratuíto, cada Espazo Xove celebrará unha feira de ocio educativo para a mocidade da súa contorna. Aínda que cada unha terá as súas particularidades e nela participarán persoas diferentes, haberá varios denominadores comúns:

  • Venres/xoves pola mañá: charla formativa coa participación dos institutos de cada zona e convite a coñecer o espazo xove.
  • Venres/xoves pola tarde: celebraranse varios obradoiros de cultura urbana, artes, emprendemento, etc. e tamén haberá actuacións musicais.

-Quen pode participar?

A mocidade das contornas de cada espazo xove.

-Cando?

  • 1 de abril: Viveiro
  • 7 abril (xoves): Lalín
  • 8 abril: Curtis, Pontedeume, Vilalba e Carballo
  • 22 abril: Noia e Betanzos
  • 28 abril (xoves): Ourense
  • 29 abril: Vilagarcía e Chantada
  • 6 maio: Tui

-Prazo e método de inscrición

Pódese reservar praza xa nas diferentes actividades directamente en cada espazo xove. 

Consulta todas as condicións de participación, requisitos e información sobre o programa no seguinte enlace ou nas redes sociais dos Espazos Xoves.

 

3. Encontros de formación e networking nos campus universitarios

A través desta acción totalmente gratuíta, a Xunta de Galicia busca ofrecer alternativas de ocio formativo e responsable que poidan ser complementarias ao currículo académico dos mozos e mozas, ao mesmo tempo que se traballan habilidades e capacidades necesarias desde o ámbito da educación non formal para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

Cada xornada enfocarase a un ámbito concreto e os relatores serán profesionais galegos de relevancia en cada un dos eidos. Concretamente, ofertaranse 5 tipos de actividades diferentes, que itinerarán polos campus de A Coruña, Santiago, Vigo e Ourense ao longo de 5 mércores dos meses de abril e maio. As temáticas das accións serán as seguintes: Innovación e innovadores no mundo dixital, Medioambiente e sostibilidade, Educación emocional, Talento mozo e Cultura e creatividade. 

O obxectivo final é favorecer o debate e o networking sobre a temática tratada a través de obradoiros en grupos reducidos en espazos diferentes, distendidos, abertos e innovadores.

-Quen pode participar?

Estas xornadas están dirixidas principalmente a mozos e mozas universitarios, aínda que se pode inscribir a mocidade en xeral, de 18 a 30 anos.

-Prazas

Poderán asistir 25 persoas como máximo a cada sesión, seleccionadas por orde de inscrición. Cada persoa moza poderá participar en tantas xornadas como queira.

-Cando?

Esta acción levarase a cabo os seguintes mércores de abril (6, 20 e 27) e de maio (4 e 11). A programación será de tarde e cada xornada terá unha duración aproximada de 2 horas.

-Prazo e método de inscrición

O prazo de inscrición a cada acción ábrese ás 10:00 horas do 1 de abril a través do seguinte formulario.

As prazas adxudicaranse por estrita orde de inscrición. As persoas que non obteñan praza pasarán á lista de reserva. Poderase escoller participar nunha ou en varias das accións contempladas na programación.


Consulta a información completa de Primavera xove aquí

linguanamorar

Xa podes votar polas túas mensaxes favoritas de Lingua de Namorar, concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos.

 

O período de votacións estará aberto ata o día 27 de marzo.

 

Aquí podes ler as mensaxes que se presentaron e votar pola que máis che guste: http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar

O sábado 26 de marzo desenvolveuse en no Centro Residencial Docente A Coruña (Culleredo) a fase clasificatoria de Parlamento Xove na categoría de Universidade. Participaron un total de 43 persoas mozas.

tema de debate foi Debería existir unha regulación para ser youtuber ou influencer que garanta que desempeñen as súas funcións correctamente?

