O programa Carné Xove suma a adhesión da asociación de comerciantes e empresarios das Travesas AETRAVI

25 Out 2021

logo AETRAVIA asociación de comerciantes e empresarios das Travesas AETRAVI súmase ao programa Carné Xove da Xunta de Galicia como entidade colaboradora, asumindo o compromiso de achegar rebaixas e vantaxes nos produtos e servizos de máis de unha vintena de negocios que forman parte deste acordo.

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asinou o acordo coa presidenta da asociación, Ana Mª Diéguez Fernández. Deste xeito, os usuarios do Carné Xove poderán beneficiarse de descontos en todo tipo de negocios que forman parte desta asociación, tales como ópticas, zapaterías, xoierías e clínicas dentais, entre outros. Toda a información desta colaboración estará dispoñible na páxina web xuventude.xunta.es.

Así, pois, mozos e mozas xa podedes desfrutar nestes establecementos das vantaxes e descontos que vos ofrece o Carné Xove!