A conduta suicida

15 Mai 2023

A Fundación ANAR, presentou o seu Informe Anual 2022, do Teléfono/Chat ANAR. 

Ao longo de 2022 ANAR recibiu 217.693 peticións de axuda 

A maioría dos problemas referidos polos usuarios/as das Liñas de Axuda ANAR tiveron unha urxencia, gravidade e frecuencia alta.

Por primeira vez desde que se puxo en marcha o Teléfono ANAR de Axuda a Nenos, Nenas e Adolescentes en 1994, o bloque dos problemas de saúde mental supera ao da violencia, representando case a metade das consultas realizadas por menores de idade (45,1%); e a conduta suicida convértese no principal motivo de chamada por parte destes/as, cun 17,5% do total das súas peticións de axuda.

Notas resumo:

https://www.anar.org/la-conducta-suicida-principal-motivo-de-consulta-de-los-menores-de-edad-por-primera-vez-en-casi-30-anos-de-las-lineas-de-ayuda-anar/

Os medios de comunicación teñen un papel crecente na socialización das persoas, e por iso poden xogar un rol activo na prevención do suicidio. A forma de comunicar sobre o suicidio pode axudar a previlo ou, pola contra, pode conlevar un maior risco de provocar efecto contaxio.

O Ministerio de Sanidade publicou no 2020 o manual Recomendaciones para el tratamiento del suicidio por los medios de comunicación

https://www.sanidad.gob.es/profesionales/excelencia/docs/MANUAL_APOYO_MMCC_SUICIDIO_04.pdf.

Desde a páxina web da Fundación Española para la prevención de suicidios, pódese descargar a Guía breve de recomendacións de información sobre suicidio para medios de comunicación

https://www.fsme.es/guia-mmcc-1/

Recorda que o servizo Quérote+da Xunta de Galicia ofrece asesoramento gratuíto á xuventude nas áreas máis vinculadas ao entendemento social e o crecemento persoal