O Centro galego de Arte Contemporánea, CGAC, organiza o curso en liña de Educación artística, arte na aula. Propostas didácticas sobre artistas contemporáneos
O obxectivo do curso é coñecer a obra de artistas contemporáneos e considerala como fonte de inspiración. Establecer lazos entre a arte e a aula e eliminar mitos e prexuízos. Desenvolver a capacidade para observar, coñecer, crear e debater ao redor do artístico. Xerar dinámicas creativas nun ou nunha mesma para fomentalas no alumnado. Explorar materiais, recursos e procesos que favorezan aprendizaxes globalizadas a través da plástica.
Datas: 6, 13 e 20 de novembro. Horario: de 10:30 a 13:30 h.
Prazo de inscrición: do 13 de outubro ao 4 de novembro de 2021.
O curso é de balde. As persoas interesadas poden enviar unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.gal na que deberán indicar o seu nome, apelidos, DNI, estudos, área de traballo ou interese, un enderezo de correo electrónico e un teléfono de contacto. Cada solicitante recibirá unha mensaxe electrónica de confirmación.
O CGAC entregaralles un certificado de asistencia a aquelas persoas que asistan, como mínimo, ao 75 % das sesións.