Cursos da DXXV (8)

Espazo Xove de Ourense
R/ Celso Emilio Ferreiro, 27
32004 Ourense. Ourense
Teléfono: 988 788 241
espazoxoveourense.xuventude@xunta.gal

Obradoiro formativo: Validación das Aprendizaxes non formais e informais.

Obxectivo: Ofrecer orientación sobre a validación de aprendizaxes en xeral e sobre o procedemento de recoñecemento da competencia profesional adquirida a través da experiencia laboral.

Destinatarios: Informadores Xuvenís, Técnicos en Xuventude, Animadores socioculturais e outros profesionais que traballen no ámbito da xuventude.

Data: Luns 26 novembro de 2018.

Lugar: Centro Coordinador de Información Xuvenil en Santiago de Compostela.

Horario: de 16:30 a 18:30 h.

Prazas: 30.

Prazo de inscrición ata 21 de novembro de 2018. Admisión por orde de chegada das solicitudes.

Inscrición na web xuventude.net utilizando o seguinte formulario:

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

Contidos:

- Características básicas e finalidade da validación.
- Procedementos vixentes de validación das aprendizaxes non formais e informais.
- O Procedemento de Recoñecemento das competencias profesionais adquiridas por experiencia laboral.
- A Fase de Asesoramento: identificación e documentación de logros e aprendizaxes.
- A Fase de Avaliación: ferramentas e procesos aplicados.
- A Fase de Acreditación: resultados da validación en relación coa formación e o emprego.

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, convoca unhas sesións de coaching a desenvolver nos espazos emprende incluídos no proxecto Lidera co obxectivo de apoiar á xuventude no seu itinerario persoal e profesional coa formación en habilidades transversais que melloren as súas oportunidades de emprego e emprendemento.

Trátase dunha actividade enmarcada no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e que ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio.

OBXECTIVOS
- Formar en habilidades transversais.
- Mellora das oportunidades de emprego e emprendemento dos mozos e mozas.
- Dotar aos mozos/as de ferramentas sinxelas que lles permitan mellorar.
- Propiciar o liderado da xente moza.
- Proactivar cara á formación activa.

DESTINATARIOS/AS

Mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.

LUGAR DE REALIZACIÓN

2018coaching

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

PRAZAS POR ESPAZO XOVE
Un mínimo de 2 un máximo de 8persoas.

PRAZO DE INSCRICIÓN
Do 6 de novembro ás 12:00 horas do día anterior hábil á realización da xornada.

INSCRICIÓN
Mediante o envío de formulario electrónico.

ADMISIÓN
Será por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas en cada Espazo Xove. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación no día anterior á xornada, entenderase que non obtivo praza.

 

PROXECTO LIDERA

Esta iniciativa enmárcase no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP), un proxecto que ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha cofinanciación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Esta iniciativa formativa forma parte da actividade “Cataliza” que ten como obxectivo mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude mediante a realización de actividades de tutorización e asesoramento individualizado, formación especializada e coaching persoal.

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega) o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.


FORMULARIO DE INSCRICIÓN

A Fundación Galicia Europa convoca o curso ”Emprego na Eurocidade: traballo, turismo e termalismo”

  • O curso, cun máximo de 15 participantes, está dirixido a toda a poboación galega e portuguesa. 

  • As persoas interesadas en participar poden inscribirse ata o 20 de setembro.

  • A formación terá unha duración de 32 horas (teórico-prácticas) e desenvolverase en horario de 10:00 a 19:00 horas entre o 2 e 5 de outubro. 

Esta formación é totalmente gratuíta.

 

O curso ofrece unha formación práctico-teórica sobre desenvolvemento turístico e patrimonio cultural. Tras a elaboración e promoción de distintas rutas e paquetes turísticos, chega o momento da súa implementación e aproveitamento polo sector privado. Todo o traballo dos últimos anos é un nicho de mercado e de futuro para a mocidade emprendedora. Unha oportunidade para a creación de empresas, para conseguir un emprego, para labrarse un futuro na Eurocidade. 

 

O curso de Impulsores de oportunidades é unha actividade do proxecto europeo  Eurocidade_2020, que se enmarca no programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 ( POCTEP). Nesta actividade, a Fundación Galicia Europa, contará coa colaboración da AECT  Eurociudad Chaves-Verín, sendo os outros socios do proxecto  Eurocidade_2020, FNAJ – Federação Nacional de Associações Juvenis, Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia, IPDJ –Instituto  Português da Juventude e do Desporto, Concello de Verín e o Municipio de Chaves.

