Na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, na búsqueda da participación activa do colectivo de mozos e mozas de Galicia convocáronse xa varias reunións abertas ás entidades xuvenís e grupos informais a fin de que participasen na redacción dun borrador de Decreto regulador da composición e funcionamento do Consello Asesor e Consultivo da Xuventude de Galicia, como órgano colexiado de participación, representación e consulta das políticas públicas da Xunta de Galicia en materia de mocidade creado pola Lei de Xuventude de Galicia.
Nesta mesma páxina tendes a información básica do mesmo. Tamén aproveitamos a ocasións para comunicarvos que en breve estará a vosa disposición o borrador de Decreto a fin de que nos fagades chegar as suxestións que consideredes, na procura dunha lexislación máis partícipe.
Cosulta a presentación do regulamento do Consello Asesor e Consultivo da Xuventude de Galicia