A Xunta premia as mellores propostas no ámbito da creación de videoxogos dentro de Xuventude Crea 2022

14 Dec 2022

María Santalla Martínez e Daniel Alejandro Santiago Mayoral fixéronse co primeiro posto na modadlidade de videoxogos dentro do certame Xuventude Crea 2022 coa obra ‘K.I.W.I.’

O segundo lugar foi para a creación titulada ‘Poupar’, que elaboraron Jorge Fernández Meneses, Eloi Pena Gómez, Celia Fernández Gómez, Brandán Reino Gorín e Sara Martínez Narváez. O terceiro premio quedou deserto. Os gañadores recibirán unha gratificación de 3000 euros; e 1500 euros o equipo que quedou en segunda posición.

Todas aquelas premiadas ao longo dos últimos anos exhíbense nun museo dixital recen estreado: www.museoxuventudecrea.gal