Equipos participantes na fase clasificatoria:

Campus Santiago de Compostela 1
Campus Santiago de Compostela 2
Campus Santiago de Compostela 3
Campus Santiago de Compostela 4
Campus Santiago de Compostela 5
Campus Santiago de Compostela 6
Campus Vigo 1
Campus Vigo 2
Campus Vigo 4
Campus Vigo 5
Campus A Coruña
Campus Pontevedra 1
Campus Pontevedra 2

Finalizada a xornada, os 8 equipos clasificados para a final da categoría de Universidade foron os seguintes:

1. Campus Santiago de Compostela 2. Santiago. A Coruña
2. Campus Santiago de Compostela 5. Santiago. A Coruña
3. Campus Santiago de Compostela 3. Santiago. A Coruña
4. Campus Santiago de Compostela 1. Santiago. A Coruña
5. Campus Vigo 2. Vigo. Pontevedra
6. Campus Santiago de Compostela 6. Santiago. A Coruña
7. Campus Vigo 4. Vigo. Pontevedra
8. Campus A Coruña. A Coruña. A Coruña

E as catro persoas mozas seleccionadas como mellores oradores/as polos equipos de xurado foron:

Paula Álvarez García. Campus Santiago de Compostela 2. Santiago
Pablo Abelleira Acevedo. Campus Pontevedra 2. Pontevedra
Jaime Arangüena Laffón. Campus A Coruña. A Coruña
María Pedreira López. Campus Santiago de Compostela 3. Santiago

Cómpre destacar o gran seguimento dos debates en directo a través da canle de Youtube de @XuventudeGalicia (aínda dispoñibles):

SALA A: https://youtu.be/vD3MUBlhWbc
SALA B: https://youtu.be/tMN9BGW99mM
SALA C: https://youtu.be/2R-3IzoyyJU

O venres 11 e o sábado 12 de marzo desenvolveuse a fase clasificatoria de Parlamento Xove na categoría de Bacharelato no Centro Residencial Docente A Coruña (Culleredo).

O tema de debate é Debería existir unha regulación para ser youtuber ou influencer que garanta que desempeñen as súas funcións correctamente?

Equipos participantes na fase clasificatoria:

Colexio La Salle 1. Santiago
Colexio La Salle 2. Santiago
Colexio Maristas Cristo Rei 1. A Coruña
Colexio Maristas Cristo Rei 2. A Coruña
IES de Mugardos. Mugardos
IES Fontexería. Muros
IES Plurilingüe Fontexería. Muros
IES Rafael Puga Ramón. A Coruña
Colexio Peñarredonda. Lugo
CPR Plurilingüe San José Fec. Lugo
IES da Terra Chá José Trapero Pardo. Castro de Rei
IES Monte Castelo. Burela
IES Nosa Señora dos Ollos Grandes. Lugo
Colexio Internacional SEK-Atlántico 1. Poio
Colexio Internacional SEK-Atlántico 2. Poio
Colexio Mariano. Vigo
IES Laxeiro. Lalín
IES Marco do Camballón 1. Vila de Cruces
IES Marco do Camballón 2. Vila de Cruces
IES Salvaterra de Miño. Salvaterra de Miño
IES Sánchez Cantón. Pontevedra
IES Soutomaior. Soutomaior
IES Val do Tea. Ponteareas
IES Valle Inclán. Pontevedra

En total participaron 92 mozas e mozos.

Equipos clasificados

IES RAFAEL PUGA RAMÓN. A CORUÑA
COLEXIO LA SALLE 1. SANTIAGO DE COMPOSTELA
IES SANCHEZ CANTÓN. PONTEVEDRA
IES DE SOUTOMAIOR. SOUTOMAIOR
COLEXIO PEÑARREDONDA. A CORUÑA
COLEXIO LA SALLE 2. SANTIAGO DE COMPOSTELA
IES NOSA SEÑORA DOS OLLOS GRANDES. LUGO
COLEXIO MARIANO. VIGO

E as catro persoas mozas seleccionadas como mellores oradores/as polos equipos de xurado foron:

Andrés Collantes Barros do Colexio La Salle 1
Blanca Noya Juncal do Colexio La Salle 1
Óscar Rodríguez de Vivero do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes
Alfonso Vázquez Losada do Colexio Peñarredonda

Aquí podes ver os debates:

SALA A: https://www.youtube.com/watch?v=N5jfOoHuWto
SALA B: https://www.youtube.com/watch?v=5Vw6k9-KyjQ
SALA C: https://www.youtube.com/watch?v=IYWr0_aSnm8

Os días 4 e 5 de marzo celebrouse a fase clasificatoria na categoría da ESO do programa Parlamento Xove no Centro Residencial Docente de Culleredo. Participaron máis de 90 mozas e mozos de 3º e 4º da ESO de 20 centros de toda Galicia.

O tema a debate foi:  Debería existir unha regulación para ser youtuber ou influencer que garanta que desempeñen as súas funcións correctamente?

