Xuntanzas de traballo para a elaboración do Regulamento do Consello Asesor e Consultivo de Xuventude de Galicia

24 Feb 2012

O proxecto de Lei de xuventude de Galicia prevé a creación do Consello Asesor e Consultivo de Xuventu­de de Galicia como órgano de participación, representación e consulta das políticas da Xunta de Galicia en materia de xuventude.

Unha lei non pode regular ao detalle a composición e o funcionamento dun órgano polo que é necesario un regulamento que desenvolva eses aspectos.

Xurídicamente a aprobación do regulamento debe ser acordada polo Consello da Xunta de Galicia mediante decreto, aínda que para a súa elaboración se promoverá a participación de todas as persoas e entidades xuvenís que o desexen.

Para fomentar a participación,organizaranse 5 grupos de traballo (xuntanzas de traballo), onde se traballará man con man coas persoas e entidades xuvenís nas distintas partes do regulamento.

Dada a complexidade técnica que supón a elaboración dunha norma os grupos de traballo estarán asistidos pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

O próximo 7 de marzo de 2012 terá lugar a primeira xun­tanza de traballo.

Data: mércores,7 de marzo de 2012

Horario: de 19:00 a 20:30 h

Lugar: Centro Coordinador de Infor­mación e Documentación Xuvenil. Santiago de Compostela. Praza do Matadoiro,s/n,15703

A asistencia é aberta a todas as persoas pertencentes a:

  • Asociacións xuvenís inscritas no censo da DXXeV
  • Escolas de tempo libre de Galicia
  • Consellos locais de xuventude
  • Seccións ou organizacións xuvenís dos partidos políticos
  • Seccións ou organizacións xuvenís dos sindicatos
  • Asociacións empresariais
  • Organizacións estudantís con actividade en Galicia
  • Mozos e mozas de Galicia con interese en participar nesta xuntanza

Data límite de inscrición: 5 de marzo

Proporcionarase un borrador do regulamento que será eixe inicial do debate.

É necesario confirmar a asistencia para poder participar nos grupos de traballo, cubrindo o seguinte formulario