Correspondentes Xuvenís converte ao alumnado en difusor de información de relevancia

19 Xun 2023

Preto de 120 mozos e mozas reuníronse nun encontro final no albergue de Gandarío para expoñer a súa experiencia no programa e ampliar a súa formación sobre información xuvenilENCONTRO2

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou esta no encontro final do programa Correspondentes Xuvenís con preto de 120 mozos e mozas no albergue xuvenil de Gandarío. Durante o acto, agradeceu a implicación do profesorado e da xuventude nesta iniciativa e destacou tanto o labor informativo como de dinamización do día a día nos centros educativos que realizan estes estudantes.

Nesta edición foron máis de 600 alumnos de centros de toda a Comunidade os que levaron a cabo accións de difusión da información no marco deste programa da Xunta de Galicia. A directora xeral de Xuventude explicou que a finalidade desta iniciativa é facer partícipe ás mozas e mozos na difusión de axudas, programas ou actividades que son do seu interese. Deste xeito, o alumnado actúa como altofalante, achegando toda esta información aos seus compañeiros e amigos.

Así mesmo, Cristina Pichel destacou que este programa axuda a potenciar as habilidades comunicativas e sociais dos estudantes, favorece que asuman responsabilidades e transmite valores como a colaboración ou o liderado. Ao alumnado que actúa como correspondente recoñécese a súa participación cun certificado de experiencias en educación non formal en materia de xuventude.

Durante este encontro —que se realiza durante o venres, sábado e domingo no albergue xuvenil de Gandarío—, os participantes poderán asistir a distintas charlas sobre a comunicación e as fake news, actividades deportivas ou de traballo en grupo na que aproveitar para intercambiar boas prácticas e socializar.

IMG 20230617 WA0018IMG 20230617 WA0022IMG 20230617 WA0030IMG 20230617 WA0032IMG 20230617 WA0038IMG 20230617 WA0039IMG 20230617 WA0049IMG 20230617 WA0061IMG 20230617 110821IMG 20230617 154341IMG 20230617 164159IMG 20230617 221557IMG 20230617 221948IMG 20230617 224412IMG 20230617 WA0027IMG 20230617 WA0042IMG 20230617 WA0062