Dende hoxe pasa a formar parte da oferta de establecementos onde se ofrecen descontos a mocidade posuidora do carné xove ADAMS FORMACIÓN, nos seus centros da Coruña, Santiago de Compostela e Ourense.
15% de desconto en peiteados, cortes, alisados, mechas, balayage, tintes, recollidos, asesoría de imaxe e consulta de dermotricoloxía. (Non acumulable a outras promocións)
Este seminario "Explorando diferentes modelos de participación democrática: fomentando a participación xuvenil a través da Tarxeta Europea da Xuventud" organízase para apoiar o recoñecemento de diversas formas de participación nas comunidades e as sociedades democráticas e para explorar as diferentes formas nas que a Tarxeta Europea da Xuventude pode ser unha ferramenta para o compromiso da xuventude. O seminario ten como obxectivos:
a) Ofrecer o espazo para o debate e o recoñecemento da variedade de formas nas que a mocidade fan escoitar a súa voz, incluso a través de medios dixitaies;
b) Explorar as formas nas que esta tarxeta europea pode ser unha ferramenta para chegar aos mozos e mozas desconectados e alentalos a participar activamente a todos os niveis.
O seminario reunirá a axentes de políticas no campo da xuventude, traballadores xuvenís, activistas xuvenís e mocidade organizada ou non organizada, así como de diversas estructuras de representación.
A convocatoria está aberta ata o día 18 de agosto de 2019.
Dende hoxe pasa a formar parte da oferta de establecementos onde se ofrecen descontos a mocidade posuidora do carné xove, o Centro Británico de Santiago de Compostela, Milladoiro e Bertamiráns:
Os descontos que aplicacrá son:
Así, pois, mozos e mozas xa podedes disfrutar neste establecemento das vantaxes e descontos que vos ofrece o Carné Xove!