As mozas e mozos participantes, que recibiron unha formación durante o mes de febreiro, coñeceron cinco minutos antes do debate se tiñan que defender a postura a favor ou en contra.

Os centros da ESO que participaron nesta fase clasificatoria son:
2 equipos do CPR Plurilingüe Sagrada familia 1 (Vilagarcía)
2 equipos do CPR Maristas a Inmaculada 1 (Lugo)
CPR Plurilingüe Liceo La Paz (A Coruña)
Colexio Internacional SEK-Atlántico (Poio)
CPR Santiago Apóstol (Soutomaior)
Colexio Maristas Cristo Rei (A Coruña)
CPR San José de Cluny (Santiago)
CPR Plurilingüe San José Fec (Lugo)
IES A Xunqueira II (Pontevedra)
Colexio La Salle (Santiago)
CPR Plurilingüe Santa María (Ourense)
Mª Inmaculada Carmelitas Vedruna (Vigo)
IES Rafael Puga Ramón (A Coruña)
CPR Plurilingüe Miraflores (O Pereiro de Aguiar)
IES Salvaterra de Miño
CPR Plurilingüe Compañía de María (Cangas)
IES Miguel Ángel González Estévez (Vilagarcía)
CPR Eduardo Pondal (Cangas)
IES A Pinguela (Monforte)
IES AS Mariñas (Betanzos)

Desta fase clasificatoria sairon oito equipos que pasarán á fase final que terá lugar no mes de maio. Estos equipos son:
  CPR Plurilingüe Sagrada Familia 1 de Vilagarcía
  CPR Maristas A Inmaculada 1 de Lugo
  CPR Santiago Apostol de Soutomaior
  CPR San José de Cluny de Santiago
  Mª Inmaculada Carmelitas Vedruna de Vigo
  IES Rafael Puga Ramón da A Coruña
  IES Miguel Ángel González Estévez de Vilagarcía
  IES A Pinguela de Monforte

E as tres persoas mozas seleccionadas como mellores oradores/as polos equipos de xurado foron:
  Lucas Rodríguez Kawalski de Mª Inmaculada Carmelitas Vedruna
  Ana Varela Pose do IES Rafael Puga Ramón
  Noa Santiago Falcón do IES Miguel Ángel González Estévez

Os premios desta edición serán unha viaxe valorada en 5.000 euros para cada un dos equipos gañadores das categorías escolares e en 2.500 para o equipo gañador da categoría universitaria. Así mesmo, contarán cunha mención especial e cun agasallo os mellores oradores e os mellores artigos de investigación en cada unha das categorías.

Podes ver os debates na canle de Youtube da Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado:

SALA A

SALA B

SALA C

O día 12 de marzo desenvolverase a fase clasificatoria da categoría de Bacharelato e o 26 de marzo será a quenda da categoria Universidade, que tamén poderás seguir na canle de Youtube de Xuventude.

#CarnéXoveStories arrinca coñecendo a Alejandro Reiriz Pouseu, @pozila, premiado no Xuventude Crea, na modalidade de Artes Plásticas pola súa obra “Galicia esperta e herbas ledas”.

Desfruta aquí da CarnéXoveStories de Alejandro Reiriz Pouseu

bgalicaileda

Galicia esperta e herbas ledas de Alejandro Reiriz Pouseu, 3º premio compartido da modalidade de Artes Plásticas de Xuventude Crea

O xurado do concurso Lingua de namorar 2022 reuniuse o mércores 30 de marzo para elixir as mensaxes gañadoras das categorías A e B, de entre aquelas mensaxes que resultaron máis votadas polo público. Son as seguintes:

Mensaxes gañadoras da categoría A

1o premio: Á flor baixo a neve, de Carmen Fernández Margusino (Ourense)

A ti, que non es capaz de dicilo.
A ti, que nunca escoitaches un silencio tan forte cando tantas palabras necesitabas.
A ti, que es unha flor sepultada baixo a neve,
en espera dunha primavera que só ti podes facer chegar.
A min, aínda que agora non o sinto, algún día o poderei dicir.
quérote,
quérome.

2o premio: Amor contraditorio, de Lucas Paz González (A Coruña)

Amor monta cabalo e cingue armadura.
Peito lustroso e semblante gallardo;
no seu cavilar absorto cabalga
altivo guerreiro das causas soadas.

