A Organización para a Seguridade e a Cooperación en Europa (OSCE), convoca o Programa de Asistente/a de Investigación da Asemblea Parlamentaria está aberto a estudantes graduados/as en Ciencias Políticas, Dereito, Relacións Internacionais ou outros campos relacionados dos Estados membros da OSCE e os socios para a cooperación.
As persoas que sexan seleccionadas desenvolverán as súas habilidades e coñecementos en asuntos internacionais político-militares, económicos, ambientais e relativos a dereitos humanos nas sedes do organismo en Copenhague ou Viena.
Poderán optar ao programa persoas mozas de ata 28 anos naturais ou residentes nalgún dos Estados membros da OSCE, que conten cun título nas disciplinas relacionadas e un nivel de inglés excelente, tanto falado como escrito (valorarase o coñecemento doutro dos idiomas oficiais do ente). Así mesmo, requirirase habilidade analítica e de redacción e interese polos asuntos de seguridade internacional e diplomacia e valorarase a experiencia previa nalgunha organización internacional e o coñecemento de cuestións relativas a dereitos humanos, control de armas, ameazas transnacionales, migracións, loita contra o terrorismo, cambio climático ou finanzas.
As bolsas terán unha duración de seis meses e estarán dotadas con 656 euros máis aloxamento en Copenhague e 1.000 euros en Viena.
Poderanse presentar solicitudes durante todo o ano, enchendo un formulario, ao que se achegará o CV, unha carta de presentación, unha copia das cualificacións, dúas cartas de recomendación e unha fotografía recente.