Actívate para emprender

14 Set 2021

Tes entre 16 e 35 anos? Entón podes participar no programa Actívate para emprender.

Talleres de formación: "Xeración de ideas de negocio e Aprender a emprender"
Datas: 29 e 30 de setembro de 2021
Modalidade: formación presencial
Horario: de 9:30 a 13:30
Prezo: Formación gratuíta
Persoas destinatarias: Mocidade de 16 a 35 anos que estea interesada en analizar o emprendemento como unha posibilidade laboral.
Contido:
· Xeración de ideas de negocios.
· Da idea á posta en marcha do noso proxecto: pasos de constitución.
· Elaboración do plan de empresa.

O programa "Actívate para emprender" inclúe a posibilidade de recibir asesoramento individual, para a elaboración do plan de empresa, elección e trámites de constitución das distintas formas xurídicas, solicitude de axudas para o emprendemento, etc.

Información e inscrición:
Para solicitar a túa participación nesta acción de formación ou recibir máis información podes enviar un correo electrónico a autoemprego@cimo.org (Indicando o teu nome e apelidos, DNI/ NIE e nº de teléfono) ou chamando ao 988 39 15 15 ou 665 761 939