Exposición das obras finalistas de Moda e Deseño de Xoias

30 Nov 2021

Inauguración na Igrexa da Universidade en Santiago de Compostela, 1 de decembro, 12:00 horas

Nesta edición de Xuventude Crea 2021, presentáronse un total de 12 obras na especialidade de Moda e 28 obras na especialidade de Deseño de Xoias, o que supón a participación de 40 persoas, 26 mulleres e 14 homes.

De todas as obras presentadas, seleccionáronse como finalistas un total de 12 obras: 6 na especialidade de moda e 6 na especialidade de deseño de xoias.

O día 1 de decembro, ás 12:00 horas, inaugurarase a exposición destas 12 obras finalistas, na Igrexa da Universidade de Santiago de Compostela, e no acto daranse a coñecer, por parte da directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel Toimil, acompañada da vicerreitora de Igualdade, Cultura e Servizos da Universidade de Santiago de Compostela, María do Mar Lorenzo Moledo, as obras premiadas ou que recibirán mención de honra nas devanditas especialidades.

Esta exposición estará aberta ao público, con todas as medidas de seguridade, ata o 15 de xaneiro de 2022, de luns a sábado, en horario de 11 ás 14 horas, pola mañá, e de 17 a 20:30 horas, pola tarde.

Obras finalistas

Moda:
  Amazona (Crecente), coa obra "Artemis"
  Arg (Santiago), coa obra "The academy"
  Svrv (Ribeira), coa obra "Blossom"
  Silver (Vigo), coa obra "Lost"
  Storm boy (Pontevedra), coa obra "Storm boy"
  Mary-kate twin (Verín), coa obra "Out of this world"

Deseño de xoias:
  Larimar (Vigo), coa obra "Lo opuesto de lo que realmente vemos"
  A túa nova casa (Santiago), coa obra "A túa nova casa"
  Eles (Santiago), coa obra "Eles"
  Balance (Vilagarcía), coa obra "Balance"
  Natureza animal (Santiago), coa obra "Natureza animal"
  Kukú (Betanzos), coa obra "Kukú"