A Universidade de Santiago de Compostela convoca prazas de aloxamento nas súas Residencias. O número total de prazas oferta a Universidade é de 910.
O SUR proporciona aloxamento ó estudiantado e demais membros da comunidade universitaria. Para apoiar isto a Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua, no primeiro trimestre de cada curso académico, convoca e adxudica bolsas de colaboración (biblioteca, informática, socioculturais, deportivas, etc.), ás que poden acceder residentes e colexiais.
Requisitos: estudantado de readmisión e de nova admisión de grao, de 1º, 2º Ciclo, de másteres universitarios oficiais, de programas de doutoramento, de cursos de posgrao propios, e investigadores en formación.
O prazo de solicitude permanecerá aberto ata as 14.00 horas do 27 de xuño de 2023.
Residencias do Campus de Santiago de Compostela:
Colexio Maior Fonseca. Tfno.: 881 814 376
Colexio Maior Rodríguez Cadarso. Tfno.: 881 814 354
Colexio Maior San Clemente. Tfno.: 881 814 312
Residencia Universitaria Burgo das Nacións. Tfno.: 881 811 952
Residencia Universitaria Monte da Condesa. Tfno.: 881 813 531
Residencias do Campus de Lugo:
Residencia Universitaria Jesús Bal y Gay. Tfno: 982 824 300/301/302
Máis información en https://www.usc.gal/gl/servizos/area/residencias
Arelas, Asociación de familias de menores Trans, está a trabalalr no programa Apodéra-T, servizo de apoderamento e acompañamento sociolaboral dirixido a mulleres trans de 16-30 anos, residentes en Galicia.
Este programa conta coa financiación da Consellería de Promoción do Emprego a Igualdade e polo Programa FSE+ Galicia 2021-2027 da Unión Europea.
O obxecto destas axudas son o desenvolvemento de programas de recursos integrais de atención especializada, dirixidos específica e exclusivamente a mulleres en situación de especial vulnerabilidade e que teñen como finalidade, fomentar a igualdade de oportunidades para contribuír á redución da dobre discriminación en que se atopan as mulleres trans, para dotalas dunha maior autonomía e independencia co fin de mellorar a súa situación persoal, social e laboral, polo que deberán incluír unha atención personalizada e especializada para a integración social e laboral
Dende o Programa de apoderamento e acompañamento sociolaboral de mulleres trans, Apodéra-T, axúdase a estas mulleres na procura da mellora das condicións de vida, fomentando a autoestima e a confianza necesaria para lograr maiores niveis de autonomía, proporcionando unha formación transversal que as dote de competencias básicas, sociais e laborais que faciliten a súa inserción sociolaboral.
Participan profesionais de distintas disciplinas, legal, social, psicolóxico e sexolóxico, con información, asesoramento, obradoiros, creación de redes de apoio e acompañamento.
Para poder formar parte do programa podes contactar con Arelas a través do seu correo: arelasasociacion@gmail.com
Tamén por WhatsApp ou teléfono de 09:00-13:00 Hs e de 17:00-20:00 no 686 160 465.
O Centro Reina Sofía sobre Adolescencia e Mocidade da Fundación FAD Mocidade, para dar continuidade á liña do Informe A Caixa da masculinidade, realizou en 2022 o estudo Culpables ata que se demostre o contrario. Percepcións e discursos de adolescentes españois sobre masculinidade e violencia de xénero, participaron neste estudo mozas e mozos de 14 a 16 anos. Esta investigación persegue profundar cualitativamente no coñecemento sobre os discursos de homes e mulleres adolescentes, que minimizan, invisibilizan ou negan a existencia de desigualdades de xénero ou da violencia de xénero e sobre os home que senten vítimas das políticas destinadas a fomentar a igualdade de xénero.
