- Segundo o Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, o éxito de inicitivas deste tipo manifestan o impulso emprendedor da mocidade galega.
- Destacase a participación de oito ponentes procedentes de distintos puntos da xeografía española e mesmo do extranxeiro.
- O evento contou tamén coa participación de 14 asociacións xuvenís vinculadas ao ámbito universitario que tiveron a posibilidade de amosar o traballo que veñen levando a cabo.
- Entre os participantes había mozos universitarios procedentes de 4 países da Unión Europea.
A facultade de xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela serviu como marco para o encontro sobre emprendemento xuvenil Campus Emprende. Baixo o lema O poder das ideas este evento abriu primeiro de nove encontros de emprendemento e creatividade xuvenil que se celebrarán en distintos concellos da xeografía galega e que forman parte do programa Conecta impulsado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Foron máis douscentos os mozos e mozas que participaron das distintas actividades propostas para a xornada. Durante a inauguración do acto, o Director Xeral de Xuventude, Ovidio Rodeiro, e Francisco Durán, Vicerreitor de Estudantes coincidiron en sinalar que a elevada participación en actividades deste tipo poñen de manifesto o impulso emprendedor da mocidade. Segundo palabras do propio Rodeiro “as propostas incluídas no porgrama Conecta, no que se inclúe Campus Emprende, pretenden canalizar as inquedanzas e proxectos de mozos e mozas a través dos distintos ámbitos da administración, ofrecéndolles ferramentas e recursos e tendo a vocación decidida de dar continuídade e aportar un seguimento claro do talento e a iniciativa da xuventude emprendedora”, na mesma liña se manifestou Francisco Durán indicando que “a formación implica unha maior perspectiva de éxito en iniciativas emprendedoras”.
A variedade de perfís e a calidade expositiva dos poñentes fixo que as 200 cadeiras situadas no hall de xornalismo quedasen pequenas pola gran afluencia de público durante toda a xornada. A primeira das ponencias correu a cargo de Manuel Gago, xornalista, profesor na USC e pioneiro no emprendemento vinculado á rede, quen trasladou aos asistentes ferramentas clave para emprender, animándoos a ser orixinais, a tentar ser pioneiros e falando de novos modelos de emprendemento. O testigo desta primeira charla foi tomado por Adrián Comesaña, copropietario do restaurante santiagués O Curro da Parra, quen falou sobre como converter unha iniciativa vinculada ó ámbito gastronómico nun restaurante de éxito incidindo en que mecanismos como a paixón, o traballo , a formación e a profesionalidade son elementos clave. Este cociñeiro mozo non deixou de destacar a importancia de buscar elementos diferenciais nos que situar iniciativas emprendedoras incipientes.
O sempre dinámico e competitivo mundo da moda estivo representado polo afamado deseñador Francis Montesinos que cautivou aos asistentes coas experiencias adquiridas por quen é emprendedor desde hai máis de corenta anos. Frases como “apréndese equivocándose e eu tiven oportunidade de equivocarme e construírme novamente” ou “na moda, como en calquera outro ámbito, hai que rediseñarse continuamente e revisar se a fórmula e método empregados son os correctos”.
“Os conservatorios europeos están copados por españois, esto da unha mostra clara do enorme talendo e a creatividade dos mozos e mozas músicos do noso país, feito inaudito ata o de agora”, esta frase categórica foi a carta de presentación de Federico Mosquera, xovencísimo pianista e compositor que compartiu cos asistentes a súa visión persoal sobre as diferencias entre os plans formativos nos ensinos vinculados á creatividade en distintos países europeos e cómo saber adaptarse, construír un perfil propio e manter a paixón en momentos de crise . Para Mosquera “o arte e a cultura son un termómetro excepcional da saúde dun país e un escaparate dos seus talentos”.
Foi o campión olímpico Antón Paz o encargado de dar comezo ás actividades vespertinas disertando sobre as cualidades que debe ter un deportista de élite, o espírito emprendedor e de superación e a importancia do traballo en equipo; e achegándolles aos asistentes a súa exitosa traxectoria deportiva dende un perfil cercano e persoal. Para o regatista “sempre é importante, sobre todo traballando en equipo, compartir o esforzo con persoas que teñan os mesmos obxectivos” e como ouro olímpico “a preparación para as olimpiadas de Pekín foi de catro anos, ó que se lle suman outros oito anos anteriores de intenso esforzo. O tamén campión mundial en Clase Tornado indicou, en referencia á necesidade de non temerlle ao fracaso, “despois de Atenas, onde tivemos problemas técnicos, tras a frustración inicial, comezamos a entrenar aínda con máis intensidade”. O deportista vilagarciano marcou tamén a anécdota da xornada cando compartiu co público a medalla de ouro gañada en 2008 e foron moitos os asistentes que aproveitaron a ocasión para ter nas súas mans un ouro olímpico.
Sansó-Rubert, experto en seguridade e defensa, amosoulles aos asistentes alternativas de emprendemento e emprego no ámbito da seguridade, un nicho que, según o ponente, non está suficientemente aprobeitado.
A xeira de ponencias foi pechada polo xornalista, filólogo e creador e redactor do blog Obama Wold, Jordi Pérez Colombé, que ademáis de animar á audiencia a non ter medo a emprender, a superar o pánico ao fracaso afondou na necesidade de adquirir experiencia a hora de emprender e acadar competencias non propias do ámbito de emprendemento concreto pero que son precisas para chegar ó éxito. Para Colombé un emprendedor non pode deixar de aprender, actualizarse e estar sempre aberto a novas achegas.
Campus Xove xorde como un evento vivo e aberto no que a xornada de ponencias se complementou con actividades formativas e de asesoramento (aula emprende, aula social e gabinete de iniciativas xuvenís emprendedoras transfronteirizo) ofrecendo tamén un espazo no que asociacións xuvenís e do ámbito universitario puideron amosar o seu traballo e ámbitos do seu interese.
Cabe destacar a presenza de universitarios procedentes de campus de Rumanía, Italia, Hungría e Bulgaria que participaron das actividades propostas e que tiveron a oportunidade tamén de divulgar entre o auditorio os modelos de promoción do emprendedurismo nos seus países de orixe.