Xuventude Crea. Final da especialidade de DANZA MODERNA!

23 Nov 2021

Nesta edición de 2021, presentáronse ao certame Xuventude Crea na modalidade de Danza Moderna un total de 9 solicitudes de grupos/solistas, nos que interveñen 24 persoas.

De todas as solicitudes presentadas, seleccionáronse como finalistas un total de 4 grupos e 2 solistas:
   Llui Waratchaya (Vigo), coa obra "Impulsive"
   Greas (Santiago), coa obra "Lonxe de eiquí"
   Macorinos (A Coruña), coa obra "Manos perdidas"
   Grow as Ohana (Nigrán), coa obra "Mantendo a esencia"
   Siete Pecados (Tui), coa obra "Siete pecados"
   Cristales (A Coruña), coa obra "The other side of paradise"


O sábado 27 de novembro, os finalistas actuarán ante a comisión de selección a partir das 17:00 horas no Museo do Mar de Galicia en Vigo, nun acto que contará con todas as medidas de seguridade e saúde esixidas fronte a Covid-19.

Unha vez rematadas as actuacións, daranse a coñecer por parte da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado as persoas premiadas ou que recibirán mención de honra na devandita categoría.