A Xunta colabora co Consello da Avogacía Galega na posta en marcha de accións dirixidas á atención xurídica a persoas menores de idade vítimas de violencia e á formación de avogados e avogadas neste ámbito. Deste xeito, os menores que sofren estas situacións disporán sempre dun profesional especializado que lles preste unha atención integral e un acompañamento legal gratuíto ante os órganos policiais e xurisdicionais durante as primeiras dilixencias.
A Fundación ANAR, presentou o seu Informe Anual 2022, do Teléfono/Chat ANAR.
Ao longo de 2022 ANAR recibiu 217.693 peticións de axuda
A maioría dos problemas referidos polos usuarios/as das Liñas de Axuda ANAR tiveron unha urxencia, gravidade e frecuencia alta.
Por primeira vez desde que se puxo en marcha o Teléfono ANAR de Axuda a Nenos, Nenas e Adolescentes en 1994, o bloque dos problemas de saúde mental supera ao da violencia, representando case a metade das consultas realizadas por menores de idade (45,1%); e a conduta suicida convértese no principal motivo de chamada por parte destes/as, cun 17,5% do total das súas peticións de axuda.
Notas resumo:
Os medios de comunicación teñen un papel crecente na socialización das persoas, e por iso poden xogar un rol activo na prevención do suicidio. A forma de comunicar sobre o suicidio pode axudar a previlo ou, pola contra, pode conlevar un maior risco de provocar efecto contaxio.
O Ministerio de Sanidade publicou no 2020 o manual Recomendaciones para el tratamiento del suicidio por los medios de comunicación
https://www.sanidad.gob.es/profesionales/excelencia/docs/MANUAL_APOYO_MMCC_SUICIDIO_04.pdf.
Desde a páxina web da Fundación Española para la prevención de suicidios, pódese descargar a Guía breve de recomendacións de información sobre suicidio para medios de comunicación
https://www.fsme.es/guia-mmcc-1/
Recorda que o servizo Quérote+da Xunta de Galicia ofrece asesoramento gratuíto á xuventude nas áreas máis vinculadas ao entendemento social e o crecemento persoal
A Xunta de Galicia conta co programa pedagóxico Educa Audiovisual para a difusión do audiovisual galego e en lingua galega entre o alumnado de Educación Secundaria en colaboración da Asociación Galega de Produtoras Independentes (Agapi), para o desenvolvemento desta iniciativa, que pon a disposición dos institutos un catálogo de 14 títulos e unha serie de coloquios complementarios con profesionais do sector.
O catálogo dixital de Educa Audiovisual inclúe filmes, series, curtas e videogramas, a través dos que se abordan moi diferentes temáticas coa finalidade de que estes contidos poidan ser empregados como material de traballo na aula en diferentes materias curriculares. A lingua, a memoria e o territorio son os tres eixos arredor dos que orbitan as 14 obras, “sempre desde unha óptica actual e accesíbel, que mestura a linguaxe documental e as técnicas fílmicas de vangarda”, explican dende Política Lingüísica, engadindo que o obxectivo “é proporcionar ao profesorado unha nova ferramenta para lles achegar coñecemento aos seus estudantes empregando como base contido audiovisual de calidade e en galego”.
Cada unha das fichas dos traballos desta escolma sintetiza a súa temática e a súa sinopse, ademais de facilitar os enlaces para a súa proxección na clase. A maiores deste uso libre do catálogo, Educa Audiovisual ofrécelles aos centros a posibilidade de acceder a unha serie de coloquios a través dos que se busca “enriquecer esta experiencia facilitando o contacto do alumnado cos profesionais do sector, ao tempo que se favorece a reflexión e o desenvolvemento do espírito crítico”.
