Galicia Nova Emprende'21

30 Mai 2022

Acción Laboral convoca Galicia Nova Emprende'21, incluído no Programa de Itinerarios de Emprendemento Xuvenil da Fundación INCYDE. Cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Dirixido a mozos e mozas menores de 30 anos, que necesiten apoio para o emprendemento e para a súa incorporación no mercado laboral.

Programa gratuíto e personalizado segundo as necesidades do mozo ou moza:
- Grupos de mañá e tarde.
- Formación intensiva acreditada.
- Con compromiso de inserción.

Contidos:
- Elaboración dun informe personalizado para cada persoa nova participante.
- Formación presencial grupal e individual.
- Orientación laboral personalizada para a procura de emprego e desenvolvemento da túa propia idea de negocio.
- Asesoramento personalizado para elaborar o Plan de Negocio.
- Sesións individuais de mentoring e networking.

Requisitos: Ter entre 16 e 30 anos e estar rexistrado no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.

Máis Información
Teléfonos 986 090 146 e 653 750 950
Correo electrónico: stajuelo.vg@accionlaboral.com

https://www.accionlaboral.com/es/node/788