Curso de formación en voluntariado dixital e tecnolóxico

18 Ago 2021


Curso de formación en voluntariado dixital e tecnolóxico, convocado por Política social  en colaboración con FADEMGA, levarase a cabo entre o 15 de setembro e o 15 de outro.

Inclúe catro módulos:

-Introdución

-ofertas de voluntariado dixital,

-plataformas e recursos e análise de exemplos e casos prácticos. Serán 25 horas de formación en modalidade en liña, a desenvolver na plataforma de formación Recursos Galicia.

Trátase dunha actividade formativa de balde, subvencionada pola Xunta. Achéganse un total de 25 de prazas. Os destinatarios en potencial son persoas responsábeis de voluntariado e persoas voluntarias en entidades sociais. O prazo de inscrición remata o 6 de setembro. A admisión comunicarase vía e-mail o 8 de setembro.

Máis información: https://voluntariadogalego.org/axenda/curso-de-formacion-en-voluntariado-dixital-e-tecnoloxico