O catálogo está conformado por
- Serie documental 225 Km / 24 h., de Miramemira
- A dobraxe en galego, un modelo de normalización, de Recrea Films con dirección de Chema Gagino
- A mestra de escola, de Alba Prol e produción de Meteórica Cine
- Aí ven o Maio, sobre o primeiro disco homónimo de Luis Emilio Batallán, de Tamboura Films
- As curtametraxes de Sétima As ondas, dirixida por Ángel Filgueira, e Crianza
- Elas, produtoras executivas, realizada pola propia AGAPI
- Mourelle de la Rúa. O último gran descubridor, de Chema Gagino e Amalia Mato
- A serie de pezas documentais O camiño das estrelas, de Tamboura
- Os camiños do neno labrego, de Noveolas Producciones
- Por vir, documental de Eloy Domínguez Serén producido por Zeitun Films
- Repartidores do rural, de Miramemira
- Tesouros somerxidos, de Tex45
- Videogramas. A propósito de Compostela, de Numax
Máis información e o catálogo das obras:
https://www.agapi.gal/agapi-e-a-xunta-de-galicia-ponen-en-marcha-o-programa-educa-audiovisual-para-o-alumnado-galego-de-secundaria/
É un protocolo de actuación en caso de accidente, consiste en aplicar tres accións básicas: Protexer, Avisar e Socorrer.
A Dirección Xeral de Tráfico editou unha Guía de Prevención e Comportamento ante un accidente de tráfico, presentando a información básica de coñecementos a ter en conta e A Cruz Vermella un folleto “En tu hogar-Quérete moito”de como actuar ante un accidente doméstico
A Xunta de Galicia convoca subvencións para a adquisición de bicicletas con pedaleo asistido e bicicletas de man híbridas ou eléctricas para cadeiras de rodas.
Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas maiores de idade empadroadas nun municipio de Galicia.
No caso de axudas para a adquisición de bicicletas de man, a persoa solicitante deberá xustificar un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
Contía das axudas:
- Axuda por bicicleta de pedais nova con pedaleo asistido: 500 euros; non obstante, no caso de persoas beneficiarias integrantes dunha familia numerosa, o dito importe será de 600 euros, e de 700 euros no caso de que a familia numerosa sexa de categoría especial.
- Axuda por bicicletas de man híbridas ou eléctricas: 700 euros.
O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará ás 10.00 horas do día 1 de xuño de 2023 e finalizará o 15 de novembro de 2024 ou cando se esgoten os fondos.
A tramitación da solicitude de axuda (código de procedemento IF319B) realizarase a través dalgunha das entidades colaboradoras adheridas que figuren na listaxe que se publique na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade, https://ebici.xunta.gal
Máis información no DOG do 5 de maio de 2023 e en https://ebici.xunta.gal
Artigo publicado en Child Mind Institute sobre consellos para pais e seguir apoiando ao seu fillo estudante universitario
A familia a principal rede de apoio para que se motive e adapte a todos os cambios, por tanto é necesario un plan no que o estudante debería colaborar no desenvolvemento do mesmo.
Máis información: Child Mind Institute
A Guía editada pola Universidade da Coruña, Fundación INGADA e Fundación María José Jove, fala tamén sobre o tema do alumnado universitario con TDAH
Recorda que o servizo Quérote+da Xunta de Galicia ofrece asesoramento gratuíto á xuventude nas áreas máis vinculadas ao entendemento social e o crecemento persoal
Artigo publicado en "Nova Revista" en decembro de 2022, analiza as adiccións a substancias máis presentes entre os mozos: alcol, tabaco, cánnabis e as adiccións comportamentais que xeralmente se realizan a través das tecnoloxías de información e comunicación.
Estamos ante un proceso de progreso ou estancamento?.
Neste artigo cítase o caso de Islandia que co seu programa "Mocidade en Islandia" (‘Youth in Iceland’) logrou poñer de acordo a investigadores, políticos, educadores e familias para desenvolver políticas educativas.
Máis información: Nueva Revista
Recorda que o servizo Quérote+da Xunta de Galicia ofrece asesoramento gratuíto á xuventude nas áreas máis vinculadas ao entendemento social e o crecemento persoal