Encontros sectoriais nos Espazo Xove

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, no marco do proxecto Lidera, aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), realizará nos Espazos Xove encontros sectoriais a pequena escala, onde os mozos e mozas e os distintos actores do territorio poderán establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades de colaboración e mentoring.

Estos encontros impulsan a relación e integración da xuventude na realidade económica do territorio, reforzando o coñecemento do marco local de vida dos mozos e mozas; reforzan o achegamento da mocidade á realidade do tecido empresarial galego e portugués; promoven o coñecemento e valorización dos recursos e potencialidades que ofrece o territorio; e ofrecen unha ferramenta para que os mozos e mozas adquiran coñecementos que axuden ao seu desenvolvemento persoal e profesional.

Esta iniciativa forma parte da actividade “Crece” que ten como obxectivo provocar un coñecemento, proceso e contexto de traballo en rede, no que se involucren os distintos actores e reactivos do territorio a través da xeración de espazos de desenvolvemento local no ámbito de influencia do proxecto.

O proxecto LIDERA ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do territorio. Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

 

ESPAZO VOXE

LOCALIZACIÓN

DATA

SECTOR

Chantada

R/ Rosalía de Castro, 1

27500 Chantada

Lugo

31/10/2017

Enoturismo

Lalín

R/ Pena Toares, 2

36500 Lalín

Pontevedra

02/10/2017

Comercio e agroalimentario

Vilalba

R/ Novo Cazón, s/n

27800 Vilalba

Lugo

09/11/2017

Comunicación

Ourense

R/ Celso Emilio Ferreiro, 27

32004 Ourense

Ourense

21/11/2017

Cooperativismo

Pontedeume

R/ Alameda de Raxoi, s/n

15600 Pontedeume

A Coruña

22/11/2017

Marcas de calidade

Tui

R/ Sanz, 28

36700 Tui

Pontevedra

28/11/2017

Primario

Curtis

Estrada Estación, s/n

15310 Curtis

A Coruña

12/12/2017

Turismo

Carballo

R/ Valle Inclán, 24

15100 Carballo

A Coruña

13/12/2017

Emprendemento

Viveiro

Avda. Cervantes, s/n

27850 Viveiro

Lugo

18/12/2017

Emprendemento activo

Vilagarcía

R/ Xoan Carlos I

36600 Vilagarcía de Arousa

Pontevedra

19/12/2017

Produtos ecolóxicos no sector panadeiro-pasteleiro

Noia

R/ Pedra Sartaña. S/n

15200 Noia

A Coruña

22/12/2017

A comunicación no eido profesional