Hábitos saudables, tecnoadiccións e prevención no consumo de drogas

14 Set 2021

ARELAS presenta un novo obradoiro online sobre "Hábitos saudables, tecnoadiccións e prevención no consumo de drogas", dentro do programa Impúlsa-T de apoderamento e inserción socio-laboral de xóvenes trans de Galiza financiado pola Dirección Xeral de Xuventude.

Este obradoiro realizado por Hadriana Ordóñez, Psicóloga Sanitaria G-4266, Sexóloga e Terapeuta EMDR será os días 16, 20 e 23 de setembro as 19:00 H e está dirixido a xóvenes trans de 14 a 20 anos de toda Galiza.

Se queres formar parte do obradoiro, podes solicitar a túa inscripción no correo: arelasasociacion@gmail.com