 

Inscrición na páxina web da Fundación Galicia Europa

 

Máis información:

 

Fundación Galicia Europa

r/ Hórreo nº 61, baixo

15701 Santiago de Compostela

+34 981 95 70 88

+34 981 95 78 54

 

 

Curso Organización de  accións socioeducativas dirixidas á mocidade no marco da educación non formal

Destinatarios: persoal da Rede galega de información xuvenil e titulados ou estudantes de  carreiras do ámbito social.

Criterios de selección: Por orde de inscrición e preferentemente o persoal da Rede galega de información xuvenil que ñnon teña o curso de especialista en información xuvenil ou o certificado de prefesionalidade en información xuvenil.

Prazos de inscrición: O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o día 1 de xuño ata as 14.00 horas  do 10 de xuño de 2018.

As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo: xuventude.xunta.gal

Desenvolvemento.
Modalidade: semipresencial. O curso terá únicamente unha sesión presencial obrigatoria o día 12 de xuño as 11:00 horas. O resto do curso será a distancia de acordo coas indicacións dadas na sesión presencial.

Duración: 60 horas.

Datas:  Do 12 de xuño ao 12 de setembro de 2018

Proba final a distancia o día 12 de setembro. Na sesión presencial indicarase a hora.
Prazas: 30

Contidos:
Caracterización do contexto da intervención socioeducativa coa mocidade. Deseño de accións formativas dirixidas á mocidade.
Organización de accións formativas.
Desenvolvemento de accións formativas en educación non formal.
Realización de actividades de avaliación de intervencións socioeducativas coa mocidade.

Formulario inscrición

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da Consellería de Política Social, convoca a actividade LIDÉRAte, unha iniciativa formativa que se centrará no desenvolvemento persoal dos mozos e mozas como ferramenta de apoio á mellora das oportunidades de emprego e empredemento da xuventude.

Obxectivos:
- Traballar no  “marketing ou marca persoal” para o desenvolvemento persoal dos mozos e mozas.
- Mellora da identidade persoal. Apoio para avaliar, entender e adaptarse ao mercado laboral, e lograr evidenciar o valor engadido de cada persoa.
- Apoio no descubrimento da vía para conseguir diferenciarse a partir das  propias cualidades.
- Mellora das habilidades de comunicación.

Trátase dunha actividade enmarcada no proxecto “Catalizador de oportunidades de emprego e emprendemento xove transfronteirizo” (acrónimo LIDERA), aprobado ao abeiro do programa Interreg V A España Portugal 2014-2020 (POCTEP) e que ten como obxectivo promover o desenvolvemento económico transfronteirizo a través das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos e mozas do  territorio. Conta cun orzamento de 1.428.692, 93 euros cunha financiación dun 75 % de fondos Feder e unha duración de catro anos (2016-2019).

Son socios do proxecto: a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a Fundación Galicia Europa, a Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela, a Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (Ascega), o Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesas (FNAJ) e a Comunidade Intermunicipal do Ave.

Esta iniciativa formativa forma parte da actividade “Cataliza” que ten como obxectivo mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude mediante a realización de actividades de tutorización e asesoramento individualizado, formación especializada e coaching persoal.

Destinatarios/as:  Mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.
Datas e lugar de realización:  Esta actividade desenvolverase nos 12 Espazos Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado:

LIDERATE6

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Prazas por Espazo Xove:  Un mínimo de 5 persoas
Prazo de inscrición:  Do 13 de abril do 2018 ás 12:00 horas do día anterior a realización da xornada en cada Espazo Xove
Inscrición:  Mediante o envío de formulario electrónico.
Admisión:  Será por rigorosa orde de inscrición, ata cubrir a totalidade de prazas en cada Espazo Xove. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, de non recibir comunicación no día anterior á xornada, entenderase que non obtivo praza.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

A Fundación Galicia Europa convoca a 2º edición do curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza do proxecto europeo Lidera

Cunha duración de 100 horas, será unha formación eminentemente práctica, na que a través de diversas actividades, os participantes coñecerán as distintas alternativas de cooperación transfronteiriza e aprenderán a elaborar e redactar candidaturas para programas que fomenten a mesma.
O curso tamén servirá para promover redes de colaboración entre persoas, entidades e expertos en preparación de proxectos.