Fóra da poesía, Amor murcho camiña descalzo,
roupa esfarrapada viste o seu corpo,
ferro luxado rodea os seus pulsos,
vencido guerreiro das causas perdidas.

Dualidade do amor: plenitude e carencia.

3o premio: Desde Vilamor ata Fisterra, de Laura Sande Vázquez (A Coruña)

Tiña unha ditosa sensación
que acelerou o meu corazón,
desde Vilamor ata Fisterra
nunha ruta de amor pola nosa terra.

Din que as palabras son levadas polo vento
mais díxenche “quérote, amor” cando facía bo tempo,
unha esdrúxula e unha aguda que non son tan graves
seguidas dun sorriso e unha chave.

Mensaxes gañadoras da categoría B

1o premio: O amor de iglú, de Pedro Rodríguez Villar (Pontevedra)

O nórdico refúxianos cando cae a noite,
fóra del hai medos, desilusións, fracasos
e unha chea de palabras moribundas
que saen canda as lúas novas.

No interior estamos a salvo
co abrazo dos nosos corpos nus
nun refuxio de amor de iglús
e a ilusión brotando dun bico
que nos calma
no bule bule de erratas da vida.

2o premio: Dúas partes que son unha, de Ania Ferreira Longueira (Vigo)

Unha vez perdinte nun poema,
entón busquei onde poderiamos atoparnos.
Estariamos nunha aliteración
na anáfora da palabra amor,
talvez
na antítese do medo
sinestesia duns ollos falando,
pleonasmo nos erros,
circunloquio para irnos
onde comezamos.

Pero non, aquí estás:
es o espazo en branco,
a sílaba perdida
das palabras que non podo rematar.

3o premio: Filautía, de Andrea López Otero (Lugo)

Existe
Todo aquilo que somos,
dentro deste corpo aloumiñante.
En min
persoal e venturosa
fausta
nun mundo poderoso
nunha mente fría
que non deixa de ferver.
Existe
Un suspiro mainiño;
a forza da vertixe
un ollar devagar.
Rotundos e incandescentes,
fogosos
finitos
os pensamentos do /eu/

Eu
que a cada espazo
de tempo
veloz
lenta
viva
/eu/
me quero

O xurado de Lingua de namorar 2022 preseleccionou, na súa xuntanza do 30 de marzo, seis mensaxes participantes na categoría C do concurso, mensaxes que pasaron á fase de votación pública en IG, da que resultou gañadora ao recibir o maior número de "gústame" a seguinte:

Sofía Muñoz Somoza (Cambados, Pontevedra)

@sofi.mso

#Pulsión

Na congregación de mensaxes atemporais conflúe a secuencia de pulsións que aviva o
itinerario compartido.

O obxectivo principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente en internet e na mensaxería instantánea.

 

 


bases


categoriaA categoriaB BotonC 2

O mural de Julio César, na Rolda da Muralla de Lugo, realizado polo grafitero Diego As, foi elixido como o mellor Graffiti do mundo 2021. Así o decidiu a comunidade Street Art Cities, recibindo máis de 60.000 votos para erixirse como a obra máis votada.

1

 

O sétimo posto foi para o artista ourensá Mon Devane e o décimo para a artista de Baiona Lula Goce

 As Estrelas do Camiño, de Mon Devane

Mon Devane é o autor do mural de Xermán Arias, en Triacastela, que foi seleccionado como sétimo mellor Graffiti do mundo.

3

 

Lula Goce

Un tributo a todas as mulleres, homes e familias que sofren o cancro de mama en primeira persoa. Esa é a obra de Lula Goce, pintada sobre a fachada dun edificio localizado no municipio de Aranda de Douro (Burgos), que está seleccionada como o décimo mellor Graffiti do mundo. 

2

 

Desde a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado apostamos polo Graffiti como unha das especialidade artística dos Premios anuais Xuventude Crea, premios nos que poden participar mozos ou mozas galegos/as ou residentes en Galicia, non profesionais, con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos.

O 2022 é o Ano Europeo da Xuventude. Con motivo desta celebración, a Unión Europea vén de poñer en marcha unha páxina web oficial onde se recollerán as iniciativas que os países membros vaian facendo arredor desta temática.

 

O obxectivo é chegar con ela tanto á comunidade xuvenil como aos traballadores deste eido. A páxina irase actualizando segundo se vaian elaborando iniciativas novas.