Proxecto Democracia Participativa

21 Mar 2012

  Realización en Galicia dun proxecto de democracia participativa que reúne a xóvenes de concellos e organizacións de España, Portugal, Italia e Bulgaria.

 O director Xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, estivo reunido con varios representantes de concellos e organizacións europeas que durante tres días estiveron en Galicia nunha visita preparatoria no marco do programa europeo Xuventude en Acción, concretamente na sub acción 1.3, un proxecto de democracia participativa que apoia a participación de mozos e mozas na vida democrática da súa comunidade a nivel local, rexional, nacional ou internacional.DEMOCRACIA_PARTICIPATIVA

Este proxecto de democracia participativa baixo o título “Identificando y promoviendo la democracia participativa”,  é un proxecto de seis meses de duración que reúne a catro concellos e organizacións xuvenís de Brolo – Sicilia (Italia), Mezdra (Bulgaria), Paiao – Figueira da Foz (Portugal) e Padrón e Teo (España).

No encontro Ovidio Rodeiro estivo acompañado polos representantes italianos María Ricciardello, vice alcaldesa de Brolo, Angelina Fogliani, técnica de xuventude do referido concello, Pierluigi Gammeri, presidente de Sikanie; dende Bulgaria, Mariela Mihailova Goronova, presidenta de Koriten’s e Ivan Asparuhov, Alcalde de Mezdra. Y dende o país veciño de Portugal Joao Paulo Gonçalves Pinto, presidente da Xunta da Freguesía de Paiao.

Esta reunión tivo lugar no Parlamento de Galicia con ocasión da celebración da final de Parlamento Xove, iniciativa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

Os obxectivos de “Identificando y promoviendo la democracia participativa” persegue os seguintes obxectivos:

-          Dinamizar propostas e iniciativas xuvenís a través da educación non formal, permitindo que os mozos e mozas adquiran experiencia en prácticas de democracia representativa e cidadanía activa.

-          Elaborar propostas baseaas no diálogo e o consenso dos/as mozos/as, fundamentadas nas necesidades actuais da xuventude local, rexional, nacional e europea.

-          Acercar e normalizar o contacto entre mozos/as e a clase política/responsables na toma de decisión. Permitir un diálogo estruturado que asegure a participación xuvenil na sociedade, como ente vivo e responsable na construción da sociedade presente e futura.