Datas:  o curso terá lugar entre o 16 de abril e o 7 de xuño. Combinando actividades presenciais en grupo con outras de carácter individual, os participantes recibirán asistencia e titorización especializada para coñecer a dinámica dos proxectos de cooperación transfronteiriza, as posibilidades que ofrece o financiamento europeo neste ámbito, o proceso de elaboración dunha convocatoria e a oportunidade de descubrir e coñecer a outras persoas e entidades interesadas na creación de novos proxectos transfronteirizos.

Lugar:  Valença do Minho (Portugal)   

Requisitos:  esta actividade vai dirixida a mozos entre os 18 e 30 anos en situación de desemprego, no período de formación, ou en mellora laboral. Daráselle prioridade aos residentes próximos á zona de celebración e á orde de inscrición, tendo como máximo 15 participantes.

Para este curso, a Fundación Galicia Europa contará coa colaboración do Concello de Valença do Minho, onde se impartirán as actividades de carácter presencial, e dos demais socios do proxecto: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cámara Oficial de Comercio, Industrial, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela, Asociación Comercial  de Emprendedores de Galicia (ASCEGA), Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), Federación Nacional de Asociaciones Juveniles  Portuguesas (FNAJ) e Comunidade  Intermunicipal do Ave.   

O Curso  de Axentes  de Cooperación Transfronteiriza é unha actividade do proxecto Lidera, un proxecto europeo que se enmarca no programa Interreg V A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), e que conta cun financiamento  europeo  de 1,4 millons  de euros  e unha duración  de catro anos. No seu obxectivo de promover o desenvolvemento económico transfronteirizo en Galicia e a Rexión Norte de Portugal a través do fomento das capacidades laborais e de emprendemento dos mozos, as actividades impulsadas por Lidera están orientadas a loitaren contra o desemprego xuvenil, a fuga de talento e concederen as ferramentas  necesarias  para que este colectivo sexa un motor de pulo económico destas rexións. Para este propósito, Lidera centrarase en tres fases principais denominadas “Crece, Cataliza e Emprende”, durante as cales se levarán a cabo unha serie de actividades orientadas a ampliar e mellorar as oportunidades laborais dos mozos.

O Curso de Axentes de Cooperación Transfronteiriza forma parte da Fase “Cataliza”, que ten como obxectivo mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude, mediante a realización  de actividades  de titorización e asesoramento individualizado, formación personalizada,  e coaching personal. Ao longo do proxecto realizaranse dúas edicións do curso, sendo esta a última delas.

Inscricións:  Ata o xoves 12 de abril ás 12:00h
Máis información na Fundacion Galicia Europa:
www.fundaciongaliciaeuropa.eu
fges2@ fundaciongaliciaeuropa.eu
981 957 088
981 957 854

PROGRAMA

O Clube de Conversa en Lingua Inglesa reúnese semanalmente para practicar o idioma compartindo historias, opinións e ideas nun ambiente informal e relaxado. A posta en común dos nosos coñecementos e experiencias facilita a aprendizaxe, mentres que os xogos e actividades contribúen a mellorar o noso nivel de comprensión e expresión oral.
Esta actividade vai dirixida á xente nova con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos.

Horario Nivel Intermedio: Martes de 17.00 a 18.00 horas.
Horario Nivel Avanzado: Martes de 18.30 a 19.30 horas.

Para participar é necesario ter coñecementos de inglés a nivel Intermedio (B1 MCER) ou Avanzado (B2 MCER). As persoas interesadas poderán solicitar a súa inscrición unicamente nun nivel e nun horario determinado marcando a casilla correspondente na solicitude de participación.
Establécese un número máximo de 15 participantes por grupo. A prioridade na admisión virá dada pola orde de chegada de solicitudes. De quedar prazas vacantes poderán incorporarse solicitantes maiores de 35 anos ata un máximo dun 33% das prazas ofertadas.

O Clube de Conversa en Lingua Inglesa é unha iniciativa do Centro Coordinador de Información Xuvenil, en Santiago de Compostela, dentro do programa “O Son das Linguas” cuxo obxectivo é fomentar os espazos informais de conversa en diferentes linguas.
A actividade comeza o 24 de outubro de 2017 e finalizará en maio de 2018. As reunión terán lugar na sede do Centro Coordinador de Información Xuvenil en Santiago de Compostela. O centro pon a disposición das persoas participantes unha sala equipada con ordenador e proxector, así como apoio técnico na organización e dinamización da actividade.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN
Descrición dos niveis de competencia B1 e B2

Máis información:
Centro Coordinador de Información Xuvenil
Rúa de Ramón Piñeiro nº 17-19 baixo
Telf. 881 997 607 / 06
Correo electrónico: informacion.xuventude@xunta.es