Premios da modalidade de Videoxogo de Xuventude Crea 2020

23 Nov 2020

Resolveuse á fase final de Xuventude Crea 2020 na especialidade de Creación de videoxogos, novidade que incorpora este ano o certame xunto coa disciplina Novela curta. O evento tivo lugar no Pazo de Vilamarín, no marco do I Congreso Utopía Noroeste, un encontro para a innovación, a tecnoloxía e as ideas disruptivas.

Nesta primeira edición da modalidade participaron 16 mozas e mozos e foron seis os videoxogos que chegaron a esta final. O primeiro premio foi para a creación Odal, de Fabián Ezequiel Farías González e Carla Bolaños Blanco; en segundo lugar quedou o equipo formado por Dafne Míguez Nieto, Antía Santiso Méndez, Araceli Villanueva Bello e Daniela Da Rocha Baptista co xogo Cruña Invicta; e o terceiro premio foi para a proposta Fofo e a pesca do lixo, da que son autores Alejandro García Soto e Carmen Araquistain Portela.

Entrevistas cos/as finalistas no Instagram de Cristina Pichel, Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado: https://www.instagram.com/p/CH03cgijlj-/

12